Hoxe ás oito da tarde, temos unha cita nas Galerías Centrais; como ando a decirvos estes días, vaise instalar de forma "fixa", (bo realmente se ninguén o estraga; polo menos non s gustaría deixalo ata finais de febreiro), o precioso mural do Estudio Pacheco,
Ourense 1928.
Aínda que vos poida resultar estraño, para aprecialo ben, tedes que ser conscientes, da data na que se realizou, e cales eran os aparatos con que contaba o fotógrafo para o seu traballo.
Hoxe en día calquera teléfono móbil, ten unha tecnoloxía miles de veces superior á que existía naqueles anos, xa non vos digo nada das maquínas fotográficas profesionais. Pois ben; esa limitación de medios, levaba consigo a que fotografías deste estilo, panorámico, presenten as imaxes planas; non son precisamente un especialista no tema, e o ideal é que algún dos magníficos fotógrafos que temos en Ourense, nos dese a explicación técnica.
Para que o entendades mellor, púxenvos hoxe un recorte desa panorámica; o que corresponde coas instalacións da fundición Malingre; na imaxe parece que todos os edificios da fundición, estaban unidos; a cheminea de feito segundo como se mire, pode parecer mesmo que esta enriba do tellado máis próximo na imaxe. Cando realmente o edificio baixo que se ve en primeiro lugar, eran os almacéns que estaban na beirarrúa da esquerda da rúa Ervedelo en dirección a Fátima, e a propia rúa estaba a dividir as dúas instalacións; de feito a cheminea estaría máis ou menos a uns 20 metros de distancia da rúa Ervedelo en paralelo á rúa Ensino.
Creo que vos estou a liar máis aínda.
Ide a ver a fotografía nas Galerías Centrais, e a nada que vos situedes con algún dos edificios representativos, estará todo solucionado.
Esperamos que vos guste, e por favor axudade a que poidamos conservala;
débese mirar, pero non tocar.
Grazas a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias