Os que que sodes veteranos seguidores do blog, sabedes que de cando en vez, a autoridad competente, prohibeme o acceso a rede. E un xeito de "desintoxicarme" según di ela, teño que admitir que nos últimos días, ou semans, ata pode que teña algo de razón; e teña que alonxarme un pouquiño do meu hobbye; non sei se sabedes aquelo da -Quixotización de Sancho-, non vai ser que me deixe mostacho a francesa, e comeze a gastar Chapeau.
O caso e que ata o 26 mais ou menos, non vou poder facer actualizacions, nin contestar mails, nin siquera actualizar o Facebook (se podo de cando en vez vere de usar o mobil, pero xogandome a pel, así que non garantizo nada), pra que os que non teñades restriccions podades entretervos de cando en vez, vouvos deixar dous pequenos exercicios, un e o de hoxe, o venres porei outro case que igual. A entrada de maña, e un antoxo, e un xeito de agradecerlle a un amigo exiliado nos Madriles, as fotografías que me esta a deixar.
Ben; deixovos esta fotografía da colección do amigo e socio do AvO, Javier Torres, na que sae un dos persoaxes, que eu chamo "entrañables", e gustariame que todos lle concederamos o respeto que merecen; algún deles, a maioria realmente, non tiveron gran fortuna na vida, outros viviron así, por que foi o que lles apeteceu, pero sexa como sexa, forman parte de historia da nosa cidade.
O exercicio consiste, en intentar identificar o persoaxe, e aportarme os datos que poidades, eu penso que poderia ser o Medallas da Ponte, pero non podo aseguralo, por eso preciso da vosa colaboración.
No arquivo visual ourensán, temos mais ou menos "40" persoaxes coma estes, e pensamos que unha posible exposición, no futuro, poderia ser unha homaxe a esta xente, falamos do Pepiño, do Capitan Bombilla, do Toniño, do Frain, etc que xa andan polo blog, e moitos que ainda teñen que aparecer, A Bruxa, Os pandegos, O Cego, etc, etc.
Maña entrada normal. O venres poreivos o segundo exercicio; tamén podedes aproveitar estes días de lecer, pra revisar o blog, e buscar os moitos erros que teño cometido.
O meu mail xa o sabedes ourensenotempo@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias