Páginas

31/12/09

Pido desculpas

Pensaba que este ano, ía ser quen de escurrir o vulto, pero non foi posible; a autoridade competente, decidiu que ata despois do día dos Reyes, non podo publicar entradas no blog, e para asegurarse, enviou a este aguerrido soldado, a vixiar o meu computador.
Supoño que me recluirán nalgunha fría mazmorra, pero espero sobrevivir, ao cativerio, e poder continuar destripando a historia da nosa querida Auria. (Farei unha pequena trampa, e o día 5 enviarei a carta aos magos de Oriente, non vaia ser que se esquezan de min).
Feliz Ano 2010 a todos.
Esquecíame, si queredes estes días podedes aproveitar para revisar entradas antiguas e procurar atopar algun dos moitos gazapos que involuntariamente, de seguro cometín, ou a lo menos, gustariame que intentarades localizar o escenario onde se obtivo a fotografía que adorna esta entrada, coñezo o militar, pero non recoñezo o lugar, danme duas opcions, (pero pode haber mais), a praza de Saco e Arce, no casco vello, ou o cuartel de San Francisco, (de ser este último tivo que ser antes de facer unha boa remodelación).
Opinade vos.

30/12/09

Liceo de Ourense I

Fotografía cedida por Don Santiago Mosquera, dun concurrido baile na sociedade.
En xusto agradecemento polo trato recibido, inicio hoxe unha serie de entradas, que nos van lembrar, ao, en verbas de Don José Adrio Menéndez, "simpático vejete de interesante historia, que reserva juveniles energías e inmortales arrestos", a pesar do tempo pasado; dende que se fixo esta definición, corría o ano de 1930, (o de vellete, xa se entendía, daquelas, eran 80 abrís os que levaba ás súas costas), seguen vixentes hoxe en día.
Certo é que hoxe xa non é a única sociedade de Ourense, e que ten que competir duramente contra feroces inimigos: a presa con que vivimos, a proliferación de centros de "lecer", e no caso especifico da mocidade, o uso excesivo (é unha opinión), de certas maquiniñas, que fomentan o illamento.
Sexa como for, o Liceo de Ourense segue vivo.
O día 3 de marzo de 1850, no número 14 da rúa de Lepanto (á beira do Trangallán), reuniuse un grupo de ourensáns, para decidir a posta en marcha da sociedade, desa reunión saíu o acta que podedes ver na páxina oficial do Liceo, e mais facilmente neste enlace.
http://www.liceodeourense.com/historia/actafundacional.htm (tedes no lateral do blog o enlace permanente aa paxinas do Liceo).
Como presidente, a sociedade decidiu nomear a titulo perpetuo, ao Sr Gobernador Civil (non sei se ao do momento, ou foi concedido esa honra ao cargo en si), co cal o Vicepresidente Don Vicente Lobit, seria quen desempeñaría esa función.
Nun primeiro momento, a sociedade contaba con 163 socios, que abonaban 20 reais de ingreso, e 4 mensuais. E a denominación con que comezou a súa andaina, foi a de "Recreo de Artesáns de Orense".
En vindeiras entradas seguirei facilitando datos.

Imaxén actual do patio de columnas da sociedade.

29/12/09

Retorno o Posío (Miguel Abad Vila)

Xa fai tempo, pedinlle o amigo Miguel, unha entrada para o meu blog; a bo fe que teño claro que anda moi ocupado, pero estes días de nadal, son propicios para os agasallos, e de xeito xeneroso meu amigo non deixou pasar a ocasión. Aquí tedes un anaquiño das lembranzas aurienses de Miguel. (coma se fose un quebracabezas, intentar colocar as imaxes pequenas na maior).
Grazas Miguel
RETORNO O POSÍO
Permítanme a licenza. Inspireime no título da famosa novela de Evelyn Waugh, "Retorno a Brideshead". E a culpa tívoa esta vella fotografía do Xardín do Posío.
Fai xa uns cantos anos, a primeira escola á que asistín en Ourense erixíase na rúa do Progreso, case enfronte da porta que daba acceso desde esa vía pública ao Xardín do Posío. Era unha vella e tétrica casona, que especialmente aterrorizaba á miña irmá pequena.
Pouco tempo despois, cando culminaron as obras do Colexio Irmáns Villar, aquela bulliciosa tropa de alumnos de ensino primario fomos trasladados ás nosas novas dependencias: pupitres e lousas para estrear, aulas con calefacción e ata un comedor escolar.
Con todo, o entrañable parque axardinado continuou sendo o noso patio de recreo.
As alumnas do Colexio Divino Mestre, que se a memoria non me falla vestían entón un uniforme de cor castaña e abrigaban os seus corpos núbiles con chaquetas ou suéteres azul mariño, empregaban tamén a parte máis elevada do xardín como lugar de esparexemento. Na actualidade, aquel edicifio xa non existe, pois o colexio e a congregación relixiosa trasladáronse fai anos desde a actual rúa Ben Cho Sei ata o barrio do Vinteun.
Recordo aquel cercado felliniano, con randeeiras e tobogáns, poboado de flores, arbustos e árbores, moitos máis que agora. Non había estanque para os patos, nin terrazas de verán, nin pavo reais, pero si unha enorme gaiola, bocadillos de fiambre para a merenda e dúas fileiras de tilos que franqueaban a pista central, onde durante o Corpus celebrábanse os bailes, concertos e atraccións musicais das Festas de Ourense. E se me apuran, ata creo ter o recordo dun mozo Julio Iglesias cantando sobre o escenario. No verán, o kiosko da xeadería Ibense do Espiña despachaba sen descanso polos, vasiños e cucuruchos.
No Posío pelabámonos os xeonllos xogando ao fútbol, patinábamos, montabamos en bicicleta, cambiabamos cromos e xogabamos ás bólas, ás canicas como dicían os máis repipis, perseguiámonos como policías e ladróns, pelexabámonos ata o primeiro sangue e empezamos a descubrir o amor e a malicia, case os dous ao mesmo tempo.
Ao Xardín do Posío chegábase desde a Praza Maior cruzando as rúas Colón e Pai Feijoo. Na primeira delas situábanse varios postos de venda de cómics, periódicos e lambetadas. Os máis vendidos, A Rexión, O Caso, o As, de cor sepia, e as aventuras do Jabato, O Capitán Trono e os inefables Mortadelo e Filemón. Recordo unha anciá que vendía chicles, caramelos e regaliz, empolicada sobre un primitivo mostrador encastrado sobre unha roca de granito. Para min era unha cova digna de Hansel e Gretel. Alí nos aprovisionábamos sobradamente cando iamos ás marionetas, na Praza de San Marcial, ou de camiño cara ao Teatro Principal, para ir á sesión infantil do cine. Películas do malvado Fu Manchú, peplums de gladiadores, con Maciste e Ursus á cabeza, algunha de vaqueiros, con Sartana e o Raposo, e uns anos máis tarde, as de Bruce Le, que desataron a moda de loita tipo artes marciais entre os golfos das cuadrillas do barrio.
Seguindo pola Rúa Colón, naquel entón abriron os novos perruqueiros Andrés e Pepe unha moderna barbería, que rivalizaba co establecemento moito máis tradicional de rúa Pai Feijoo do Manolo, onde os donos eran outra parella de veteranos do peite e a navalla, a piques de xubilarse. Ambas tiñan en común aquela entrañable fragrancia que desprendían, as masaxes de afeitar Floid ® e Varon Dandy ®, dous clásicos. Un pouco máis adiante, a man dereita, unha reloxería facía esquina coa rúa Pelayo, territorio vedado e salvaxe onde comezaba o mundo dos clubs nocturnos, cutres, macarras, con cegadores letreiros de cores e rechamantes nomes: O Edén, o Marfil Vermello, o Pequeno París, O Paraíso, O Suevia onde algunhas almas perdidas, a través do vidro opaco das copas e das botellas de cervexa, entre a densa fumareda de louro de contrabando intentanban negociar algún turbio afecto, ese a o que os máis desapiadados consideran sexo, puro e duro. Ao morrer o Franco, a lombos dos anhelados ventos da democracia virían os camelos, a heroína, os yonquis e a SIDA.
Ao final da rúa, enfronte da librería Pai Feijoo, nos baixos doutro desvencijado caserón que hoxe só existe na nosa memoria, despachaba o Bar Obreiro as súas abundantes racións de comida caseira a prezos populares, comedor ateigado ao mediodía e á cea pola clase menesterosa e traballadora. De alí recordo o bafo do caldo empañando os cristais, unha sopa untuosa cos fideos máis gordos que xamais contemple, e tamén o nutritivo aroma das patacas amarelas con xarrete guisado.
Vivín gran parte da miña infancia na rúa Padre Feijoo, á beira do Colexio San Fernando, xusto encima da sala de xogos onde as nosas diversións favoritas eran o futbolín, as máquinas tragabolas de petacos que os americanos denominaban pinball, os billares e a gramola onde soaban sen parar "Black Betty", o éxito dos Ram Jam, o archifamoso "Satisfaction" dos Rolling Stones ou o pegadizo "Nin máis nin menos" dos Chichos. Máis dunha vez sacaríame de alí a miña nai, polas orellas.
A rúa Padre Feijoo era a vía académica por excelencia da vella Auriavella, pois ao anteriormente mencionado Colexio San Fernando uníanse o Luís Vives, o Instituto Feminino e o Irmáns Villar. Ainda que non o pareza, tamén tiña valor academico a churreria da Balbina e o Sr. Eladio, cos seus bocatas de "patacas fretidas", que aportaban a enerxia precisa os estudantes nos recreos. E como non, a miña querida Farmacia Bayón, a antiga, rexentada polo afable e socarrón Afonso Bayón Toral, cunha rebotica que entón se me antollaba un misterioso laboratorio onde se fabrican fantásticos remedios, e a máis moderna, onde o malogrado Afonso pasou os seus últimos anos antes da súa prematura desaparición, hoxe en día dirixida polo seu fillo maior, o meu gran amigo Afonso Bayón Nieto. Cos Bayón, pai e fillo, viaxei durante un tempo a bordo dun Simca 1200 de cor cobalto e teito negro. Logo tería o meu pai un igual, pero de cor branca, onde eu aprendín a conducir. Todas as mañás, antes de partir cara aos Salesianos, recordo o cheiro do café con leite e os churros que se escapaba do Bar Recaredo, na rúa García Mosquera, un pouco máis debaixo da quincallería do Darío, e como aqueles efluvios mesturábanse con aquel outro, penetrante e delicioso, que emanaba da Fábrica de Chocolates "Nuestra Señora de los Remedios".

28/12/09

Accidente Espectacular

Cumprense hoxe 70 anos deste espectacular accidente; os feitos segun informacions recollidas na folla parroquial de Peliquín, foron a suma de varias desgraciadas casualidades.
O experimentado conductor do carrito, don Hermesindo Gaiteirin, baixaba palpando o freo do vehiculo pola rúa do Hospicio (carretera de Trives, hoxe Concordia), cando de supeto o coñecido industrial da vila Don Nicanor Rapagatos, sufriu un traspés, caendo no medio e medio da rúa; o habilidoso "shoffer" conseguiu evitalo, con todo non foi quen de face-lo mesmo co axente da autoridade que dirixia o trafico neses intres, dende o seu "pulpito" no "crux" da rúa Progreso, a quen co espello retrovisor, aceunolle un bo golpe que o deixou "espellado", que non "estrelado", (menos mal que daquelas levaban a bacinilla de ferro a xeito de casco).
Como podedes ver na imaxe obtida polo artista fotografo Sr. Pacheco, o carrito rematou intelixentemente o seu recorrido fronte a botica do Sr Bouzo, a sabendas, de que alí poderia recibir as curas de urxencia que foran precisas; na imaxe tamén podemos "ouservar", como as forzas do ordén, xa tiñan controlada a situación.
A noticia fora dos desperfeutos do vehiculo, que de seguro o Sr. Perille seria quen de arranxalos nun santiamén, (hay non, c... que xa non tiña o taller, bo, no que fora que calquera poderia facer ese apaño), non teria mais importancia, de non ser que o día seguinte Don Aniceto que así se nomeaba o axente da autoridade perjudicado, interpuso denuncia contra do "shoffer", por agresion intencionada, facendo uso do vehiculo a xeito de arma.
Seica habia unhas rencillas anteriores a causa dun marrao que liquidaran entre os dous, (segundo se soubo mais adiante eran compadres); o tema e que o facer o reparto Don Aniceto quen foi o encargado, quedouse co xamón que menos lardo tiña, contan os veciños, que xa denantes de darlle o coitelo o pobre do animal cando camiñaba semellaba que ia o ritmo da Macarena, pero por non molestar o "vitirinario", non lle deron a importancia debida.
Non conseguimos atopar mais datos do asunto, "asin", que si algún parente vivo ou non acorda o caso agradeciaromoslle nos facilitara o desenlace.
Calquera parecido con feitos reais e pura coincidencia, a imaxen como xa sabedes, e unha das montaxes que Don José Pacheco facia todolos anos polos Inocentes, e coincidiredes conmigo, que tendo en conta os medios cos que contaba, o traballo e de merito.

27/12/09

O tio Marcos en versión orixinal

Ata o dagora conformabame, con consultar unha edición facsimil deste xornal, e de feito semellabame xa un privilexio.
O caso é que descoñezo o motivo, pero non é o mesmo ler esa estupenda edición facsímil, que poder pasar as escasas follas de cada exemplar, nun orixinal.
Na última reunión o meu amigo Amador Rego, tróuxonos uns cantos exemplares dos que atesoura, e concedeume a honra de cedermos uns días, (metaforicamente, pero devoreinos, iso si con sumo coidado, e respecto, non podía ser doutro xeito, con algo que leva 133 anos entre nós).
Na proxima reunión, (que non sei cando podera ser), teño o palpito de que poderedes dar unha ollada o numero 1 da revista Nós. O que seria todo un luxo, seria que alguen atopara ainda que soo sexa un exemplar do "Gracioso", e no lo deixara ollar.
Aquí déixovos a portada do exemplar máis ancián do lote.
O 23 de maio de 2008, fixen a primeira entrada desde semanario galego, e nela tedes mais datos.

26/12/09

Elegancia en Auria

Nestes días do Nadal, non podemos esquecer a elegancia.
A cea ca familia da noite boa, foi un bo momento pra que as sogras comparaxen estilos, e como sempre os homes semellaramos berzas, (con premiso das suas caras, falo de mín); temos que arranxar esto, de cara o aninovo; o millor, xa na noite de fin de ano, temos que deslumbrar a toda a parentela, ca nosa elegancia natural.
Aproveitade que hoxe e sabado, para acudir a "Camiseria Inglesa", na rúa da Paz 8, onde como vedes no aviso que publicaban na "Zarpa" o ano 1926, tiñan as camisas "Excelsior", e un amplo surtido de pernos, e demais prendas de gran elegancia.

25/12/09

Agasallo de Nadal (Touros e cine)

Así como fun conseguindo material fotográfico; durante este tempo, puiden darme conta, que o cinematográfico, é escasísimo; explicacións, pode haber moitas, pero a principal, penso que foi a económica, realizar unha destas filmaciones, ata para os profesionais, era un artigo de luxo.
Aínda que o nacemento das cámaras "domesticas" a nivel internacional, foi no 1923, da man de Kodak, en Ourense, non consta a súa utilización "popular", ata bastante máis tarde.
A partires de finais dos 50, comezou a ser máis habitual, entre os afeccionados máis podentes, o realizar películas de 16 mm, e de 8 mm.
Hoxe ensínovos, a única película en 16 mm, que puiden conseguir. É propiedade de Don Pastor Fábrega, e podemos gozala, grazas á colaboración técnica do CGAI. (a cuxo persoal quero darlle publicamente as grazas, pola súa dilixencia e amabilidade).
Non esperedes visionar eiquí unha obra mestra do cine, trátase dunha..., digamos novillada, das que os mozos daquela época contrataban de forma particular durante as festas da cidade; o empresario cedía a praza encantado, a fin de rendibilizar o desembolso que supuña a súa montaxe. O problema é que os mozos e non tan mozos tiñan máis gañas que coñecementos, e pasaba o que pasaba......
Desculpádeme a chapuza de montaxe que fixen, pero os meus coñecementos sobre o tema presentan seria lagoas, por non dicir que océanos.

24/12/09

F.C. Royal (1920)

Grazas ao amigo Norberto Tabares, tiven acceso a esta fotografía, (algúns xa a coñeceredes, porque segundo infórmame o propio Norberto, tena cedido xa para varias publicacións), e aos datos sobre os personaxes da imaxe.
Como vos dixen fai varias entradas, o Clube de Futbol "Triunfo", (ver entradas da semana pasada), fusionouse cara ao ano 1921, co Futbol Clube "Royal", (desa época tamén era o Galicia, pero iso é outra historia), a fotografía que Norberto nos ensina, ten un valor engadido, e é a presenza dun gran afeccionado ao fútbol, Alexandre Bóveda, (outra entrada que teño pendente, pero todo andarase).
Fai uns anos, coa axuda doutro personaxe de Ourense, foise dando nome á maioría dos retratados no campo Loña en 1920. Este personaxe foi Don Armando Fernández Mazas (Chocolito), e o resultado foi este:
De esquerda a dereita, vestido con chaqueta, e unha banderola na man, o mozo Alexandre Bóveda (17 anos) - Camilo - Elpidio Tabares Merino, (Norberto coñecíao ben) - José Sánchez Moure - Armando Fernández Mazas (Chocolito) - Eduardo Sánchez - Genaro (Gorrión) - Jesús Goyanes - Paco Reverter - Eduardo Álvarez.
Sentados Enrique Gutiérrez e Antonio Gómez.
Por se xa a fotografía tivese pouco valor con este cadro de persoal, detrás dos xogadores, e como sempre facendo gala da súa elegancia, aparece con chapeu o entrañable "Chaviñas".
Non me esquezo que prometín pór orde nos meus arquivos futbolísticos, e procurar dar unha orde cronolóxica dos equipos, pero non resulta sinxelo, cando creo que case o teño, aparece algunha nova fotografía que me trastorna todo, estes días ando perseguindo o permiso para publicar unha, que posiblemente sexa do primeiro equipo da cidade. Verase.
Feliz Noite para todos.

23/12/09

Nota

Don Antonio Berjano Conde, escultor, e mestre da escola de artes e oficios, finou onte a noite.
Dende iste humilde blog, enviamoslle unha agarimosa aperta a sua dona e fillos.

Pidenme que bote unha mán

Uns colaboradores do blog, pedíronme axuda, e loxicamente non puiden negarme.
Para facer un traballo (que dara lugar a una exposición itinerante que poderemos ver dende logo en Ourense) sobre os estudos fotográficos de Galicia; están intentando reunir fotografías realizadas entre os anos 1880-1960, que cumpran algún destes requisitos:
  • Fotografías de estudo, que teñan un decorado de pano.
  • Fotografías de Voda en estudo.
  • As típicas fotografías que se facían nas festas, cun decorado (barquiño, avión, cabaliño, paisaxe, etc.).
  • Fotografías de familia, nas que se incluísen familiares falecidos, dos que se enviaban aos parentes de América. (recortaban unha foto do falecido, e poñianna, na actual)
    E calquera das moitas que andan por ahí, de don José Pacheco.
Revisade os vosos álbums, e se tedes algunha, agradeceríavos que mas enviásedes.
A fotografía que ilustra a entrada, e propiedade da Familia Alvarez Eire, e tratase dunha das fotografías que se facian nas festas, nos postos de rúa.

