Praza do Trigo aprox 1910. Fotografía propiedade Dona Mercedes Noguerol. |
Continuo a abusar da xenerosidade do Mestre Don Ramón, para mostrar estas fotografías. Ninguen coma el para aportar datos de interes da nosa historia.
Fixadevos no Galego que utiliza, non e de ningun xeito incorrecto, o que sí temos que ter claro, e que o igual que o Castelán, o Galego ten Historia, é este poderiamos denominalo Galego Antiguo. (e a opinión dun profano coma mín; os tecnicos pode que teñan outra teoria, e seguro que a deles e mais correcta.).
... O pateo S. da catedral seguia por parte da Praza do Trigo collendo o qu´hoxe é mercado e se chama Madanela hastra xuntarse ca eirexa de Santa Maria. É pouco doado detremiñar o vagantio do patio S. da Basíleca. A Praza da Madanela foi cemiterio hastra 1848 ca dedicanza de que garda o nome. Inda se enterraba alí nas primeiras epidemias coléricas dos século XiX, i-os veciños do espolón estaban afeitos ô tristeiro aparato dos entierros. No paso â Praza do Trigo habia unha capela propiedá do marqués de Camarasa que foi desfeita no ano dito. O calexon con escaleiras do Olvido que pasa por un recuncho do vello Ourense é a mediados do XIX aberto pol-o concello onde habia unha casa arroinada do Cabidoo. logo desamortizada. Cisneros era parte da Praza do Trigo. S. Pedro. Monterrei e S. Quintin gardan a vella figura. A derradeira era entón parte de S. Pedro; a de Monterrei leva o nome do reximento provincial que alí tivo coartel. Na rúa de S. Pedro, na casa que tén un santo, viviu ô principio do XIX o célebre deán e Bispo Bedoya a quen se debe a conservazôn do que resta do patín S. da catedral.OTERO PEDRAYO, Ramón. Estampas d´Ourense a medeados do século XVIII. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. A Cruña 1927. pax. 37
Praza da Madanela ou da verdura, cruceiro de 1718. fotografía propiedade Augusto Pacheco jr Aprox anos 60. |
Permitideme que vos faga unhas puntualizacions.
Na primeira fotografía fixadevos que as rapazas manexan unhas canas, era muy tipico, nestas fontes que tiña o chorro tan alto, levar a cana cun embudo, na praza do Ferro tamén era habitual ver esa escena
Don Ramón o falar do Déan Bedoya lembra o detalle da sua loita co concello para salvar o patín da Catedral; que no último texto que publiquei de Don Miguel Ángel Gonzalez García, tamén e obxeto de comentario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias