Páginas

31/12/11

Abrindo o 2012 no AvO


Este ano preséntase complicado para todos, co cal seria conveniente buscar formas o mais económicas posibles de entreterse.
Por iso o A.v.O. proponvos: no mes de Febreiro, o día 9 para ser exactos, inauguraremos unha nova exposición no Museo Municipal.
A falta de titulo, adiántovos a temática, Os Centros escolares da historia Ourensana; aos quince días do seu peche, mais ou menos a mediados de marzo, coa colaboración dalgúns dos centros históricos que continúan exercendo o seu labor abriremos unha exposición especifica en cada centro; de momento confirmado Instituto Otero Pedrayo, Maristas, Salesianos e Josefinas, están pendentes Cisneros e Carmelitas. E si algún mais animase buscaremos a forma de facelo tamén.
Comezamos colaboración cunha nova publicación mensual Ourensana, Gou Magazine, na que esperamos poder presentarvos cada mes un artigo de historia da fotografía na nosa cidade.
Estamos a preparar un libro sobre un dos máis significativos estudios fotográficos de Auria, e acompañalo dunha exposición temática. (Aínda que se non mellora a economía, é posible que se pospoña un pouco).
O resto deixarémolo en plan sorpresa, que se non é moi aburrido.

As fotografías que vos mostro hoxe, déixoumas o amigo Lisardo Mazaira, e "veñen ao pelo", como se adoita dicir; a primeira para recordarvos que o sentido do humor, non se debe perder nunca, por certo, tomala como un regalo de reis xa que considero que é unha autentica xoia fotográfica; e a segunda, que queredes que vos diga, posiblemente resúltenos moi útil ter un coche de bombeiros a man, para apagar algún lume
Ojala que nos vaia bonito a todos.
Feliz Ano 2012


Lembrade ata o día 8 de xaneiro non garanto as entradas diarias.

30/12/11

Pechando o 2011

O 22 de marzo do 2010 un grupo de ourensanos, que a penas nos coñeciamos, decidiu crear unha Asociación movidos pola nosa afección á fotografía antiga, e a nosa paixón pola nosa cidade.
Naceu así o Arquivo visual Ourensán.
Os comezos como en todo, foron lentos, e os resultados pouco visibles, a pesar del e grazas ao traballo de todos os integrantes do grupo, fixáronse as bases, para que este segundo ano se comezasen a ver resultados.
Co único afán de animarvos a todos a colaborar connosco nesta complicada tarefa, vou resumirvos o realizado ata o momento e apuntarvos algún dos proxectos de futuro.
De forma directa tres foron as accións da Asociación.
A comezos do mes de abril, a publicación do libro "Achegamento a Historia dá fotografía en Ourense", para o que contamos coa colaboración da Excelentísima Deputación Provincial de Ourense.
Poucos días despois, inauguramos no Museo Municipal a exposición "Ourense un Século de fotografía", para a que nesta ocasión contamos coa colaboración da Concelleria de Cultura del Concello de Ourense.
Hai tan só unha semana presentamos a colocación do mural Ourense ano 1928 nas Galerías Centrais (rúa do Paseo), na que o principal colaborador foi Musical Jolper.



Ao mesmo tempo, a asociación a podido colaborar de forma continuada co diario La Región, o xornal mensual Ourense por Barrios, coa lamentablemente desaparecida o mes pasado Revista Auria e coa revista Xenero Humano. Tamén tivemos a honra de achegar o noso granito de area a uns cantos libros, que durante este ano viron a luz: Historia de Ourense (José Somoza Medina), Crónicas dunha rúa, collage dá Paz os Zapateiros (Arturo L.R. Vispo Rodríguez), Entre a tradición e ou cambio en Galicia, ás mulleres na sociedade ourensá de comezo do Século XX (Carmen Benso Calvo e Rosa Cid Galante).
E unhas cantas colaboracións mais, as que aínda a risco de esquecer algunha vos citarei as que teño na memoria, exposición Pano de fondo (do CEF Vigo), Exposición permanente de fotografía antiga do Centro cívico dá Ponte, Exposición dá festa A Bela Auria, Concurso de fotografía antiga O Couto vello. E algunha mais que agora non teño medios para recordar.
Este traballo non tería sido posible, sen a colaboración de todos e cada un dos asociados, cada cual cos seus medios e posibilidades que puxeron dalgún xeito ao servizo de todos os ourensanos. (Tedes unha lista completa deles seis entradas máis atrás no blog.)
E de igual xeito temos que agradecer a moitos de vós, e algunhas empresas a súa colaboración altruísta, sen a que tivese sido imposible nestes momentos de, digamos escaseza de recursos económicos, levar a cabo todas estas actividades, teño que citar (seguro que tamén me esquezo dalgún), ao amigo Arcadio Vila, de Monforte un dos fotógrafos históricos de Galicia, que nos presto parte da súa fantástica colección de cámaras de estudio, Antigüidades o Desván, que nos abriu os seus almacéns, e fixose cargo do transporte dos obxectos que nos estaba a prestar (iso se que é un luxo), a empresa Oficode que espero que non se canse das nosas continuas peticións de traballo a baixo custo, e por non me estender demasiado a todos os que dalgún xeito nos axudaron a desenvolver a nosa afección.
Intentarei amañar o xeito de citar a todos; estoume a decatar de que se sigo, a entrada vai ser larguísima. Polo tanto mañá falareivos dos proxectos de futuro.

28/12/11

Ourense e inocente

 Augusto Pacheco. Museo Etnoloxiso de Ribadavia. Por fin o Miño fixose navegable

Hoxe 28 de decembro é día de inocentadas, e tentado estiven a elaborar unha; opcións había; o novo centro de convencións da Alameda, as prospeccións petrolíferas do Pozo do Inferno, etc. etc.
O caso é que mentres me formulaba algunha delas; na miña cabeza sempre estaba, a posibilidade de que Don Augusto Pacheco xa a tivese feito.

 Augusto Pacheco, Museo Etnoloxico de Ribadavia, Accidente dun mercancias, sorte que ainda non esta feita a nova estación do Ave


Ante as dúbidas, púxenme a gozar das que el durante mais ou menos vinte anos, foinos ofrecendo a través das páxinas do diario La Región.
Non podemos pretender que as súas montaxes compitan cos que actualmente podense facer co Photo-Shop, precisamente temos que valoralos pola limitación de medios cos que contaba, suplíndoos cunha grande imaxinación, e habilidade cos negativos. Así puidemos ver osos e outros animais non habituais no Posío, accidentes inverosímiles, ou visitas extraterrestres á nosa Auria.

Augusto Pacheco, Museo Etnoloxico de Ribadavia. Accidente aereo na Praza de abastos.
Ao final decidín que seria mellor que vós mesmos xulgásedes, e para iso nada mellor que presentarvos unha pequena mostra do seu traballo; e facilitarvos o enlace á práctica totalidade das que don Augusto realizo.
Permíteme esta presentación o traballo que os amigos do Etnolóxico de Ribadavia, e sobre todo de dona Bárbara Coto Dono quen as catalogou.
Grazas a todos eles, e a vós que as gocedes, e coidado coas costas neste día de "inocentes".
Para ver a colección facede clic neste enlace. Etnoloxico de Ribadavia

25/12/11

Auria Decembro do 2011

Belen de Santo Domingo 1932 Foto Schreck


Como os comente hace unos días, la Revista Auria que tendría que aparecer hoy con el diario La Región, ha sido una de las últimas victimas de la crisis.
El A.v.O. que había comenzado a colaborar en ella desde el mes de Septiembre, tenia previsto enviar este articulo, fruto de la colaboración con la Asociación de Belenistas de Ourense.
Aprovechando una fotografía del maestro Schreck, el Vicepresidente de la Asociación de Belenistas de Ourense Victorino Joaquín nos relata la historia de los Belenes en nuestra ciudad.
Creo que no podríamos haber elegido mejor dia para la publicacion de este articulo. Y ya que en Auria no pudo ser, aquí lo teneís en vuestro Blog. 
Las raíces del belenismo Orensano.
Corren finales del siglo IXX y principios del XX; y en Olot un municipio de la provincia de Gerona, existían varias fábricas de imágenes religiosas, entre otras muchas, Artes Religiosas, Arte Católico, Santo Cristo.
 El arte Cristiano; una empresa familiar fundada en el año 1880 dedicada a la elaboración artesanal, que es la última que todavía subsiste.
 Desde sus inicios han suministrado sus modelos en todo el mundo elaborados en un mismo material, la pasta cartón madera, ideal para espacios interiores.
De estos talleres,  es la procedencia de los múltiples belenes diseminados por las parroquiales  Ourensanas, Sto Domingo, Santa Eufemia, San Breixo de Seixalbo, etc.
Un belén, no es otra cosa que una representación escenográfica de la Natividad de Jesucristo, mediante la utilización de figuras, que se disponen en un decorado.
En nuestra ciudad dicha tradición tiene un largo recorrido, pues desde comienzos del pasado siglo son muchas las parroquias y también varias las familias que instalan el Nacimiento (otra de las denominaciones sinónimo del Belén; Pesebre, por la zona de Cataluña).
Una buena prueba de ello, lo podemos comprobar en la esplendida fotografía, realizada por el magnífico  fotógrafo Ernesto Schreck  datada en 1.932 del Belén parroquial Santa Eufemia la Real del Norte – Santo Domingo.
Podemos apreciar una exquisita composición, con las imágenes Olotinas, de factura de principios del siglo XX, y que todavía se conservan en la parroquia; el decorado en perfecta armonía, obra de un pintor bilbaíno, y que por desgracia está muy deteriorado sin visos de posible recuperación; enmarcado todo ello en una de las capillas laterales de esta iglesia conventual Dominica.
Por estas fechas ejercía de párroco el que alcanzó ser Cardenal, D. Fernando Quiroga Palacios y coadjutor D. Fernando Asensio.
Podemos apreciar un profundo cambio con el último expuesto la pasada Navidad 2010
Cabe reseñar que las figuras han sido sometidas a una elaborada y ardua restauración por el Maestro Belenista Jerónimo de Vicente, Patricia Santamaría y algún otro colaborador de la Asociación belenista de Ourense, a finales del pasado siglo.
Otro de los belenes parroquiales que por esas mismas fechas se exponía y que todavía hoy está expuesto, pero en proporciones más reducidas es el de la parroquia de Santa Eufemia la Real del Centro.
Así mismo podemos apreciar la misma factura de las piezas que forman el belén, de los ya mencionados talleres Olotenses.
 Cabe decir que gran parte de las belenes parroquiales, del siglo pasado se han perdido, por abandono y dejadez, bien por parte de párrocos, o bien por falta de mantenimiento y abandono de las casas parroquiales, en las cuales muchos de estos estaban almacenados.
Además de las parroquias, había familias que también colocaban los belenes en sus domicilios.
La familia Marcelo Macías que lo montaba en la capilla de su residencia de Ervedelo (hoy barrio del Couto). Con las imágenes de esta familia fue montado en alguna ocasión el belén en la parroquial de Nª Sª de Fátima.
La familia Seabra, Guardia Civil, que exponía su obra en el antiguo cuartel de la Guardia Cívil sito en la Avda Buenos Aires. La familia del militar Capitán Gaspar Tuñon La Familia Jerónimo de Vicente Corren los años de 1.960 se suman  a esta afición Belenista la familia Martinón, Elisa Seijo, y otros muchos.
En mil novecientos sesenta y seis nace la Asociación Belenista de Orense, de la mano de Dª Cándida Bosch de Bravo, durante muchos años secretaria de la asociación, y de D Amando Prada Castrillo, que fue nuestro primer presidente; estando en la junta directiva formada, los señores Alvarado Feijoo­Montenegro, y Bravo Mateos.
En este mismo año se hizo  el primer nacimiento de la asociación, en el Museo Arqueológico de la ciudad.
En el año 1967, se instala el nacimiento con las primeras figuras del artista ourensano Arturo Baltar, en los soportales de la Casa Consistorial.
Con el paso del tiempo y la ampliación de figuras realizadas en barro y policromados por el artista, se llega a montar un belén monumental, que se instala definitivamente en la Capilla de los Santos Cosme y Damian, siendo un gran referente tanto a nivel provincial como Nacional.
Os deseamos una Feliz Navidad y os animamos a poner un belén en la calidez de vuestro hogar.
                   Victorino Joaquín Saburido
                   Vicepresidente Asoc. Belenista Ourense

Feliz Navidad

23/12/11

O Couto Vello

Se onte invitabavos á colocación do mural do A.v.O. Hoxe quero invitarvos a participar directamente noutra das actividades en que se involucrou a asociación.

En colaboración coa Sociedade Albor do Couto, o A.v.O. Puxo en marcha un concurso recompilatorio de fotografías antigas. Neste caso centrados no Barrio do Couto.

Os que teñades algunha fotografía de personaxes ou lugares do Couto, e queirades colaborar, só tedes que achegarvos aos locais da sociedade, na Rúa Greco n.º 7, e alí mesmo escanearemos a fotografía que poderedes levarvos o momento; a asociación quedase cunha copia, que será a que se expoña ao público.
Desa forma os orixinais, non correrán ningún risco.
O día 14 de Xaneiro un xurado composto por un membro da Sociedade Albor, e outro do A.v.O. decidirá os gañadores, outorgándose un premio de 100 € á fotografía máis Bela, e de 75 á mais Vella; nun acto que se celebrara o día 15 de xaneiro nos salons da Sociedade.

Animarvos a participar.
E de novo para todos Bo Nadal

22/12/11

Ourense no Tempo. nas Galerias Centrais

Hoxe ás oito da tarde, temos unha cita nas Galerías Centrais; como ando a decirvos estes días, vaise instalar de forma "fixa", (bo realmente se ninguén o estraga; polo menos non s gustaría deixalo ata finais de febreiro), o precioso mural do Estudio Pacheco,
Ourense 1928.
Aínda que vos poida resultar estraño, para aprecialo ben, tedes que ser conscientes, da data na que se realizou, e cales eran os aparatos con que contaba o fotógrafo para o seu traballo.

Hoxe en día calquera teléfono móbil, ten unha tecnoloxía miles de veces superior á que existía naqueles anos, xa non vos digo nada das maquínas fotográficas profesionais. Pois ben; esa limitación de medios, levaba consigo a que fotografías deste estilo, panorámico, presenten as imaxes planas; non son precisamente un especialista no tema, e o ideal é que algún dos magníficos fotógrafos que temos en Ourense, nos dese a explicación técnica.

Para que o entendades mellor, púxenvos hoxe un recorte desa panorámica; o que corresponde coas instalacións da fundición Malingre; na imaxe parece que todos os edificios da fundición, estaban unidos; a cheminea de feito segundo como se mire, pode parecer mesmo que esta enriba do tellado máis próximo na imaxe. Cando realmente o edificio baixo que se ve en primeiro lugar, eran os almacéns que estaban na beirarrúa da esquerda da rúa Ervedelo en dirección a Fátima, e a propia rúa estaba a dividir as dúas instalacións; de feito a cheminea estaría máis ou menos a uns 20 metros de distancia da rúa Ervedelo en paralelo á rúa Ensino.

Creo que vos estou a liar máis aínda.

Ide a ver a fotografía nas Galerías Centrais, e a nada que vos situedes con algún dos edificios representativos, estará todo solucionado.

Esperamos que vos guste, e por favor axudade a que poidamos conservala;
débese mirar, pero non tocar.
Grazas a todos.

21/12/11

Bo Nadal


Fotografía do Belen 2011 do Colexio dos Irmans Maristas

O día 21 de decembro, neste noso pais, e un día de espera, e habitualmente con poucas novas; (non sei como sera iste ano no tema politico); a exlicacion ven dada porque maña e o dia da Loteria, e moitos de nos, agardamos ver as bolñas caendo no bombo, co desexo de que sexa a nosa a que apareza nas mans dos rapaces do colexio de San Ildefonso.
Pra aproveitar ese estado de expectación fago hoxe a felicitación a todos os lectores do blog; desexandolles un tranquilo Nadal, e que o ano que ven sexa un pouco mais benevolo con nos; a falta de cuartos polo menos que non falte a Saude.

Bo Nadal, a todos


Pra facer a felicitación, "roubeille" esta imaxen froito do traballo que ano tras ano ben facendo o Irmán Felix, no colexio dos Maristas; aconsellovos que lle fagades unha visita, xa que e unha autentica maravilla. O seu bo facer artistico, acompañado dunha moi boa elección de figuras dotadas de movemento, forman un conxunto espectacular. Para quevos fagades unha idea mirade o video que ainda que con moi mala calidade, permite descubrir algun dos detalles do conxunto.

20/12/11

Agradecemento os colaboradores

Como vos comentei na entrada de onte, a instalación do mural, vai ser posible gracias a colaboración de Institucions e Empresas da nosa cidade.

Concellaria de Cultura do Concello de Ourense
Arquivo Municipal de Ourense
Museo Municipal de Ourense
Musical Jolper
Oficode


Eses nomes, teñen detras persoas, que case que nunca se citan, pero a mín gustariame que os coñecesedes, a lista seria moi longa, pero a lo menos citarei os que mantiveron unha relacion directa con nos pra organizar o acto. Dona Isabel Perez, (Concelleira de Cultura), Don Francisco Espino, Carmen e Fernando (do Arquivo Municipal), Dona Eva Torres e o seu magnifico equipo do Museo Municipal, Don Gonzalo Jacome, (Musical Jolper e concelleiro), que amablemente cede o espacio expositivo e Santiago Reverter (Oficode).
E desde logo a colaboración de todo los membros do Arquivo visual Ourensán, que me vais permitir que vos presente; fareino por orden alfabetico de apelidos, otro día fareino doutro xeito, si non eu sempre estarei po lo final.

Miguel Ángel Abad Vila
José Natalio Blanco Sierra
Xosé Lois Carrión González
Francisco Javier  Espino Domarco
Pastor Fabrega Carballo
Manuel Ángel García Yanes
Miguel Ángel González García
 Augusto Guedes de Castro
Ana María Malingre Rodríguez
Lisardo Mazaira Saborido
Santiago Mosquera González
 Amador Rego Villar-Amor
Rafael Ángel Salgado Sánchez
Patricia Santamaria Hervella
Ernesto Schreck Mata
David Simón Lorda
Norberto Tabares Feijóo
Javier Torres
Fernando Valcarcel
Juan Ramón Valencia Calvillo
Candido Ventim Sánchez
.

A todos moitisimas grazas pola vosa axuda., asi e un pracer organizar actividades polo noso Ourense.

Outro día falaremos dos recortes que vos mostro hoxe da fotografía mural, ainda que penso non precisan de moita explicación, ou non ?

19/12/11

O día 22 ca loteria

Esta semana dedicarémoslle algunha entrada, ao evento que o Arquivo visual Ourensán, vos propón, para seguir lembrando como era nosa Auria.
Os que no mes de Abril visitastes a exposición Ourense un Século de Fotografía que presentamos no Museo Municipal, recordaredes que unha das paredes estaba totalmente cuberta pola reprodución dunha vella fotografía, da factoría Pacheco (dígoo así, porque a data en que se obtivo, non permite atribuírlla con total seguridade a un dos dous posibles autores, Don José ou Don Augusto Pacheco; inclínome a pensar que é de Augusto, pero só, porque este gozaba retratando os cambios que ía tendo a nosa cidade, e buscaba un ángulo similar ao de fotografías obtidas con anterioridade polo seu pai José Pacheco; a panorámica da que vos fale hai uns días, e que máis ou menos datamos en 1906 seria o modelo empregado por Augusto). Os datos, digamos de catalogación da obra serian pois:
Vista xeral de Ourense, dende O Salto do Can
Autor Estudio Pacheco Ourense (José o Augusto)
Ano aprox 1928
Propietario da copia orixinal Arquivo Municipal de Ourense

Ese mural consideramos que era unha pena que non puidese ser visto por todos nós, e as persoas que nos visitan, co cal decidimos expoñelo nun sitio céntrico e de moi doado acceso.
Habemos de recoñecer que foi unha tarefa sinxela, grazas á fantástica disposición de todos os que dunha ou outro xeito precisabamos que colaborasen.

Mañá presentareivos aos colaboradores; pero polo de agora ide apuntando nas vosas axendas,

día 22 de decembro ás 20,30, nas Galerías Centrais, (rúa do Paseo).

Para que poidades apreciar algún detalle en profundidade, aquí déixovos dous pequenos recortes da vista xeral.
O carcere da rúa Progreso que o millor algún día podemos ver transformado en Balneario naqueles intres non tiña residentes, ou de habelos tiñan que sofrir as incomodidades propias da reforma que estaba a facerse, non sei se por mellorar as "comodidades" dos seus "salons", ou pola necesidade de ampliar as suas "habitacions", pra poder albergar mais usuarios. (algún dia farei unha entrada mais longa contando algunha das anecdotas que me teñen contado deste edificio).
E nesta outra podemos ver a casa da Molinera, posiblemente nos seus anos de esplendor, pola sua ubicación xusto antes do fielato, converteuse nun punto de referencia na nosa cidade, e con moitisimas anecdotas entre as suas paredes. O seu caron albiscase como era a Ponte de Marcelo Macias antes do seu ensanche.

18/12/11

Revista Auria

Portada do numero 0.-  Marzo do 1997
Moitos de vós xa estaredes informados da noticia, pero por se acaso, cunha gran pena teño que transmitirvos que a Revista Auria, co número de novembro, puxo fin á súa andaina, no panorama cultural da nosa cidade.

Foron 175 números, repletos de información cultural da nosa provincia, libros, exposicións, fotografías, traballos históricos, actualidade cultural, personaxes, en fin todo o relacionado coa nosa cultura, tivo un reflexo nesta gran publicación, que o grupo La Región, coa axuda dos seus patrocinadores, regalounos durante estes máis de 14 anos.

Como xa sabedes o Arquivo visual Ourensán, comezara a colaborar nesta publicación dende o número correspondente a Setembro deste ano, co cal os tres últimos números da publicación contan con artigos realizados polo AvO. O inesperado da noticia fixo que o artigo que se ía publicar no número de decembro, xa estivese elaborado. Este artigo é froito dunha colaboración entre o AvO e a Asociación de Belenistas de Ourense, e en toda lóxica considero que merece ser publicado, co cal ante a falta doutro medio  publicareino no blog, na data que sairía na Revista que desgraciadamente non verá a luz.

O día 25 de decembro en homenaxe á Revista Auria, Ourense no Tempo publicara un número especial desta revista.

17/12/11

Historias Menores 25 2011 M Á Gonzalez García

Entre os traballos que nos presenta Don Miguel Ángel Gonzalez García, atopase esta cortiña referencia a un dos primeiros fotografos que desenrolaron o seu arte na nosa cidade. 
Cando andaba nas pesquisas pra escribir o libro do Achegamento a historia da fotografía en Ourense, (que por certo agradezolle a deferencia para conmigo que ten neste traballo Miguel Ángel o citarme), os datos que atopei do Sr. Valés foron moi escasos, o igual que a maioria dos primeiros fotografos da cidade. Hoxe froito da busqueda que continuo a facer non e que sean moitos mais, pero os poucos algo  vai aparecendo. Carlos Santos "Garcia", Gervasio "Alonso Montenegro", Eugenio Mora, Martino, e algun outro continuan a presentar moitas lagoas na sua biografia; sen embargo grazas  a traballos como este, e as achegas que de cando en vez fan amigos como David Simon, Fernando Valcarcel, Pastor Fabrega o Lisardo Mazaira, seguro que esquezo algun, pero que me disculpe, son moitos os novos datos que temos da nosa historia fotografica.
Buscaremos a forma no futuro de darvos a coñecer o que quedou no tinteiro, e non chegou o libro; do 1940 en adiante, e de paso estas novas achegas.
Polo de agora disfrutade do traballo de Don Miguel Ángel (pra lelo e/ou descargalo facede)  Clic aquí  
Na portada do libriño, por un erro da imprenta, figura Valdés, pero o nome correcto e Manuel Antonio Valés.

16/12/11

Mesmo aos outros

Vou rematar por agora esta serie de entradas, nas que contei coa excepcional colaboración de Don Ramón; e para iso, baseándome nun dos seus textos, presentareivos algunhas obras coas que el contaba a miúdo para a súa consulta; a maioría hoxe en día son complicadas de encontrar para a súa adquisición, pero a cambio, vantaxes da modernidade e a rede, pódense atopar nalgún dos formatos dixitais de que dispoñemos. Escribindo no buscador Galiciana, CSBG, ou Hemeroteca dixital entre outros termos poderedes acceder a moitos destes textos.

No artigo de Don Ramón, Formas e expresións da cultura en Ourense durante o século XIX, Centro de Estudos Galegos Tomo XXIII fascículo 69 Santiago 1968. O mestre fai un percorrido pola vida cultural da nosa Auria; personaxes, centros de ensino, asociacións e actividades musicais, son algúns dos temas que toca, achegando interesantes datos, empregados xa nalgunha ocasión para a elaboración de traballos de grande importancia. O marxe destes datos, toca o autor o apartado de imprentas e publicacións, e este é o que vai ser hoxe obxecto da entrada.
Libros como a Historia de Galicia de Verea, imprentas como as de Pazos, Cesáreo Paz, Agustín Moldes, ou Pedro Lozano; librarías como a de Vicente Miranda, Rois, Gómez Novóa ou Resvie, son obxecto dos seus comentarios, repletos de datos, que nos achegan a todo tipo de publicacións e nos poñen na pista dos principais diarios, que se publicaban na nosa cidade. Datos singulares, como o emprego da Farmacia de Sánchez Toca na rúa da Paz, para a adquisición de obras literarias. E unha morea de referencias a títulos que viron a luz na nosa Auria, froito da actividade intelectual dos nosos conveciños; e que de forma indubidable contribuíron a engrandecer o nivel cultural Ourensano.

Achegámonos ao período do Nadal, e é tempo de regalos, por iso se algún de vós ten algún destes exemplares ocupando espazo na súa casa e non o "usa", ofrézome a "gardarllo.

Non quero rematar esta serie de entradas, sen comentarvos, que o profesor Monxardín e Xoan Carlos Rivas, no ano 96 co patrocinio de Caixa Galicia e a Fundación Otero Pedrayo, coordinaron a edición dun fantástico libro recompilatorio de pequenos textos do noso Don Ramón, o título é Temas Ourensáns; como vos comentaba na primeira entrada, sería interesante que se promovese a edición dun libro similar a este, pouco mellorable en canto á recompilación de textos, pero se en canto á inclusión de imaxes; considero que sería unha obra de interese, para achegar á nosa xuventude á historia da nosa cidade, e por que non para que os nostálxicos de Auria recuperen algunha das imaxes que reteñen na súa memoria.
A ver se Afonso capta a indirecta.

15/12/11

E a eles...

Fotografia de José Pacheco anterior o traslado da Porta do Hospital de San Roque

Outro exemplo das entradas que me gustaría que se puidesen facer realmente neste blog; neste caso Don Ramón fálanos da Real Abadia dá Trinidade, e do convento do Rosario ou de Santo Domingo. Espero que vos gusten.

A Real Abadia da Trinidade rexentada entón por D. Basilio Antonio de Rabago cobraba de rendas en Papón…; … bodega con dous lagares tarreos na rúa do Penso ô pé de boa horta da Abadia. Sostiña o Hespital de Pelengrinos (inda se garda a fermosa porta) e cobraba algús carros de palla centea,  de renta pr´os leitos. Tiña obriga de ter una cama para sacerdote probe. Exrcia regalía de xurisdiceón nomeando alcalde. Tiña Hirmandade d´Anemas con casa na Pena Vixia.



A falta de fotografia do Convento poñovos este dibuxo feito por Atico Noguerol

Tampouco era rico o convento do Rosario ou de Sto. Domingo fundado a comenzos do Século XVII por D Domingo Araúxo, de Vilanova dos Infantes, morto en America. ….
… sua horta chegaba ô termo dos Bacelares onde hoxe se franqueou a rúa de Paz Novoa. As misas dos dominicos valían 2 r. de vellón. Na eirexa estaba a Hermandá de S. Xacinto que tiña colmeas en Souto –Sanin pr´a cera do culto.
Textos do libro Estampas de Ourense a medeados do século XVIII, OTERO PEDRAYO, Ramón. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos I Santiago 1927. pax 16

Unhas pequenas aclaracions: a rúa do Penso era unha parte da actual rúa do Baño. O Hospital de "Pelengrinos" o que se refire pode ser o que estaba o carón da propia Abadia, ainda que a referencia que fai Don Ramón a conservación da porta fai pensar no hospital do San Roque que estaba no actual Correos.
A horta dos dominicos chegaba polo que di ata a rúa do Paseo.

14/12/11

Ayudadme a hacer un regalo de Navidad


Hago hoy un pequeño parentesís en las "colaboraciones" de Don Ramón que continuare el jueves, para recabar vuestra colaboración.

En ocasiones recibo mails, (como me recuerda esta frase a una película…), que además de aportarme fotografías de interés en el trabajo de recopilación que pretendo realizar; me animan a investigar en nuestra historia local, ya no por el posible valor histórico de la información, sino más bien, por la satisfacción de ayudar a alguien que desde la lejanía de otras tierras, busca sus raíces en nuestra Auria.

Desde Argentina, una amiga Ourensana de corazón, Noemí E. Novoa me pidió hace unos días información sobre una dirección de nuestra ciudad, Porta da Aíra 24, en principio la solicitud era sencilla de responder, actualmente seria la Calle Julio Prieto Nespereira, y la casa estaría entre el cruce de la calle Dos de Mayo, y lo que hoy es el excelente restaurante A Taberna (aprovecho para hacerle publicidad, para que inviten a los chupitos y al café, en mi próxima visita).
Más complicado va a ser seguir la pista de sus antepasados, y encontrar las posibles ramas de la familia que se quedaron por nuestra tierra.
Con afán de ayudarle en su búsqueda y pretendiendo hacerle un regalo de navidad, os muestro la fotografías de quien suponemos es Don Antonio Novoa Casares (Bisabuelo de Noemí), con uniforme militar. Y la partida de nacimiento que consiguió Noemí, en la cual nos aporta los datos de los que ella dispone.

"En la ciudad, obispado y provincia de Orense y en la iglesia de la Santísima Trinidad a diez de marzo de mil ochocientos ochenta y seis yo, el infrascrito cura párroco castrense bautisé solemnemente, puse los santos oleos y por nombre Enrique Víctor, a un niño nacido el día seis del citado mes, a las seis de la mañana, en la casa número veinticuatro de la calle de Puerta de Aire. Es hijo legítimo del Capitán de la Reserva de esta capital don Antonio Novoa, natural de Santa María de Astariz en este obispado y provincia, y de doña Consuelo Mauricio, de San Jorge de la ciudad de la Coruña arzobispado de Santiago. Abuelos paternos, don Vicente Novoa natural de Santiago de Esposende y doña Rosa Casares de Astaríz, y los maternos don Miguel Mauricio (o Mouricio) natural de Cangas de Onís en Asturias y doña Ángela Lodeiro de Betansos en el Arzobispado de Santiago.... Y para que conste, como Cura Castrense lo firmó Pedro Saco Arce. Rubricado."
Acompaño también la fotografía de un antepasado, que pudiera ser su tatarabuelo Vicente Novoa.
En sus correos, me habla de posibles parentescos, con apellidos tan conocidos como Puga Feijoo, Ulloa o Sarmiento, con lo cual las posibilidades de encontrar parientes son muy prometedoras. De hecho incluso yo podría figurar en la lista.

Para concretar, sería interesante que identificáramos el uniforme de la fotografía, y posibles datos de los lugares y personas que se citan en la partida de nacimiento.


El miércoles que viene intentare aportaros más datos, y si me enviáis alguna información, la compartiré con todos los lectores.
A ver si entre todos le hacemos este regalo de navidad a Noemí.
Por cierto,  en   deferencia a ella y para facilitar que lea esta entrada, la he hecho en Castellano; como se que ella se esfuerza por comprender el Gallego, las siguientes que traten este tema seran ya en nuestro Gallego

13/12/11

E a vós...

 Praza do Trigo aprox 1910. Fotografía propiedade Dona Mercedes Noguerol.
Continuo a abusar da xenerosidade do Mestre Don Ramón, para mostrar estas fotografías. Ninguen coma el para aportar datos de interes da nosa historia.
Fixadevos no Galego que utiliza, non e de ningun xeito incorrecto, o que sí temos que ter claro, e que o igual que o Castelán, o Galego ten Historia, é este poderiamos denominalo Galego Antiguo. (e a opinión dun profano coma mín; os tecnicos pode que teñan outra teoria, e seguro que a deles e mais correcta.).

... O pateo S. da catedral seguia por parte da Praza do Trigo collendo o qu´hoxe é mercado e se chama Madanela hastra xuntarse ca eirexa de Santa Maria. É pouco doado detremiñar o vagantio do patio S. da Basíleca. A Praza da Madanela foi cemiterio hastra 1848 ca dedicanza de que garda o nome. Inda se enterraba alí nas primeiras epidemias coléricas dos século XiX, i-os veciños do espolón estaban afeitos ô tristeiro aparato dos entierros. No paso â Praza do Trigo habia unha capela propiedá do marqués de Camarasa que foi desfeita no ano dito. O calexon con escaleiras do Olvido que pasa por un recuncho do vello Ourense é a mediados do XIX aberto pol-o concello onde habia unha casa arroinada do Cabidoo. logo desamortizada. Cisneros era parte da Praza do Trigo. S. Pedro. Monterrei e S. Quintin gardan a vella figura. A derradeira era entón parte de S. Pedro;  a de Monterrei leva o nome do reximento provincial que alí tivo coartel. Na rúa de S. Pedro, na casa que tén un santo, viviu ô principio do XIX o célebre deán e Bispo Bedoya a quen se debe a conservazôn do que resta do patín S. da catedral.
OTERO PEDRAYO, Ramón. Estampas d´Ourense a medeados do século XVIII. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. A Cruña 1927. pax. 37

Praza da Madanela ou da verdura, cruceiro de 1718. fotografía propiedade Augusto Pacheco jr Aprox anos 60. 
Permitideme que vos faga unhas puntualizacions.
 Na primeira fotografía fixadevos que as rapazas manexan unhas canas, era muy tipico, nestas fontes que tiña o chorro tan alto, levar a cana cun embudo, na praza do Ferro tamén era habitual ver esa escena
Don Ramón o falar do Déan Bedoya lembra o detalle da sua loita co concello para salvar o patín da Catedral; que no último texto que publiquei de Don Miguel Ángel Gonzalez García, tamén e obxeto de comentario. 

12/12/11

Ya me gustaria a mi....

Espolón años 20

Después de este pequeño paréntesis, “cuasi “ voluntario, esta semana retomo el ritmo de entrada diaria, aunque no os garantizo que sea fijo hasta fin de mes; en las fiestas ya se sabe: familia, trabajo, diversión, etc., no hay tiempo para nada.
Espero que el colaborador que me “busque”, os haga interesantes estas entradas. Con lo cual la cantidad sería suplida por la calidad.
En el tiempo que llevo realizando este blog, sería imposible recordar la cantidad de veces en las que me he visto obligado a recurrir a los textos que Don Ramón Otero Pedrayo dedico a nuestra ciudad, para solventar alguna duda.
Don Ramón no precisaba de fotografías para recordar los rincones de nuestra Auria, y quizás por eso, y por qué no,  que de aquellas no podía contar con la colaboración del Arquivo visual Ourensán, sus trabajos no eran precisamente pródigos en imágenes.
Pudiera ser una iniciativa interesante, que me atrevo a sugerir a los depositarios de su legado, el plantearse una reedición de alguno de sus textos, ilustrándolos con las imágenes que el A.v.O. ha conseguido recuperar, hasta el momento.
A modo de ejemplo y para justificar el título de esta entrada “Ya me gustaria a mi”, y las de los próximos días, he ilustrado párrafos de Don Ramón con imágenes. Tal como si pudiera disfrutar de la pluma de Don Ramón para colaborar en mi blog.
 “Ya me gustaria a mi”

…. Queda aún en el Espolón sobre dintel de madera y no sobre arco en el sistema de soportales una casa de pajabarro. Al terminar el siglo XIX eran de aquella construcción la mayor parte de las calles del Pelouriño, Chousas o la cárcel, Santo Domingo, Barreira. Usamos los expresivos nombres antiguos…..
OTERO PEDRAYO, Ramón.  Paisajes formas y ritmos de vida del Orense decimonónico.
Cuadernos de estudios Gallegos Tomo XXIII, fascículo 70, pág. 227. Santiago 1968.

Pelouriño (Calle de Colón) 1908
Serán tres o cuatro entradas seguidas,  breves de texto, de las que si algo no os gusta tendrá que ser mi mala selección de imágenes, los textos no admiten discusión.

3/12/11

Mes do Nadal

Entre crise e demais problemas, estamos chegando as festas do Nadal, e con elas como os lectores habituais xa saben, comeza un período de restricións; non falo de conxelación de nominas nin nada diso, senón de que non se me permite o acceso ao meu computador máis que de forma esporádica.

Dito doutra forma ata o 10 de xaneiro máis ou menos non vos garanto que haxa entradas diarias, esta semana que entra, aproveitando que hai moito festivo, non publicarei; a semana do 12 con todo comprométome a facer entrada diaria, e ademais creo que vos gustasen, busqueime un "colaborador" de excepción.

Os días seguintes ata o 10 de xaneiro como xa vos digo, farei o que poida pero non garanto nada. Bo o 22 temos o do Mural nas Galerias Centrais e espero que nos vexamos alí. Recordáreivolo os días anteriores. Non esquezades visitar a exposición de Ana e Jorge que vos dixen onte inaugurase o sete.

De todos os xeitos, como outras veces, podedes aproveitar para revisar entradas antigas que seguro que atopades algún erro, e podémolo corrixir.

Para empezar a ambientar estas festas, déixovos esta imaxe, dun parente meu, que de momento pasa de problemas, Que envexa non ???