Por unha cuestión lóxica, as fotografías de centros escolares que máis tempo residiron entre nós, máxime cando algúns deles aínda continúan en activo, son as máis numerosas no noso Arquivo.
A pesar diso, e grazas á vosa colaboración, centros menos coñecidos; algúns de feito xa perdidos no esquecemento, reviven nestas fotografías. Hai uns días mostrábavos a única imaxe que grazas a Conchita Calvo, temos do colexio León XIII; e hoxe móstrovos outra das que considero xoias históricas do A.v.O.
A Escola Laica Neutral.
En torno a 1906, un grupo de intelectuais encabezados por Don Juan Manuel Amor Pereira, (moi poucos pero algún dato tedes xa no blog deste creo que inxustamente esquecido personaxe), e co financiamento de agrupacións laicas deciden crear na nosa cidade un colexio cun enfoque educativo, non belixerante, pero se diferente ao empregado polos colexios relixiosos.
Nace así a finais do ano 1908, a E.N.L.O. (Escola Neutral Laica de Orense), o fronte figuran dende a súa creación, o matrimonio catalán formado por Don Hipólito Sinforiano Luengo, e Dona Teresa Roqueta Dalmau. Os que por certo son os únicos personaxes doadamente identificables na fotografía.
Se queredes saber mais deste centro, aquí vos deixo este enlace a un documento recuperado por dona Carmen Benso Calvo, nos arquivos do instituto Otero Pedrayo, no que, menciona tamén bibliografía relacionada moi interesante.
ver documento (teredes que ter un pouquiño de paciencia, xa que tarda en cargar o arquivo, pero o enlace funciona)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias