A Coruña do 29 de Abril o 17 de Maio,
Queixabase amargamente o amigo Moncho Conde Corbal nas suas "Percepciones", de que de novo na cidade onde naceu, non vai actuar, o añorado Suso Silva. "Suso Clown"
No 2009, o dia 29 de Octubre estrenou na Coruña, o seu espectaculo, e onte 29 de abril do 2011, de novo regresa A Coruña, e seica desta vez tamén pasara por Vigo. Os amigos da "escola", teremos que coller de novo o coche, pra poder velo. É tan complicado que lle ofrezan actuar, eiqui na sua cidade?.
Como nada cambiou dende aquelas, repito hoxe caseque integra a entrada que no 2009 fixen falando del; certo e que ainda non poiden ir onde a sua nai pra recoller unhas fotografías que me ofreceu, pero seguro que vou, antes de que lle ofrezan vir mostrar o seu excepcional e terrorifico espectaculo.
"Suso Silva, (polo seu verdadeiro nome, Jesús, só recordo que o chamasen, os profesores do colexio, e os do instituto, e non todos), é un deses ourensáns que por seguir a súa vocación, non ten máis remedio que pasar a vida viaxando; logo de case trinta anos de profesión, supoño que o terá asumido, os que non o teñen asumido , son os que como eu, pensan que se lle podería invitar de cando en vez, a visitar a cidade, e poder gozar dos seus espectáculos.
Coido lembrar, (e de non ser así que alguén me corrixa), que só se lle puido ver con ocasión dunhas festas da cidade, fai xa bastantes anos (uns vinte), daquelas tiña en marcha un orixinal e divertidísimo espectáculo penso recordar que se chamaba "Paxaros na Testa", (Paxaros 86), o cal por casualidades da vida puiden gozar aquí e nunha illa a mais de 1000 km. Gran Canaria.
Puiden rirme con el, tamén en Madrid, vendo un "fotógrafo xenial", e desgraciadamente non puiden gozar da súa colaboración co Circo da Arte.
Damas e cabaleiros
Comeza o espectáculo !!!!!
Facede clic neste enlace e palideced.
Eu vereino, e vos se podedes ir tamén, disfrutar desta xenial obra do noso Suso Silva.
Saudos e unha aperta.