O 1 de abril de 2009, coa colaboración de Don Abelardo, fíxose esta entrada, sirva hoxe para dedicarlle un recordo cariñoso, e darlle ánimos nestes difíciles momentos á súa familia.
Fotografía Foto Galiza..
De todas as artes temos representantes, se seica o Teatro, é o que menos grandes figuras achega ao elenco de artistas, pero iso non quere dicir que non as teñamos e tivesemos.
Hoxe tráiovos do recordo a un grupo de teatro, que marco unha época en Galicia.
O grupo Histrión-70, (o 70 por data de creación), formado por xente comprometida aínda a día de hoxe coa cultura e a arte, a sua andaina podese considerar unha prolongación do proxecto do Grupo Valle Inclan.
Entre os seus integrantes e colaboradores contou con firmas como, Abelardo Gabriel e a súa dona Lourdes Mosquera, Marisa Calvo, Eduardo Rego, Menchu, Alfredo Dorado, Xosé Manuel Blanco Gil, Fernández Naval, e os irmáns Luciano e Manuel Nuñez..
Entre as obras representadas, podemos destacar: A lección de Ionesco, Justo de Albert Camús e SOS de Estrelecer.
Na fotografía, propiedade de Abelardo Gabriel, podemos velo a el e á súa dona Lourdes, xunto ca maioria dos primeiros integrantes do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias