Páginas

30/6/10

Histrión -70 (lembranza de Abelardo Peréz Gabriel)

O 1 de abril de 2009, coa colaboración de Don Abelardo, fíxose esta entrada, sirva hoxe para dedicarlle un recordo cariñoso, e darlle ánimos nestes difíciles momentos á súa familia.

Fotografía Foto Galiza..
De todas as artes temos representantes, se seica o Teatro, é o que menos grandes figuras achega ao elenco de artistas, pero iso non quere dicir que non as teñamos e tivesemos.
Hoxe tráiovos do recordo a un grupo de teatro, que marco unha época en Galicia.
O grupo Histrión-70, (o 70 por data de creación), formado por xente comprometida aínda a día de hoxe coa cultura e a arte, a sua andaina podese considerar unha prolongación do proxecto do Grupo Valle Inclan.
Entre os seus integrantes e colaboradores contou con firmas como, Abelardo Gabriel e a súa dona Lourdes Mosquera, Marisa Calvo, Eduardo Rego, Menchu, Alfredo Dorado, Xosé Manuel Blanco Gil, Fernández Naval, e os irmáns Luciano e Manuel Nuñez..
Entre as obras representadas, podemos destacar: A lección de Ionesco, Justo de Albert Camús e SOS de Estrelecer.
Na fotografía, propiedade de Abelardo Gabriel, podemos velo a el e á súa dona Lourdes, xunto ca maioria dos primeiros integrantes do grupo.

29/6/10

O pazo dos Espinosa na via Sagra

As rúas do casco vello, pra mín, teñen un encanto especial; non e somentes unha cuestión estetica, (que tamen o e), senon que o pasear por elas pausadamente, facilmente podes representar na tua cabeza, esceas doutros tempos.
Venseme agora o maxin, a escea do carromato cos seus corceles, entrando no portalón do numero catro da rúa do Alba, (ou e 2- A, tanto ten, e o meu maxín), e ver descender o señor de Puga cas suas galas, que ven visitar os Espada... (deixemonos de divagar).
Do que hoxe quero falarvos, ou millor dito, o que quero facer e aconsellarvos, que leades no numero trinta e cinco do "Boletín Auriense" (ano 2005) os traballos que baixo a firma da admirada Dona Olga Gallego, e os Sres. Fernandez Quintela, Xusto Rodriguez, Pacho Blanco e Fariña Busto, dan unha perfecta explicación da historia da Saga dos Espinosa, e a sua continuación cos Bóbeda da Limia (ou Boveda).
Lendo eses traballos, podemonos enterar doutra das modificacions que se fixeron na rúa Juan de Austria, (da que fai uns días ensineivos unha fotografía falando da desaparición da praza do Recreo), nesta ocasion, tratase do tramo mais elevado da rúa, o que inicialmente se chamaba via Sagra, ou Sacra, (por certo sempre pensei que o nome debiase a que as procesions sempre pasaban por esa rúa, pero despois de falar co amigo Natalio Blanco, do A.v.O. xurde unha dubida, nesa zoa estivo o cementerio da cidade, ou como ainda se fai nas igrexias do rural, fixeronse enterramentos; poidera ser que o nome viñera de ahí), e logo foi rúa da Union.
O edificio onde hoxe esta a "Casa do Pulpo", e os que continuan ata chegar o "A Baluca", na esquina da rúa dos Fornos, (daquela esta interseccion era a plazuela de tras la Capilla del Sto. Cristo"), foi no seu día a casa-pazo dos Señores de Espinosa, e logo por parentesco, foi dos Marqueses de Boveda da Limia.
A casa grande, como podedes observar nos planos, co seu zaguan, invadia a rúa, e de feito cando se construiu a capela do Santo Cristo, houbo que facelo, cunha inclinación nese linde, pra que non se pechara a rúa; ainda con esa modificación da capela, contan que en mais dunha ocasión os rateros aproveitaron a cercania dos tellados pra acceder a Catedral, e apropiarse do alleo.
Sabedes que eu non son proclive a modificar as vellas construccions, e dende logo de tiralas, nada, pero no caso desta rúa, entendo que e procedente unha excepción, incluso penso que esta xa se podia ter feito con anterioridade, realmente cando se fixo a capela de Santo Cristo houbera sido convinte modificar a rúa; pero que queredes, se hoxe e complicado botar abaixo unha construcción ilegal, imaxinade daquelas cando ainda por riba non era ilegal, e o seu dono era un dos poderes da cidade.....
Como vos dixen o comezo, se vos gusta o tema, leede os traballos do "Boletín Auriense", que non teñen perdá, coñeceredes datos dos problemas do Bispado cas familias da nobleza, que eran de tal calibre, que incluso anda polo medio a morte dun Bispo, lembrades o asunto do "Pozo Maimón"?, e tedes lido algo dos Cadorniga?, pois por ahí vai a "Hestorea".
Nunha proxima entrada tentarei mostrarvos o primitivo trazado de toda a Rúa, dende a Igrexia de Santa Eufemia, ata a intersección da rúa dos Fornos. Sera chafalleiro, pero que queredes, eche o que hai.

25/6/10

Festas de Ourense

Polas datas en que andamos, a entrada de hoxe era obvia.
Non sei se o saberedes, pero estamos en Festas, dígovolo porque eu son dos que non se decatou moi ben diso; tamén é certo que desde que o "Chacolín" coa súa estaca deixaron de aparecer no programa e condearon a Praza de San Marcial a perder o seu intre de esplendor no ano; pra mín perderon parte do seu aliciente.De ningún xeito quero valorar a calidade do programa, simplemente é que na miña mocidade (hai pouco), vivíaas con outra intensidade, serán cousas da idade.


Aquí déixovos dous recordos do pasado; pra comezar, as sempre vistosas "Majoretes" (xa sei que está mal escrito, pero así se lles chamaba), de Mont Pellier que a finais dos sesenta comezos dos setenta, puntualmente visitábannos cos parabens de"os" ourensáns, (fixarvos na fotografía, que a maioría dos homes levaban lentes de sol, terían problemas de sensibilidade á luz, ou seria para que non se notase cara a onde dirixían as súas miradas); de todos é sabido que en Ourense sempre foi moi apreciado a arte no manexo do bastón por parte desas señoritas; que espectáculo, cando a directora facia voar o paliño ao ceo, e que pena cando as poucas veces que se lle caía ao chan, tiña que agacharse a recollelo...
A segunda fotografía, é unha das históricas da batalla de flores, nela desfilo o ano 1933 a bela señorita Emilia Docet, miss España, todo un luxo pra a cidade, poder gozar de tan magna beleza; tamén hai que dicir que non foi moi custoso e complicado contar coa súa participación, Emilia era viguesa, e tiña moitas amizades en Ourense, polo cal non creo que se fixese moito de rogar.
De feito existen varios documentos gráficos nos que aparece miss España sendo homenaxeada na cidade, e penso que son de datas diferentes. A fermosa moza desfilou a bordo dunha carroza facilitada pola "liga de amigos de Orense", que con gran empeño e esforzo encargáronse tamén ese ano da organización festiva.
Que vos divirtades e coidado co alcol, que xa sabedes que é moi malo....

22/6/10

Cartofilia Ourensá II

Segunda entrada do tema da cartofilia en Ourense, e supoño que polo de agora vaivos chegar, as proximas duas al menos teran outra tematica, pra que non vos cansedes, ainda por riba no veran non se pode abusar da computadora. Os entendidos veran que intento levar unha orde cronoloxica, pero non e sinxelo respetalo. Intencionadamente pasei de largo a lo menos duas editoriais, das que ando na busca de mais datos, tratase de E.J.P. e E .G.J. se alguen pode botar unha mán, xa sabe que ten as portas abertas.

Postais co selo P.V.K. Z


Este e un tipo de postal, da que non podo decir practicamente nada, pero ando en averiguacions, tan pronto teña mais datos comunicaredevolos.
Penso que podese tratar dunha destas duas editoras, Purger & Co. (Inglaterra), ou de Photoglob Zürich (Suiza), calquera das duas sacaron o mercado postais nos últimos do seculo XIX, e poderian coincidir con estas, que circularon a comezos do XX, esta en concreto podedela ver no fermoso libro de postais "A memoria de Ourense" do profesor Marcos Valcárcel (Ed. Xerais), circulada no ano 1904.
De ser alguna destas duas editoriais, de xeito habitual, tamen recababan a colaboura de profesionais da zona.

Pedro Ferrer. (A Coruña)

O fotografo Pedro Ferrer, (o que calquera día dedicareille unha entrada no blog), foi un dos fotografos de referencia na Coruña, pero sempre estivo na vangarda da fotografía galega.
O mesmo facia unha colaboración no albúm "Las bellezas de Galicia", (por certo algún podeme aclarar quen fixo as fotografías dos cromos de Ourense que aparecen no albúm, debe ter un erro, e nas colaboracions pon Pacheco, Jose (Vigo), se e Xosé, teria que por Ourense, e se e Vigo, teria que por Xaime, xa me diredes.) que collia os trastos pra facer un anucio publicitario, ala onde o chamasen (vease a revista "Auriabella").
Pois ben, no mundo das postais, don Pedro tamén fixo incursions, e polas imaxes que amosa debeuno facer tamén nos comezos do seculo XX, eu penso que como moito nos primeiros cinco anos.
José Pacheco ou Ed. La Región
Como queda claro, e non teño inconvinte en recoñecer, a miña ignorancia no tema e moita, ata o punto, de que non podo separar, ou a lo menos non teño argumentos, pra decir, se no tema das postais; traballaron por separado, ou sempre houbo relación, entre a empresa editora da Región e o mestre José Pacheco.
O feito e que vense postais de epocas semellantes, nas que pon: "Es propiedad Jose Pacheco", e o mesmo tempo saiu a carpeta de postais da Región, con imaxes que levan o estilo inconfundible de Don José.
Ainda que mais adiante aclaremos o tema, pra facer unha pequena iniciación pode valer así. Xa que o que tedes que ter claro, e que unha colección de postais de Ourense, ten que ter todalas posibles con estas firmas.
Continuara.....
O cartón de Pedro Ferrer, vai dedicado a un dos doutores que temos no Arquivo visual Ourensán, e que de xeito habitual atopase de garda, podedelo visitar eiqui Diario de un medico de Guardia

18/6/10

Cartofilia Ourensá I

Sempre resulta gratificante que falen ben do teu traballo, e felicítenche, sobre todo cando soamente es un afeccionado. O caso é que algún me presupón máis coñecementos dos que realmente teño.
Desde fai tempo, tiña varios mails, pedíndome datos dalgunhas postais, que xenerosamente me enviaba o remitente; dentro das miñas posibilidades intentei dar resposta, e espero que sexa acertada.
O caso é que fai uns días recibín outro mail, preguntándome como empezar unha colección de postais antigas de Ourense, e o primeiro que se me veu á mente, é responder: "con moita paciencia".
Vaiamos á entrada; para axudar aos que estean interesados en facer esa colección, nas próximas entradas, vou intentar facilitarvos uns cantos datos, que espero resúltenvos útiles, aínda que tedes que tomalos como unha simple orientación; calquera especialista no tema, (un saúdo a Cándido), posiblemente póidame facer gran cantidade de correccións.
Unha colección que se prece, ten que contar coas postais destas marcas:

Fototipia Hauser e Menet (Madrid) Entre 1897 e 1905 sacaron ao mercado a súa serie xeral, na cal figuraban todas as provincias españolas; sabendo que Ourense posiblemente non fose das primeiras, estariamos falando de postais da contorna a 1900.
Thomas (Barcelona)
José Thomas Bigas, comezou a súa andaina no mundo do cartón postal, en 1905.
Para conseguir os clichés con maior rapidez, evitando os desprazamentos, contou coa colaboración de fotógrafos profesionais ou afeccionados. No caso de Ourense, tivo a colaboración de Juan Xesta, quen cos ensinos do mestre José Pacheco, fixo incursións no mundo da fotografía. A primeira colección corresponde á primeira década do século XX. pero existe outra posterior, anos 30 na que colaboro coa librería Resvie, (desta supoño que e a colaboracion do sr. Xesta).

Castañeira e Álvarez (Madrid)
Téñoas datadas na contorna a 1905 tamén, se vos fixades foi a época de arranque da produción masiva en España, as causas son variadas, pero a principal supoño que seria que enviar postal en lugar de carta, tiña un prezo máis económico.
Podedelas atopar tamen en anos posteriores como Castañeira Álvarez e Levenfeld.
Continuara.....

15/6/10

Fonte da Praza Saco y Arce

Non pode ser de momento, a fonte "Do Picho" non está entre as fotografías que teño no meu arquivo. Pero buscándoa, atopei esta de outra fonte, tamén desaparecida. A do picho, contan que estaba enfronte da actual praza do Doutor Galego, ou pola contorna, esta con todo está perfectamente localizada, na actual praza de Saco e Arce.
O valor histórico da fonte é relativo, e o estético como podedes ver limitado. Pero a fotografía sérveme perfectamente para lembrar outra forma de vivir Ourense, ou mellor dito, o Casco vello da cidade.
Non fai tanto tempo, as rúas do casco histórico, rezumaban actividade, todos os locais tiñan o seu negocio, todolos pisos os seus ocupantes, e todas as rúas os seus veciños inmersos na diaria actividade. Iso bótase de menos, ou polo menos a mín prodúceme certa pena pasear por esa preciosa contorna, e percibir o silencio, que aínda que en ocasións agradécese, a súa excesiva persistencia, convérteno en desagradable.
O caso, é que o que eu realmente creo que esas rúas botan de menos, é os berros de nenos, xogando nas súas prazas os fins de semana, as charlas dos mozos de camiño ao colexio, ou ao instituto os maiores. A falta de mocidade nesa contorna, é o que o mata.
De pouco vale que se instalen na zona organismos públicos, ou que se fomente a apertura de negocios nos seus baixos, se non habitan esa zona familias. Puidese ser que a falta de aparcadoiro na zona, retraiga ás familias de residir na zona?. Porque se é así puidese ser a solución, crear un parking subterráneo nalgunha das prazas que alí existen, creo recordar que fai anos criticábase ao concello da Coruña, porque tiña levantadas todas as prazas para facer aparcadoiros, a ver se vai resultar que tiñan razón...

11/6/10

As casetas da barronca

Supoño que a maioría de vós, ao ver esta fotografía, fixásese no Edificio de Correos, (de paquete), ou no que ía ser a rúa que honrase ao noso pintor, Parada Jústel, ou talvez na falta da rúa que rodea por detrás a alameda.
A entrada de hoxe, non trata deses temas, senón desas pequenas construcións de madeira, que ven no alto da barronca da alameda.
Supoño que o meu amigo Lisardo Mazaira, gozara recordando a época en que comodamente na súa cadeira ou nalgún colo, agardaba o fin da xornada de traballo dos seus pais; seguro que os seus xeonllos, gardan algún recordo posterior daquelas partidas de canicas, ou aqueles partidos de fútbol, que co tempo foron forxando ao futbolista que nos sesenta fichaba pola A.D. Couto.
Sabemos que a comezos dos anos cincuenta, desapareceron, non sabemos os motivos, pero con eles fóronse parte dos recordos dos ourensáns.
Don Lisardo Mazaira, e Dona Manuela Saburido, eran dous dos ocupantes, tiñan alí o seu negocio de fotografía que ocupaba duas das casetas, e competían sa pero duramente con Don Luís Sanjurjo uns anos, e co Daniel, e José Seara (O chino) outros; iso esixía dar mellor servizo ao cliente que a competencia, o debuxo do toldo co que se facia o fondo da imaxe, tiña que ser o máis atractivo, e se un tiña un barco para asucar os océanos, o outro dispuña dun aeroplano que se deslizaba polos ceos, se un dispuña dun elegante corcel, de longas crines, que levaban ao galope aos infantes, o outro permitía durante uns instantes o uso dun romántico confidente, onde as parellas pousaban para asinar o seu amor eterno.
Dalgún xeito estes emprendedores, marcan o comezo doutra etapa da fotografía ourensá; o fotógrafo minutero; o estudo do fotógrafo seguía sendo requirido para a fotografía pero o tempo que esixia a calidade daquelas imaxes, e o prezo que estas tiñan, non permitían ao cidadán do montón, acceder a elas, estoutros profesionais, dos que Don Lisardo e a súa muller foron os precursores achegaban a todos os públicos a posibilidade de manter impresos os seus recordos.
Non quero estender en demasía a entrada, pero non podo deixar pasar a oportunidade de nomear polo menos algún outro dos ocupantes destes negocios provisionais, por alí andaba Don Paco "tres cadelas", O Genaro e a Anuncia ca sua churreria; seica andivo tamén o estimado Clemente; e nos días de festa, recalaban pola zona, o celebre "Barriga verde" que competia en desigual competencia co gran espectaculo de Circo Feijoo, sen esquezer o Simón dos Botes un artistiña moi dificil de enganar, xa el sabia daquelas o que eran os pesos e os contrapesos.
Bo, por hoxe queda ahi , outro día con mais calma volveran pra axudarnos a lembrar aqueles anos.

8/6/10

El Cinife

Grazas ao meu amigo e colaborador, Don Pastor Fabrega Carballo, tiven acceso a esta fotografía, que considero de gran valor histórico.
Como podedes ver, trátase realmente dunha montaxe previa, ao cal sácaselle unha fotografía. O fondo é a portada do que puidese ser primeiro exemplar, (non existe, ou polo menos non se coñecen fondos), do xornal "El Cínife", e a caricatura que está en primeiro plano é a do director e fundador do diario, Don Ángel Vidal y Pérez.
Supoño que moitos vos uniredes a min, en dedicarlle esta entrada ao profesor Marcos Valcárcel, quen co seu excepcional Traballo "A prensa en Ourense e a súa provincia", fíxonos coñecer publicacións e datos de gran interese, para a historia de Ourense. Estes son os datos que no seu momento deunos o profesor:
61. El Cínife (Ourense)
XVIII Comentario: citado por Carré Aldao (23) e Altabella (2) como periódico satírico insultante aparecido en Ourense en 1894. (Aparece tamén citado nunha referencia directa no número 2 de As Burgas, de decembro de 1895, como una publicación existente en Canedo, concello limítrofe ó da capital) Non coñezo fondos.
Á vista da fotografía que vos mostro, e con todas as reservas que se deben manter, ao tratarse precisamente dun diario satírico, os novos datos serian.
Cabeceira
EL CINIFE
Semanario punzante, órgano dedicado a perforar.....

Data Canedo ..... Decembro de 1894

Ex director Ángel Vidal y Pérez
Isto último é como asina a dedicatoria Don Ángel, ao seu amigo Don Tomas Fabrega o 17 de Agosto 1895, e apóiase na lectura do artigo que se ve na imaxe.

PRISION DE NUESTRO EXDIRECTOR.

El día 7 del actual, nuestro ex director Don Ángel Vidal y Pérez, recibió una papeleta de citación, para que a las tres de la tarde del mismo día, se presentase en el juzgado militar.
A la hora señalada compareció el Sr. Vidal ante el Teniente coronel Don Juan Docampo Jaca instructor de las diligencias que por orden del comandante general del séptimo cuerpo del ejército, se practican en averiguación al parecer de quien es el autor del trabajo critico titulado Orense ……….. Literario, que se publica en el folletín de nuestro semanario.
Al terminar la declaración, nuestro ex director fue reducido a prisión y conducido al ex convento de San Francisco destinado a cuartel de infantería, en donde se encuentra incomunicado………………….

Debido como digo ao carácter satírico da revista, e creo que á personalidade irónica de don Ángel, unido á imposibilidade de comprobar a veracidade do artigo, creo preciso tomar todas as precaucións, antes de apoiarse nestes datos.
Onde vexades ....... quere decir que non son quen de ler o que pon.
Unha cariñosa aperta o profesor Valcarcel, e decirlle que e un pracer poder seguir colleitando Uvas na Solaina, Animo.

4/6/10

A cuadratura do arco

Fai tempo, faleivos desta (vou obviar adxetivos), idea que se lle ocorreu a algunha mente pensante, Preme eiqui pra ver a entrada anterior; hoxe grazas á amabilidade de Don Afonso Vázquez Monxardin, podo ensinarvos o deseño previsto.
Nos anos setenta e para resolver o paso dos accesos a Galicia pola ponte vella, propúxose a "fenomenal" e "lóxica" idea de modificar a estrutura dun dos arcos da nosa ponte; afortunadamente impúxose a cordura, e ese proxecto desestimouse.
Eu na miña ignorancia, preguntome: se non sería unha forma de desviar a atención dos cidadáns?, e así non se expuxese publicamente a posibilidade de que se desviase todo o viario cara a outra zona onde non deixase condicionada como fixo, a inclusión do rio na cidade. A que podería ser gran zona de recreo dos ourensáns, perdeu toda posibilidade de desenvolvemento debido a esta estrada, da que non discuto a súa utilidade, (non dispoño dos datos de transito), pero dubido que non existisen percorridos alternativos menos lesivos para as nosas ribeiras.
Agora xa foi Marica non chores, pero procuremos que ideas deste tipo, non se lle volvan a ocorrer a ninguén.

1/6/10

A fonte do Rei

Comeza o veran, e o tempo invita a sair a rúa, ou marchar de festa, mais a menudo, por eso e porque sei de anos anteriores, que nestes tres meses, Xunio Xullo e Agosto, as visitas o blogue reducense considerablemente, iste ano decidín reducir o numero de entradas destes días. A partires de hoxe, farei unha o como moito, duas entradas na seman, en vez dunha diaria, posiblemente saían os martes e venres, pero non descarto que de cando en vez o día de publicación, sexa outro, incluso pode que algunha seman, saian mais de duas entradas.
Dentro das miñas posibilidades, tentarei que esas entradas sexan un pouquiño mais elaboradas, e nalguns casos, que vos fagan pensar un ratiño. Tamén lembrovos que se algún quere enviar unha entradiña, pra publicar, ten as portas abertas, de feito un par de colaboracions estan pendentes de publicación, (non si Don Pastor, e .....).
Agardo que non vos moleste os lectores habituais, este descenso na cadencia das entradas, pero e que entre outras cousas, vou aproveitar pra reorganizar o arquivo fotografíco, recopilar mais información, e poner en marcha, a páxina Web do Arquivo visual Ourensán, que ainda que estan no esqueleto, xa se pode ver, (e aportar ideas). pra botarlle unha ollada, facede clik, neste enlace

 
Esta fotografía, por dereito propio, non tardara moito en figurar nun libro, da historia da cidade.
Cando dona Mercedes Noguerol, prestoume unhas cantas das fotografías que lle deixou o seu pai Don Atico Noguerol, tiven que velas todas unhas cantas veces, pra non errar na identificación.
No caso da de hoxe, as dubidas eran mais que outra cousa, pola extrañeza que me producia, ver ese escudo ben coñecido, enmarcado por esa pedra, e ver que debaixo del, en vez dun cano, vianse dous e sin facer moitas cabalas, podemos imaxinar un terceiro.
Supoño que os amigos "Bocas" e "Milhomes" (A Esmorga), cando a visitaron nas suas correrias, debia ter unha pía, onde se remollaron pra aliviar os calores.
Hoxe como vedes na fotografía que vai abaixo, non ten moita utilidade, o marxe da  historica (que non e pouco) e estetica. seria moi dificil conseguir que voltara a sua utilidade?, xa non digo a sua forma orixinal, pero a lo menos, que teña uso; e poñer unha pequena pia, que faga mais sinxelo decatarse da sua presencia.