Páginas

11/6/10

As casetas da barronca

Supoño que a maioría de vós, ao ver esta fotografía, fixásese no Edificio de Correos, (de paquete), ou no que ía ser a rúa que honrase ao noso pintor, Parada Jústel, ou talvez na falta da rúa que rodea por detrás a alameda.
A entrada de hoxe, non trata deses temas, senón desas pequenas construcións de madeira, que ven no alto da barronca da alameda.
Supoño que o meu amigo Lisardo Mazaira, gozara recordando a época en que comodamente na súa cadeira ou nalgún colo, agardaba o fin da xornada de traballo dos seus pais; seguro que os seus xeonllos, gardan algún recordo posterior daquelas partidas de canicas, ou aqueles partidos de fútbol, que co tempo foron forxando ao futbolista que nos sesenta fichaba pola A.D. Couto.
Sabemos que a comezos dos anos cincuenta, desapareceron, non sabemos os motivos, pero con eles fóronse parte dos recordos dos ourensáns.
Don Lisardo Mazaira, e Dona Manuela Saburido, eran dous dos ocupantes, tiñan alí o seu negocio de fotografía que ocupaba duas das casetas, e competían sa pero duramente con Don Luís Sanjurjo uns anos, e co Daniel, e José Seara (O chino) outros; iso esixía dar mellor servizo ao cliente que a competencia, o debuxo do toldo co que se facia o fondo da imaxe, tiña que ser o máis atractivo, e se un tiña un barco para asucar os océanos, o outro dispuña dun aeroplano que se deslizaba polos ceos, se un dispuña dun elegante corcel, de longas crines, que levaban ao galope aos infantes, o outro permitía durante uns instantes o uso dun romántico confidente, onde as parellas pousaban para asinar o seu amor eterno.
Dalgún xeito estes emprendedores, marcan o comezo doutra etapa da fotografía ourensá; o fotógrafo minutero; o estudo do fotógrafo seguía sendo requirido para a fotografía pero o tempo que esixia a calidade daquelas imaxes, e o prezo que estas tiñan, non permitían ao cidadán do montón, acceder a elas, estoutros profesionais, dos que Don Lisardo e a súa muller foron os precursores achegaban a todos os públicos a posibilidade de manter impresos os seus recordos.
Non quero estender en demasía a entrada, pero non podo deixar pasar a oportunidade de nomear polo menos algún outro dos ocupantes destes negocios provisionais, por alí andaba Don Paco "tres cadelas", O Genaro e a Anuncia ca sua churreria; seica andivo tamén o estimado Clemente; e nos días de festa, recalaban pola zona, o celebre "Barriga verde" que competia en desigual competencia co gran espectaculo de Circo Feijoo, sen esquezer o Simón dos Botes un artistiña moi dificil de enganar, xa el sabia daquelas o que eran os pesos e os contrapesos.
Bo, por hoxe queda ahi , outro día con mais calma volveran pra axudarnos a lembrar aqueles anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias