O Arquivo visual Ourensán, pra poder desenrolar a sua labor, precisa da axuda e colaboración de todolos ourensans. O diario "La Región" referente da prensa en Ourense, foi dos primeiros en ofrecer a sua colaboración. A partires de onte, nas suas paxinas, faixe eco da Exposición do Arquivo visual Ourensán, e publica unha das fotografías que nos estades facendo chegar.
Lembrovos que tedes varios metodos pra facelo.
- No Arquivo Historico Provincial de Ourense, (rúa Hernán Cortes, traseira do Arqueoloxico), se levades a vosas fotografías, intentaran facer o escaneado no momento, co cal poderedes levarvos xa con vos os orixinais.
- Na exposición tedes uns sobres, nos que podedes introducir as vosas fotografías, co voso nome, enderezo e número de telefono, a o telas escaneadas, poremonos en contacto con vos pra devolvelas.
- Tamén podedes envialas por mail, se as tedes escaneadas, os blogs e páginas dos colaboradores do Arquivo.
Todolos dias escolleremos unha, sen facer valoracions de ningún tipo, (calidad, tematica etc), ou o que e o mesmo, non se trata de ningún concurso, no Arquivo visual Ourensán, cabe calquera fotografía de Ourense e os Ourensans; e o diario "La Región" publicaraa, pra que todos los ourensans vexamos que realmente temos xoias na casa.
A primeira das publicadas, que reproduzo hoxe, enviaa un Ourensán residente na capital do reino, Florentino Moretón, quen no ano 64 obtivo esa fotografía ca sua propia camara na rúa do Paseo. Mais adiante, e posible que dende o blog retomenos estas imaxes e fagamos unha entrada intentando aportar datos, se ben o diario La Región, xa via facer, a premura con que se fae todo, non permitira que teñan tempo suficente pra dar todolos datos que eles quiseran.
Animadevos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias