Páginas

30/7/10

Os golfos daqueles anos

Sigo con imaxes refrescantes, para axudar a levar as calores que estamos sufrindo este verán.
Neste caso tráiovos a esta encantadora señorita, (quixen traer a fotografía dun cabaleiro, para compensar, xa que señoritas xa apareceron noutra ocasión, certo é que cunha finalidade moi diferente, podedes vela facendo  click aquí), e aproveitando a súa presenza, gustaríame que me botásedes unha man.
O caso é que falando con algún amigo que por idade, viviu de cerca eses acontecementos, comentábame, un costume que en círculos moi privados levabase a cabo alá polos anos vinte, e un pouquiño antes.
As señoritas que acudían á cidade, para mostrar as súas artes, tanto de canto como de baile, nos escenarios da cidade, Bilbaína, Moderno etc. En moitas ocasións facíano acompañadas da súa nai, era a mellor protección, para evitar malos entendidos, xa se sabe as letras e o vestiario, en moitas ocasións eran suxestivas, e as mentes dos cabaleiros da época estaban ávidas de experiencias naqueles tempos de crise visual, moi ansiadas; basta recordar, que a visión dun nocello, era motivo de comentarios.
Noutros casos, con todo a señorita viña sen compañía, ou vixilancia, tomadeo como queirades, iso propiciaba segundo parece o florecemento doutro negocio alternativo.
As "vedettes", cobraban, digamos unhas vinte pesetas por tres días de actuación, era unha cantidade polo que me contan, axeitada pra manter un bo ritmo de vida; pero, e aquí vén o que me interesa confirmar: en ocasións ofrecíaselles pousar un pouco máis lixeiras de roupa, iso si nun estudo, e sen mirons por outras vinte pesetas; ao obxecto de distribuír entre a parroquia as cópias pertinentes ao módico prezo de "a peseta"; segundo cóntanme, existía o pacto non escrito, de non distribuír este material, mentres a protagonista, atopásese na cidade, para evitar malos entendidos, tratábase dunha fotografía, nada máis, e realmente, mais suxerente que explicita.

Se algún de vós, ten datos sobre o tema, agradeceríavos que mo confirmásedes, así como se tedes algunha desas xoias, e facilitádesme unha copia, sería un pracer poder mostrala á parroquia actual.

Nota a fotografía que acompaña a entrada, non é de ningún fotógrafo de Ourense, se non me equivoco é dunha postal Alemá, polo cal non busquedes parecidos nin coincidencias.

27/7/10

Tempo de neve

Fotografías da colección particular de Don Pastor Fabrega Carballo.
Nesta imaxen, Eduardo Fuentes Canal Impartindo as primeiras nocions do esqui
Nestes días de canicula, pensei que poderia ser unha boa idea, traer unhas imaxes refrescantes; teño a sorte de contar con bos amigos, que me surten de material que eu considero de un gran valor historico, (historia proxima, pero historia), e vouvos mostrar unha parte das últimas que me deixou o amigo Pastor Fabrega.

Aproveitarei de paso, pra presentarvos a maoiria dos pioneros do montañismo e o esqui, en Ourense, uns rapaces que ala polo ano 1957, (pode que un pouquiño antes), con mais ilusión, que medios, empezaron a coronar as cumbres ourensans, e os poucos propiciaron o nacemento da estación de montaña do Noroeste español, Manzaneda.
Penso que todolos apelidos que eiqui van aparecer vanvos soar, xa que son de familas "das de sempre" na cidade; Santiago e Piloncha Tovar, Pastor Fabrega, Ramón Muñiz, Pablo Garcia Vazquez, Cristina Perille, Jorge Ouro, Jacobo Casares,  Mº del Carmén Villalba,  José Antonio Rumbao, Manuel Murias, Jorge e José Luis Gurriarán, os irmáns García Quintela, Carballo, Taboada, e algún máis que as présas non permitiron recoñecer nas imaxes, pero que en calquera momento o amigo Pastor, ou algún de vós iredes completando.

Na imaxén De Pastor Fabrega, un xoven Miguel Echegoyen, dirixindo o transporte dos esquis, cara o refuxio
Naqueles anos mediados os cincuenta, grupos de mozos de Ponferrada, o Barco e Ourense, grazas á afección dos irmáns Andrés e Nazario Villalba de Zamora, e a Don Gonzalo Gurriaran medico do Barco, (quen promoveu a construcción do refuxio de Fonte da Coba),  puideron contactar con espazos naturais, practicamente virxes. Subir á zona, pra gozar daquelas neves que na primavera permitían deslizarse polas ladeiras, era xa en por si unha aventura, o tren ata Sobrádelo, a espera, ata que un camión louseiro descargase, pra amablemente, subilos na caixa ata onde a estrada permitíao, e finalmente coa axuda de animais, (como podedes ver na fotografía), facer o último tramo ata o refuxio.
Os irmáns Villalba, logo contaron ca axuda de Elias Gurriaran, Luis Carballo, e José Luis Tovar pra crear o Clube Pena Trevinca, que serviu de punto de encontro, pra os afeccionados dos deportes de montaña Ourensáns.
Para non estenderme demasiado, deixaraeino eiquí, pero noutro momento retomarei o tema, e falaremos do traslado a Manzaneda, xa que como vedes os comezos foron en Trevinca.

23/7/10

O Ateneo, Si!

Lín esoutro día no diario a Rexión, un artigo de opinión, asinado polo amigo Manuel Iglesías, ao que non lle envexo a tarefa; loitar polo xusto neste país, é complicado, e non sempre, conséguese. (podedes ler o texto orixinal, facendo click na imaxe do fondo da entrada)
Logo de ler con detemento o artigo, pregúntome, en pleno século XXI, como podemos permitir que un dos foros culturais da cidade, atópese nesta tesitura?.
Se na súa fundación buscouse o beneficio de todalas partes; e no caso do Ateneo, non foi puramente económico; supuxo certamente unha comodidade de uso de instalacións, pero tamén o comezo dun duro traballo, de divulgación cultural; os outros intervintes, en cambio, si que atoparon un magnifico beneficio económico. O paso do tempo din que todo dilúeo, pero en ocasións penso que deberiamos ter un algo de memoria; neste caso, non sería posible que algúns dos no seu momento beneficiados, medien polo menos entre as partes, para atopar unha solución satisfactoria, non digo que ninguén regale nada, pero que tal un prezo xusto?.
Ou por non repetir o vocábulo, que tal un prezo que unha sociedade dese tipo, poida pagar; que se cadra se teñen que revisar as cotas dos socios, pode ser; que quen queira facer uso particular das instalacións terán que achegar un pouco máis, pode ser tamén. Pero baralladas todas as opcións, busquemos unha solución, non deixemos que Ourense perda unha institución tan necesaria.

Desde este humilde blog, quero darlle todo o apoio a esa directiva que tanto está loitando, e animar aos socios, para que non se rendan, e intenten por todolos medios posibles seguir adiante.

A fotografía, sinto que non poida ser dunha conferencia, na sala, ou dunha fantástica exposición das alí exhibidas, pero non as atopei no meu arquivo, poño xa que logo esta de un Don Ramón orador, que seguramente estaría encantado de poder achegar o seu grao de area, nestes momentos.

20/7/10

Rúas (Don Juan Manuel Pereira de Castro)

Andan estes días a falar na cidade dos nomes das rúas, co gallo de recuperar o costume de porlle placas de cerámica na entrada, pra orientar os viandantes.
Continuando coa serie de entradas que prometín falando dos persoeiros que teñen, e nalgún caso (como o que hoxe nos ocupa) tiveron a honra de dar nome algunha rúa da cidade, (polo de agora soamente  apareceu Don Vicente Pérez,  Preme eiqui ).  E xa postos, pra tentar axudar na faena, xa que dín que van procurar lembrar o nome histórico, e de paso refrescar un pouco os meritos de quen daba o nome a rúa.
Hoxe visitanos un home que poucos lembran, a pesares de ser quen durante bastantes anos, deu nome a unha das rúas posiblemente mais concorrida, a actual Avda. de Pontevedra.

Don Juan Manuel Pereira de Castro (Reboreda, 24-5-1820 - Ourense, 15-4-1896)
Rúa de Pereira (Avda de Pontevedra)
    O ano 1868 (ou 78, que a pesares dalgún dato, teño a dubida) os veciños de Ourense, adícanlle a rúa que baixa da praza maior, cara os xardín do Bispo Cesáreo a este Redondelán, politico e gran viaxeiro.
  Adicou a sua vida, a politica, e dende moi novo, tivo cargos de responsabilidade, (o ano 1854 foi gobernador civil de Pontevedra), os seus meritos en política foron moitos, e de certo debeu  contar co apoio das altas xerarquías do pais; podemos citar por exemplo, que tivo acta de Deputado, primeiro por Pontevedra, e logo por Ourense, foi Ministro dende o ano 1874 o 77, pero o dato mais lembrado, pola cidadanía, foi o seu nomeamento como Embaixador de España, no Extremo Oriente.
   Nunha epoca, na que viaxar a Madrid era toda unha odisea, o de marchar cara a China, era toda unha aventura, o traballo de Don Juan naquelas terras, non foi sinxelo; non tanto por estar tan lonxe, senon mais ben, polas diferenzas culturais; contan que no Reino de Siam, tivo problemas o repartir uns agasallos entre a familia Real.
Froito desta estadia en terras afastadas, o ano 1883 publicou o seu libro de viaxes "Los Paises del Extremo Oriente"
   A figura deste persoeiro, debeu chamar a atención do noso Don Ramón, ata o punto de  que a novela "O Señorito da Reboraina" baseáse nos feitos deste home.
Podedes atopar moita mais información da sua actividade publica neste enderezo,   Preme eiqui 

16/7/10

Cartofilia Ourensá III

Seguindo ca serie de entradas relativas a Cartofilia Ourensá, hoxe tocalle o turno a outras catro coleccions. De algún mail que recibín, se que algún esta facéndose con postais no mercado global de Internet, e pregúntame por prezos que se poden pagar, pódovos asegurar, que esa pregunta non creo que ninguén sexa capaz de contestala; o prezo de calquera produto, sempre depende do interese por posuílo. O que sí vos recomendo, é que non vos obsesionedes, nin teñades présa.
Hoxe vou dar somentes uns datos basicos, pra que sepades destas coleccions.

Editorial Grafos 1918 Madrid

Heliotipia Kallmeyer y Gautier 1920-36 Madrid


Henry Clay and Bock & Co. 1924 Cuba
Desta colección, algún profesional seguro que me pregunta por que a poño eiqui, cos Cartons postais, e tera razón, xa que non se trata de postais, de certo, son unha colección de cromos que incluian nas caixas de cigarros, a xeito de agasallo publicitario, esta tabaquero cubano, a serie España do albúm "España y la America latina", e a que nos ocupa.
E a explicación de incluila como Cartofilia, e que son os profesionais do ramo, postais, filatelia e numismatica, (coleccionismo en xeral), os que as teñen a venda, a diferenza dos cromos doutras coleccions (Bellezas de Galicia, Estampas de Galicia, etc), que son mais sinxelos de atopar en mans dos anticuarios.


J. Vasquez Millám y Cia. 1925 Argentina Colección Salgado J. Vasquez Millán y Cia, San Martín 162 Esq. B. Mitre, Buenos aires

13/7/10

"A Historia de Ourense"


Coménteivos nos comezos deste ano, que posiblemente fose un ano prolífico e interesante, para os ourensáns, en canto a cuestións históricas, e a entrada de hoxe vén confirmar a afirmación.

O venres día 9, puiden asistir á presentación dun libro, que non pode faltar na biblioteca de ningún Ourensán, nin de quen queira coñecer a nosa historia; o profesor Xosé Somoza Medina desenvolveu un excepcional traballo de investigación pra facer a sua tesi doutoral, e agora froito daquel traballo e alguna ampliación, bríndanos unha clara visión do que foi "Ourense".

Recomendovos que vos fagades cun exemplar, ou de calquera xeito, que lle botedes unha ollada, penso que vai ser do voso agrado; estes días de calor, e lecer son os maís apropiados pra lectura.
Os parabéns pra o autor, dende este humide blog.

Pido desculpas pola malisima calidad da fotografía, tal vez a miña inutilidade pra facer boas fotografías, e unha das causas de que admire tanto o traballo dos fotografos, tan pronto poida cambiareina. Perdón.

9/7/10

Crónica Negra de Ourense

Fotografía da Revista Mundo Grafico na que vemos o burato que xa estaba preparado no baixo da telefonica, e as autoridades que interviron na actuación, Tte Col. Garda Civil Don Juan Valls Quiñones, e Maxistrado da audiencia Don José Vieitez.

Por desgraza ningún lugar neste mundo, está libre de padecer incidentes tráxicos; Ourense non ía ser menos, e por suposto, tamén ten a sua "Crónica Negra".
A entrada de hoxe é a primeira desta temática, que aparece no blog, e desgraciadamente non será a última. O que se vos aseguro desde agora mesmo, é que non ides atopar morbo, nin un trato ofensivo nestas entradas, de feito non mencionarei máis que os nomes de pila, ou alcumes dos implicados, e un breve relato dos feitos, (case sempre baseándome en datos da prensa da época).
Indícanme os meus amigos, que o caso que máis repercusión a nivel nacional tivo, foi o asasinato do "Federal", pero por circunstancias, comezarei a serie, con este outro:
"Crime na central telefónica"

O titulo esta sacado da revista, que me deu acceso á pouca información que teño, pero para ser honesto, realmente o titular debería ser "Intento de asasinato na central telefónica".
Corría o ano 1916, e a prensa facíase eco, do descubrimento que fixeran as nosas forzas vivas:
Don Eladio, ata aqueles momentos, considerado un cidadán merecedor de todo respecto, director da central telefónica da cidade, sita na Avda. de Pontevedra 17 (daquelas Rúa Pereira), froito da desesperación había urdido un plan, para asasinar a Don Braulio.
Segundo parece todo nace da adicción ao xogo de Don Eladio, que lle levou á ruína económica, desesperado e sen ser capaz de pór freo á súa adicción, chegou a utilizar fondos dos que era un mero custodio na empresa de teléfonos.
A súa mente enferma, do que hoxe coñecemos como ludopatía, (e que con esforzo e tratamento ten cura), só foi capaz de desenvolver un plan de asasinato, para iso conseguiu con enganos, que dous dos empregados ao seu cargo, fixesen a fosa no local da central telefónica, onde pretendía esconder o cadáver da súa vítima; a fortuna fixo que a victima poidese escapar non sin un bo golpe na testa e sair a praza do Bispo Cesareo berrando auxilio, e ca mesma Eladio optou por pegarse un tiro na sien.

Se tedes datos deste caso ou outros similares e facilitádesmos, poderemos entre todos reconstruír con máis precisión esta Crónica da cidade. .

Datos atopados con posterioridade, falan de que realmente don Eladio chegou a agredir a sua victima don Braulio, si ben esta conseguiu fuxir a rúa cun golpe na testa, pero salvando a vida.

6/7/10

De novo o Roma

A semana pasada, un dos lectores, pedíame mais fotografías de rúas e edificios,entre outros temas, e nomeaba o meu estrañado Hotel Roma.
Para compracerlle, a el e espero que aos demais, preséntovos hoxe esta imaxe, pertence a unha postal que conseguín recentemente para a miña colección, e poderedes ver nuns días na terceira entrada de Cartofilia Ourensán, (o día 13 de Xullo).
O tema de hoxe, non é falar da postal, senón, que podades ver a magnífica porta que lucía este edificio, e nesta imaxe pódese ver con bastante calidade. Como sempre que falo deste edificio, lamentar que un conxunto de tanta beleza, con remates e calidades como a desta porta, non espertase a sensibilidade dos nosos conveciños, ou para ser máis exacto, que non levase aos nosos gobernantes, a esixir que se respectase a fachada polo menos.
Pero volvamos á porta, cando no ano 1915, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martinez, proxecta o edificio, preocúpase, de conseguir uns acabados de calidade; Ourense merécese un hotel de nivel similar ao Gran Hotel da Toxa, e coas limitacións derivadas do menor espazo de que dispón o solar da rúa Progreso, Don Daniel ponse ao choio, encarga a carpintería a Fernando González , e a Segundo Fernández, ebanistas que executan a magnífica escaleira principal do hotel, e supoño que tamén a porta principal.
Non podia ser doutro xeito, que a porta fora dunha factura excepcional, por ela habian de pasar todolos visitantes ilustes que viñeron nos visitar deica o ano 52 que pechou definitivamente (de seguro que Ruth Matilda, estivo nunha desas fiestras que se ven na imaxe, sacando unha das instantaneas da sua estancia na cidade), e a diario franqueaba o paso a toda a intelectualidade local (Risco, Otero, Noguerol etc), por non lembrar o feito das simuladas loitas de poder, escenificadas na ubicación dos politicos locais, na cafeteria do Hotel, fai clich eiqui pra lembralas  Tertulias.
En fin como decia esoutro, onde andara.
Nota, ainda que o peche foi no 52, seguiu en pe, ata os sesenta.
  

5/7/10

A Ponte que queremos...

O amigo Manolo, da web http://www.canedo.eu/ envioume esoutro día esta fotografía, e penso que todolos ourensans, debemonos fixar nela.
Sei que xa se esta a facer un estudo concienzudo da Ponte Vella, e que nel andan liados xente moi competente, pero por si se retrasa o dito estudo, non sei se seria preciso tomar de xeito urxente algunha decisión, o estado do pilar que vemos na fotografía, penso que así o indica.
Estes días tiven a oportunidade de leer unhos periodicos de fai tempo (1895), e xa daquelas a nosa Ponte andaba con problemas, (non vou lembrar as anteriores reformas de bispos e condes, que nalgun caso mais que reforma foi reconstrucción), seica os mandatarios dironlle solucion, pero como se ve de xeito evidente, non foi a definitiva; non vou criticar (non son quen), a ninguen por que esas varias reformas, non arranxaran o problema definitivamente, según indica algún experto, xa cando os romanos decidiron construila, erraron o escoller a millor ubicación posible, e a base dalgun pilar, non ten a consistencia precisa.
Sexa como fora o que temos e que arranxar o problema nestes momentos, e si e posible por medio dunha solución si e posible definitiva, os medios tecnicos actuales son un pouquiño millores que os que tiñan os nosos devanceiros, ou eso se supón.
O amigo Manolo, ten creado un grupo no facebook pra que non se esqueza ninguen do problema, visitadeo neste enderezo, e sumade esforzos, entre todos teremos que conseguir que o problema non vaia a mais. 
http://www.facebook.com/group.php?gid=128736910500486

2/7/10

O que foi e o que e

Xa volo comentei nalgunha ocasión, e seguro que algún de vós, de seguro puidéstelo gozar.
Mentres estivo aberto o Estudo Pacheco, os ourensáns puidemos grazas a Don José, e o seu fillo Augusto, ter unha clara visión de como foi mudando a cidade.
Non sei si esta esquina estivo no seu escaparate, pero a xeito de homenaxe aos mestres, póñovola eu. (non descarto neste verán mostrarvos algunha máis).

Supoño que ningún precisase de explicacións ao redor da fotografía, o que non a recoñeza polo menos nunha das dúas imaxes, penso que non anda na cidade.
 A esquina da rúa San Domingos, coa rúa Bedoia, (e por se servise de algo, dígovos, que este tramo penso que nunca foi chamado Carreira dos Defuntos, tal nome, tíñao soamente o tramo máis empinado, que ten a rúa, entre a Avda., de Bos Aires, e Emilia Pardo Bazán), e un dos puntos de reunión da mocidade dende fai xa moito tempo, ben é certo que dende que apareceu pola zona, o entrañable "Carrabouxo", a indicación para quedar os rapaces, é "vémonos no Carrabouxo", na miña época esa era a "esquina do Parque", ainda que tiña catro, os meus amigos e mais eu entendiamonos e penso que era xeral.
Pouco ou nada que a maioría de vós non saibades, podo ampliar ao que se ve nas fotos.
 A farmacia moitos anos de dona Blanca Romero, na esquina; a tenda do Campos da que xa falei nalgunha ocasión, o seu caron; e nos últimos anos de existencia do edificio aos cales corresponde a primeira imaxe (finais dos setenta), a primeira tenda de salchichas da cidade o Hot-Hut, que asombrou a todos os rapaces da época, con aqueles piruliños onde se quentaba o pan por dentro.
Na fotografía inferior, nada hai que dicir, se seica que desde o meu punto de vista a estética do edificio (creo que unha das últimas obras de Don Antonio Docabo) fose manifestamente mellorable, pero sobre gustos xa se sabe...