22/12/09

"Los Santos Angeles" ( Maristas 1931)

Esta fotografía, por certo repetida , rompe algunha norma do blog, pero a culpa teremos que botarlla, ao meu entrañable amigo Ernesto Ferro, (un neno de 13 aniños amigo meu, 8 + 5 creo recordar que suman 13?).
O sábado tivemos a segunda reunión no Liceo, e para mín, foi como un agasallo anticipado de Nadal.
Sinceramente, recoñezo, que me sentín gabado, e estouvos enormemente agradecido, non só aos que fixestes o esforzo de vir, senón tamén aos que enviastes mails comentando a imposibilidade de chegar a Ourense, nese día, (outro ano farémola en Madrid e Barcelona).
O mellor da reunión á marxe da agradable compañía, é o caudal de información que me facilitades, xa non só física, (uns exemplares orixinais de "La Zarpa", e o "Tío Marcos" entre outras bagatelas, por alí circularon), se non a oral; froito desta é a fotografía que estades vendo hoxe.
O meu amigo Ernesto Ferro, (que non termina o ano sen ter unha entrada só para el), sacou a relucir a súa fantástica memoria, e facilítounos os nomes deste grupo de alumnos do colexio "Los Santos Ángeles", (hoxe Maristas), do ano 1931.
Aquí tédelos de esquerda a dereita, e de arriba cara abaixo.
Ruperto Santamaría-Lamas-Román-Moncho-José Luis Álvarez-Carlos Vázquez (Chico)- X- Jesús (Suso Hermano de Elesban)-Manuel Blanco Merino*.
Luis Somoza-Luis Campos-Zacarías Reñones-X-Francisco Fuentes Andreu (Paquito)-Ramón Alonso (Moncho)-Juan José Alonso-Perfecto-X-Domingo
Espinosa-Alberto Guitian-Santiago Izquierdo-Fernando Andura-Tito Fuentes-Celso Rivera-Luis Quelle-y Ernestito Ferro.
Sabedes que fai uns días comecei unha serie de entradas na que vos mostrarei o publicado na primeira parte do libro do centenario dos Maristas, cronoloxicamente non lle tocaba aparecer de momento a este grupo, pero, en agradecemento a Ernesto, o adianto, nun futuro colocareina na súa orde natural.
Grazas de novo a todos, sen olvidar o persoal do Liceo, pola sua amabilidade e bo trato.
*Corrección feita polo seu sobriño Ricardo Blanco

21/12/09

As obras do Cantón e a batalla de frores

Outra das obras que chamaron a atención dos ourensans, nos setenta, foron as do edificio Cantón, (Xoan XXIII 1), nesta fotografía de Norberto Tabares, podedes ver a estrutura do edificio, e de paso serve a imaxe, pra despexar unha dubida que xurdiu o sabado 12 entre os amigos que estivemos no Liceo, ese letreiro que vedes a dereita da imaxe, confirma que preto onde hoxe esta unha desas "diabolicas" tendas que distribuen dulces pasteliños, estaba daquelas o negocio de lás "Tricolan"*, (de venta de lás esta claro, o do nome que non o teño tan certo, pero ero o dician os meus maiores, e eu non son quen de levarlles a contraria, sen ter datos). *(o nome foi correxido o día 15 de xaneiro do 2010, por indicación de Don Luis Vecino, directamente relacionado co negocio en cuestión).
O que si lles podo asegurar e non mo discutiron, foi que nese baixos, estivo a primeira tenda das maquinas "Singer"; como casa Singer, coñecemos hoxe o edificio de Lamas Carvajal (recentemente restaurado), pero realmente o seu primeiro emprazamento foi este, como poderedes comprobar nunha imaxe que colgarei proximamente.

20/12/09

Son Ourensanos

Xa sei que vos felicitei as festas na entrada anterior, pero quero aproveitar esta fotografía que me enviou Carmiña Romero dende Costa Rica, pra ter un recordo cariñoso, con todo-los ourensáns, que están repartidos polo mundo.
A todos
Bo Nadal

Felices Festas

Unha das vantaxes que che proporciona ter un blog, que visitan os teus amigos, é esta; cunha entrada, podo desexarvos a todos que pasedes unhas moi felices festas, e que o ano que vén, veña repleto de paz.
A todos
Bo Nadal
Feliz Navidad
Feliz Natal
Bon Nadal
As dúas postais, son por unha sinxela razón, xa tiña decidido que este ano vos ía felicitar cunha obra de arte, para iso obtiven esta imaxe dun relevo, (que podedes gozar no museo Arqueolóxico), é obra de Alonso Martínez, no seu día formaba parte do coro do mosteiro de Santa María de Montederrramo (1605-1608).
Pero fai uns días o meu amigo Manolo fíxome chegar esta fotografía, e decidín que (para min, a lo menos), tamén é arte.
Son os alumnos da Academia Bóveda no Nadal do ano 66.

19/12/09

"Los tres conventos de San Francisco"

Excepcional traballo, do padre Doroteo Calonge, dando conta dos detalles referentes a chegada, e vicisitudes que pasaron os Franciscanos na cidade de Ourense, todo elo ilustrado con unhas moi boas imaxes, das que tentarei mstrarvos algunha os poucos.
Data do ano 1949, e a imprenta foi a de Osera "Hodire".
Por desgraza non e sinxelo atopalo, no meu caso teño que darlle as grazas o amigo Candido Ventim, quen me permitiu achegarme as suas paxinas.

18/12/09

Doutor Fleming, Bouzo e Paco Paco

Aclarareivos a que se refire iste extrano titulo.
Envioume estes días o amigo Guillermo Álvarez, estas catro imaxes da rúa Doutor Fleming, véndoas é fácil darse conta do "pouco" que mudou esta rúa.
O asunto é, que as dúas fotografías en branco e negro, relacionan a outros lectores do blog, dos que xa falei noutras ocasións, pero os teño un pouco esquecidos.
O cartel do primeiro está moi clariño, "Antigüidades Bouzo", esa foi a primeira localización do negocio do pai de Daniel Bouzo, posteriormente trasladouse á Praza do Trigo.
Filtráronme certas informacións, relativas a actividades cinéfilas e musicais que levaban a cabo neses negocios, pero me gustaría ter información de primeira man, así que esperemos que Daniel nos ilustre.
Nesta outra fotografía, coido que posterior no tempo, vemos a tres damiselas e un cabaleiro, que segundo teño entendido, son familia de Don Francisco Ropero, (Paco Paco), o cal tamén ten o blog á súa disposición, pra contarnos algunha anécdota da súa estancia na cidade, soa por aí un asunto dunha xavelina, que precisa de aclaración.


Fai xa algún tempo que Lisardo Mazaira me facilitou as dúas primeiras fotografías, polo cal teño que agradecerlle a el tamén a súa colaboración, de feito sen menosprezo a ninguén, é quen máis me axuda, tamén é certo que el é do gremio da fotografía, ademais dun namorado da historia da cidade, o que fai que lle resulte mais sinxelo.
Por certo se que lle gustaría ter unha colección fotográfica das esquinas das rúas ourensás ao longo do tempo, se queredes axudarlle, ofrézome de intermediario.

17/12/09

O campo das Bestas

Fai uns días, preguntáronme por mail, se podería dicirlle onde se situaba exactamente o Campo das Bestas, (lugar onde transcorre o desenlace da Esmorga, de Blanco Amor).
Teño que recoñecer, que non teño unha resposta indiscutible. Cando lin a obra por primeira vez, fíxenme a idea, de que se trataba da zona das Lagoas, próximo aos alicerces do viaduto, (onde había unha fábrica de cerámica), supoño que o ler esta frase
"Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá",
e os datos que aparecen antes desa frase, foron os que levaron a pensar nesa localización.
Tiven ocasión o mércores pasado de charlar un momento co profesor Monxardín, quixen aproveitar para saír de dúbidas, e fíxenlle a consulta; o caso é que non conseguimos chegar a unha solución definitiva, e aínda por riba, me amplo as opcións, ao advertirme de que estaba limitando as lagoas, á zona hoxe así denominada, pero antigamente era máis ampla, achegándose ao actual Parque de San Lázaro.
Sigo coa dúbida, se algún podedes achegarme algunha suxestión, gustaríame que o fixésedes.
Disculpade que repita a fotografía, pero e a millor que teño da zoa

16/12/09

O surtidor da alameda

Esoutro día, na xuntanza, o amigo Santiago Mosquera, tiña interese en saber se alguen tiña coñecemento da existencia dun surtidor de gasolina na Alameda (Bispo Cesareo), o certo e que ninguen o lembraba, a pesares de que vendo esta fotografía, mais dun dos que por alí andaban, tivo que pasar por de diante dese aparato.
A fotografía e unha clara pista que delata a sua existencia, ainda así, e pra despexar todalas dubidas, se algun de vos lembrase del, a ver se pode aportar algun dato mais.
Non vaia ser que se tratara dun telefono dos taxis, (pola pinta non vai ser), ou dalgun extrano artiluxio.
Durante a xuntanza, o falar diste tema, sairon a luz a existencia dun surtidor preto da Imprenta "La Industrial", caseque na esquina da rúa de Reza, (existen fotografías xa del, e podese ver no blogue), e outro preto do "Roma", este segundo non temos imaxes que o corroboren, se alguen a pode aportar agradeceriamosllo.

15/12/09

Outro exercicio II

Grazas o amigo Candido Ventim, tiven acceso a esta imaxe.
Loxicamente non entra no grupo das que quero ensinar istes días, xa que ten bastantes aniños, pero supoño que o mesmo que chamou a miña atención, a vos tamén vos gustara vela.
Non vou decir onde e, esa e a vosa misión, agardo os mails.
Ventim escusa mandar mail, xa sei quil sabeo.

Salesianos 46

Sabedes o conto daquel sastrecillo, que logo de liquidar a sete molestas moscas, dun só golpe, saíu presumindo diso á rúa??.
Pois neste caso é algo parecido, eu con esta fotografía, cubro tres obxectivos:
1º froito da reunión do sábado, recibín, e sigo recibindo (grazas), material marabilloso pra o blogue; esta fotografía que me facilitou Norberto Tabares Feijo, é unha delas. Pois ben estes días veredes algunha das imaxes que compartimos ese día.
2º esta semana comprometinme, ha publicar material, que non se afastase moito no tempo, e que a maioría puidésemos recoñecelo, por habelo visto en persoa, pois ben, a fotografía é dun grupo de alumnos do ano 46, co cal non todos (por desgraza), pero moitos aínda se poderán recoñecer.
3º sérveme tamén, para continuar recordándovos, que iste ano os Salesianos están celebrando o seu centenario da chegada á cidade.
Se recoñecedes a algún dos personaxes, podedes dicirmo por mail, e poreino para axudar a recoñecer esas cariñas que un pouco mudarían, non si?.
Don José Saburido, Don Olegario, e un xoven Elpidio Tabares, xa vos digo eu que están na imaxe.

14/12/09

A Torre en Obras

Nos últimos tempos, é un pracer descubrir, que sodes moitos os que gozades destas vellas imaxes.
Fai poucos días pedíronme que colgase imaxes das obras da torre, e eu só puiden pór unha, imaxe na que de lonxe, podíase ver que aínda non estaba rematada, e dicía que me gustaría poder colgar algunha mellor.
De forma case inmediata, comentáronme da existencia destas dúas; a primeira realmente clarificadora, conseguiuna o amigo Manolo, Web máster de http://www.canedo.eu/ , e supoño que a Don Florentino Moretón, (que é quen lla cedeu), non lle importase que eu a utilice; a segunda envíama o amigo Juan Valencia, e aínda que non se observa todo o ben que nos gustaría a torre, serve pra decatarnos, da coexistencia das obras, coas do edificio de en fronte, aquilo debeu ser un caos circulatorio, non quero imaxinarmo hoxe en día.

13/12/09

A xuntanza do sabado

Xa sei que notouse moito a improvisación; Amador por exemplo non chegou aos ibéricos, e algún queixouse de que as chourizas, faltaballe un pouco de fume (dadevos conta que os caseiros xa se sabe...), certo que o queixo e o pan escasearon, por non falar dos petiscos quentes, que aínda faltáballes unha horiña de desconxelación. Humildemente pido desculpas, e prometo intentar corrixir eses erros o sábado que vén, polo de agora xa teño encargadas unhas centoliñas, que seica andan de oferta no "Jrove". Nesta tivemos asistencia medica, (moi cualificada de certo); non teño confirmación de servicio medico o sabado que ven, asi que o que quera ter libre acceso as viandas, que traia unha autorización do de cabeceira, eu non quero ter cargas de conciencia, e alí todos pasabamos dos vinte.
Bromas aparte, non teño máis que palabras de agradecemento, cara aos que me fixestedes a honra de acudir á convocatoria.
O sábado 19 estaremos outra vez no liceo a partir das cinco da tarde, se non nos ves no patio de columnas, pregunta aos conserxes, por certo grazas tamén ao Liceo, pola súa amabilidade e excelente colaboración.
Grazas
Se algún quere escanear algunha fotografía, que a traia, e despois envíolla por mail.
Como xa vos dariades conta a fotografía que ilustra a convocatoria, non e dos que estivemos o sabado; tratase dunha das fermosas imaxes que me ten deixado Don Norberto Tabares, e nela vemos o seu bisavo, facendo un brinde, con outro cabaleiro, que non me atrevo a aseguralo, pero pra mín que se trata de Don Amador Villar Amor, agardo que algun parente proximo poda darme unha resposta, a data polo que me dín e o ano 1900, e a ubicación e descoñecida.

Oira

Fotografía cedida polo amigo Ventim
Compracer a todo o mundo, é unha misión imposible, seino por os vosos mails, que uns prefiren fotografías máis recentes anos 50 a 70, e outros gozan mais coas anteriores.
Aínda que intento alternar temas, vexo que non o consigo, revisando as últimas entradas, funme afastando no tempo, para intentar compracer aos que queren algo máis recente, farei unhas cantas entradas "actuais".
Hoxe ensínovos, o aspecto que tiñan as primeiras piscinas de Oira; xa coñecedes a barcaza que se instalaba no rio, (se non o lembrades buscala polo blog que por aí anda).
Pois antes de facer o vaso actual, fixéronse estas, que vedes na fotografía, loxicamente en pouco tempo, quedo demostrado que eran de todo punto insuficientes, polo cal houbo que construír as que hoxe coñecedes.

12/12/09

Calzados Layton



Algún dos novos, que siguen o blogue, poderia pensar que Layton, era o nome dun clube deportivo da cidade, e non era asi; non lembro cando pechou, (penso que cara os 70), pero "Calzados Layton" foi unha das millores firmas que tivemos en Ourense, como podedes observar na postal, tiña despacho en Ourense e mais en Vigo.
O que si e certo, e que colaborou de xeito habitual co deporte na cidade, o seu equipo de basket, foi dos mais competitivos que tivemos por eiqui.
A fotografía dabaixo, da colección da amiga Reme Fitera, poñovola, pra que podades ubicar ven o local que tiña na rúa do Paseo, a letra "S" que tedes na esquina esquerda, e do rotulo, da confetaria "Ramos", hoxe diriavos que estaba xunto o "MarYan" do Paseo, pero nos anos cincuenta nin siquera estaba a camiseria "Aser", e pra ser sincero, non sei cal era o negocio que ahí estaba, pola fotografía, vexo que era un negocio de pañeria, de Vda. de Roman, pero non o coñecín.

11/12/09

Triunfo F.C.

Fotografía do Arquivo de Norberto Tabares Feijoo, e que tamén ten copia Felipe Fernandez Chacón.
De pé pola dereita José Anta García coñecido por "O Pinilla".- Gustavo Ulloa.- O terceiro e o militar están sen identificar.- Felipe Durán (coido que Fernández Duran, pai de Felipe Fernandez Chacón) o sexto sen identificar . Daniel Durán, e esquerda sentado Elpidio Tabarés Merino (o pai do amigo Norberto).

Un novo colaborador, leva uns días, enviándome magníficas xoias que garda no seu álbum, hoxe estreo as súas colaboracións no blog, con esta fotografía, por diversos motivos.
Antes de nada agradecerlle a Norberto Tabares, a súa axuda, e colaboración, en nome de todos, pero ao mesmo tempo síntome en débeda con el de xeito persoal.
Explícovolo, no meu álbum familiar estaba a fotografía que vos ensino ao final da entrada, e non conseguiamos saber quen podían ser os deportistas, e/ou o motivo de estar esa fotografía xunto ás do meu avó; grazas aos datos de Norberto, agora sabemos que, quen pousa con xesto moi serio, ante Don José Pacheco, era Don Gustavo Ulloa, amigo do meu avó. Grazas.

Outro motivo para facer esta entrada, é seguir colaborando a que o blog amigo
poida seguir reconstruíndo a historia do fútbol local, (a fotografía inferior, xa sabe que está á súa disposición, e a do equipo supoño que non haberá inconveniente).
Con tanta explicación, sinto que os datos que facilito da imaxe, sexan escasos, pero que se lle vai a facer.
O Triunfo F.C. é probablemente un dos primeiros equipos de fútbol que tivemos na cidade, (outro que en breve mostrareivos foi o "Royal" de Alexandre Bóveda), creo non equivocarme, ao datar os seus comezos, na primeira década do século XX, (1916, máis ou menos, pero con pouco marxe de erro), e probablemente o campo de xogo fose o Campo de Aragón (San Francisco); o campo Loña non se pode descartar, pero xogando a adiviños, e tendo en conta o que se ve nas imaxes, (xogo con vantaxe, porque eu vin a do Royal).

Para os que seguides o blog, xurdiranvos dúbidas sobre como encaixar os equipos Numancia e Burgas, que xa apareceron fai tempo por aquí. Aclararvos que probablemente fosen coetáneos, aínda que os xogadores destes dous equipos, eran máis novos que os que hoxe vos presento. Teño moitas dúbidas sobre a cronoloxía do fútbol Ourensán, pero en próximas entradas que farei do tema, intentarei desfacer a lea, paciencia.

10/12/09

Agasallo (Álbum familiar)

Pido desculpas de antemán os habituales do blog, pero e que esta fotografía vai dedicada a un soo deles, e loxicamente, a maioria non a entenderes.
Ano 62 Domingo de Ramos na catedral, xa fai deso 47 anos, e tu xa tiñas????.vota contas.
Felicidades e unha forte aperta.
Por si el tiempo y la distancia te han hecho olvidar nuestro "gallego", (no se te ocurra coger un diccionario, para evaluar el mio), aperta es un abrazo.

A solución (Alfredo Manuel Cid Gonzalez)

Fotografía da colección de Don Santiago Mosquera
Xa me gustaria a mín ter a solución, non pra esta dubida, senon pra os problemas de verdade, pero non, dende logo que non a teño.
O que si que a ten e o amigo, Alfredo, quen no último intre enviou un mail que da solución a toda las dubidas, e achega gran cantidade de datos.
De feito decidín considerar a sua resposta, como unha entrada remitida por el.

"A primeira fotografía corresponde ó que se chamaba "Camiño da Fonte do Bispo" e hoxe debe se-lo final da rúa de Pura e Dora Vázquez. A última casa da esquerda, de baixo e planta, xa non existe dende que se urbanizou Villa Valencia sobre os anos 70. E detrás dela aparecen, transversais, outras dúas casas; unha debe de ser o 2 de Villa Valencia e outra, da que se ve unha esquina da fachada, é a propia Villa Valencia, así chamada porque a construíu o meu avó materno, Manuel González Valencia, casado con María Lage Valencia, a miña avoa. O avó púxolle o seu apelido para que os carteiros soubesen onde entrega-las cartas, xa que pola zona apenas había casas (de feito, nos recibos da luz dicía "Salto do Can") . Logo construíronse mais casas e por comodidade, a xente empezou a chamarlle Villa valencia a toda a rúa e "travesía de Villa Valencia" á actual rúa de Alexandre Bóveda.
A segunda está tomada uns metros máis a esquerda, evidentemente dende o outro lado do río (probablemente no que era lavadoiro das Burgas). A casa medio asolagada era a "taberna do Angelito". Detrás dela vese a da "Estrella" que era a dona da mercería que había no baixo, De alí ata o río había unhas construcións precarias, que seica se fixeron para substituí-las arrasadas na riada de 1945. Lembro unha perruquería, a tenda da "Paca" e un zapateiro remendón; establecementos todos dos que fun cliente. A taberna e a mercería estaban nun cruce no que á esquerda se ía cara Ponte Pelamios e á dereita por un camiño estreito que cruzaba a rúa de Villa Valencia pola parte de abaixo e logo seguía como "Camiño da Fonte do Bispo". Para pasar dende a recentemente derrubada Casa de Baños ata o camiño que subía a Ponte Pelamios e Villa Valencia, había unha pontella, tamén construída trala riada do 5, que con todo seguridade está debaixo do nivel do río. A zona estaba tan mala alumeada, que unha noite, que non funcionaba a bombilla de Casa de Baños (a seguinte estaba nun pau fronte á taberna do “Angelito”), empecei a notar mentres cruzaba a ponte unha humidade nos pes, e é que a auga xa me chegaba á altura dos nocellos e coa escuridade non se vía.
Na terceira se que me colledes un pouco despistado; pero pola falta de edificación nas beiras dos muros poderíase situar po entre o Parque Barbaña e o barrio de Portocarreiro, que daquelas era pouco máis ca monte.
Eu vivín media vida no 2º piso da Villa Valencia, Estas historias para min son cousa de onte pola tarde, pero entendo que, cos cambios que sufriu Ourense, semellen relatos da época dos castros polo menos".
Alfredo Manuel Cid González
Sabedes que o premio e humilde, e dou por feito, que Don Alfredo non tera inconvinte en compartilo con todos nos.
Eiqui tedes o prometido, a fotografía da Ponte Maior.
Con exactitude non podo dar a data (como case sempre), pero tendo en conta as fotografías que formaban o lote que me deixaron, penso que non debe ser anterior o 1890, nin posterior o 1915, xa sei que e un marxe moi amplio, pero non teño datos pra aproximalo mais, sintóo.
Poñovos a orixinal, tal e como mo deixaron; e o que tedes arriba. Abaixo esta unha das miñas chapuzas de retoque, agardo que sexa do voso agrado.
Grazas polos mails, que recibín, tentando botar unha mán, sempre son benvidos.

8/12/09

Xuntanza da Familia Romero Pelaez


Non, polo de agora non se trata de organizar unha reunión familiar dos Romero Peláez, xa se andara, pero primeiro haberá que salvar o escollo da distancia, Costa Rica, non está precisamente á beira do Padornelo.
Eles resolverán o problema, o que eu fomento con esta entrada, é o reencontro de dous irmáns, que por circunstancias da vida estiveron separados durante moitos anos.
Don Felisindo Romero Peláez, foise definitivamente pra Costa Rica, no ano 1906; antes de emprender a viaxe, en 1901 visitou o estudo de Don José Pacheco, e encargou un retrato, que levo con el na súa viaxe, (ese retrato xa esta publicado no blog), e é o que conserva a súa neta, Carmiña Romero, o que non sabiamos, é que Don Felisindo xa coñecía aquelas terras, como demostra o retrato que hoxe vos mostro del, realizado en San José de Costa Rica o ano 1898, este segundo permaneceu nestas terras, acompañando ao de Dona Albina Romero, a súa irmá, durante todo este tempo.
Con esta xuntanza damos por rematado o caso; o que non descarto, e que me faciliten alugunha fotiño mais. A parte ourensana da familia, seica ten gusto pola historia, co cal unha maniña en forma de algunha entrada, xa nos enviará.

7/12/09

Outra riada (66-67-68????) III Exercicio

Terceira e última da serie da riada, nela xa atopamos datos dabondo, aínda así non e sinxelo, ubicala.
Non tiña intención de por datos das achegas, pero algunha protesta polo escaso da información, fixome mudar de idea.
Segundo parece, as opcions mais validas, son a trasera da Carcere de Progreso; diante do Rianxo, na Praza de Abastos; e algun di que proximo a desembocadura, onde se xunta co Miño, (detras da rúa Antonio Puga), esta última e a que menos me parece, pero....
Xa volo advirto, eu non o sei con certeza, así que a solución depende de vos.
O día 10 poreivos os datos que teña, e o premio.
Ehhhh, nin can.
O premio como xa vos dixen e porvos unha fotografía da Ponte Vella, sorprendentemente inedita.

6/12/09

Cocktail do Auria

Desculpade a calidade da fotografía, enviaronma escaneada, e pouco se facerlle.
Nesta ponte, en moitos fogares, comezan os preparativos do Nadal, poñer o arboliño, o belen, e todos os adornos tipicos destas datas, (hoxe os rapazes dirian "miticos", sera así).
Coma sempre os homes escoitaremos veladas acusacions de "discurrir" o bulto, (por certo, vai haber que buscar outra frase pra o tema, hoxe con tanto metro sexual que anda por ahí, os do bulto cada vez somos menos, e non e cousa de apandar co bulto e o resto), o caso e que pra disimular un pouquiño e pàreza que estamos a facer algo, o amigo Chicho, barman do añorado Auria, traenos a receita dun cocktail, que poderiamos catar esta fin de semán, e se gusta, facelo pra toda a familia, (adultos), no nadal.
Non sei se o "Parfast Amour" sera sinxelo de atopar, veremos se no colmado da Praza Maior, ou no outro que hay en Progreso, dende que pechou o Santorúm do lado da miña casa, ando perdido nos temas de delicatessen. (por si es caso preguntade tamén por "Parfait Amour", non vaia ser que teña un erro de imprenta).

5/12/09

Outra riada (66-67-68????) II Exercicio

Fotografía da colección de Juan Valencia
Eiqui tedes a segunda das imaxes da riada, nesta xa podedes observar algunha construcción que pode axudar a ubicala, pero eu non o vexo nada facil.
O luns tedes a terceira e última.

4/12/09

Aparcadoiros

Tráiovos hoxe esta fotografía, do gran Rizo, outro pensaria que era tirar carrete, por sorte don Xosé Vazquez Arias, decatouse que este tipo de retrato, axudaria co tempo, a facerse unha idea de como era a vida naqueles tempos.
Nesta ocasión, podedes comprobar que o problema de aparcadoiro, xa é algo que co que convivimos desde fai tempo.
Na imaxe, vemos a un sufrido industrial, (daquelas había que facer case todo persoalmente), intentando estacionar o seu "tráiler" nunha rúa da vila de Celanova, posiblemente con intencións de encher para continuar viaxe, o problema teno, ao atoparse xa estacionado outro "vehículo", baixo a atenta mirada do seu propietario quen vixía un posible rozamento nas defensas da súa propiedade, non vaia ser que se teña que ir visitar o chapista.
Gozade da fotografía, e non perdades o tempo intentando buscar parecidos entre os personaxes retratados, e algún parente e/ou coñecido.
Polo si ou polo non, xa vos informo, que non forma parte do meu álbum familiar; aínda que agora que me fixo, o que está mirando cara a tras, tenme un aire?...., non!, non pode ser, este vese que é moreno, e o outro ten o pelo castaño.
Divertídevos na ponte, quen o teña.

3/12/09

Outra riada (66-67-68????) I Exercicio

Fotografías da colección de Juan Valencia
Esoutro día ensineivos una fotografía da riada, ou enchenta do ano 45, xa daquelas comentei que non habia sido a unica das que o "humilde" e nada ben tratado Barbaña, tivo na historia.
O amigo Juan Valencia, deixoume unas imaxes, espectaculares doutra delas, a fecha non esta clara, pero non andara moi lonxe das que me apunta Juan (67-68), añadín o 66 por consello dun rapazote amigo meu (ten certa idade, e xa se sabe a idade da experiencia).
O caso e que tampouco temos ben localizada a ubicación, así que xa tedes traballo pra os días de troula que se aveciñan, o sabado poreivos a segunda, e o luns a última; aínda que no medio me enviedes mails, non farei uso dos datos nin opcions que me deades, pra non liar os que teñan dubidas.
O xoves 10, porei as achegas, e de agasallo unha fotografía, (penso que descoñecida) da Ponte Romana. Agardo as vosas suxerencias

2/12/09

A fábrica dos Mosquera

Don José Mosquera López
Non fai moito tempo fixen unha entrada falando moi pouquiño, (non sabia mais), desta empresa orensana, estes días recibin estas fotografías, (e algunha mais), que me envia un novo amigo, e aparte de darlle as grazas, teño que admitir que xa me fixo el mesmo a entrada, con que leades o texto, procedente da revista do Ministerio de Traballo, e vexades a fotografía, xa teredes datos suficientes pra facervos unha idea do fundador e da empresa.
Terei que facer algunha entrada posterior, xa que aínda quedaron imaxes no arquivo, e teño que presentarvos a Don Manuel, quen abriu a tenda de Calzados na rúa Lamas Carvajal, pero polo de agora eiqui tedes estas.
Grazas Don Santiago

1/12/09

Antes de Don Pegerto

Soamente, uns poucos de vós, entenderedes o titulo desta entrada, para ser sincero creo que soamente os seguidores do blog de David Paz Novoa
Nel, David, dende hai tempo, estanos a contar a historia do seu bisavó Pegerto Novoa; pois ben a historia detívose neste enclave, o numero 6 da Rúa Luís Espada.
Aínda que agardo que continúe co relato, o xa escrito vaime axudar a retroceder no tempo e tentar datar a escena que aquí vos traio.
En 1933 don Pegerto solicita permiso para abrir tenda de ultramarinos anexa ao seu restaurante, e presenta este deseño de fachada, como podedes ver a imaxe ten que ser anterior, o local estaba sen construír, e por certo, non se si a fachada proposta por don Pegerto chego a edificarse, eu só lembro a fachada da lencería España, caída fai ben pouco tempo, e en obras actualmente.
En agosto de 1930, don Pegerto faise cargo do Bar Restaurante "Universal", e como nos di David, instalou un letreiro luminoso na fachada, á parte doutro indicativo na rúa Progreso, creo que é evidente que esa fachada non goza do resplandor de luces rechamantes.
En 1926, Don Bienvenido Pardo Esperanza, inaugura o Bar Universal. Nese momento acábanse os datos facilitados por David, e ben podería ser que esa fose a data da imaxe; fixarvos que o balcón loce bandeiras, tanto na varanda, como nos mastros, e unha vivenda particular non adoitaba ter ese tipo de ornamento.
Aquí comeza a especulación, e aínda que cada un empregará a súa imaxinación, eu decántome por datar a imaxe ao redor dos anos 20, (ou un pouquiño antes incluso), fixadevos nos traxes dos acompañantes da comitiva festeira.
E aínda mais, fixadevos nos xigantes, dende logo non se trata do Rei e a Raiña, que foron (e son?) os últimos en ter o honor de desfilar na cidade, teño tamén unha dubida que fai que a datación se faga mais dificil, se vos fixades non se ven cabezudos, e sabemos que dende o ano 1899 sempre acompañaban os xigantes; antes desa data, dende o 1865, as "almazonas", (como aínda se lle chama nalgunas zoas do veciño Portugal), ian soiñas pola rúa, (o de soiñas e un dicir, xa que sempre iba toda a rapazallada xunto a eles, gardando as distancias, non fora ser que un xiro violento do xigante fixera que as grandes mans que tiñan, estoupara na testuz do mocete), e xa que falamos dos xigantes, polos meus datos este da imaxe, ben poidera ser o primeiro que detentou ese honor; o sombreiro que leva, e unha chistera, e o que o amigo Ático Noguerol plasmou no 35 lembrando a súa infancia, nun dos seus dibuxos, levaba bombín, (inventos-chistera 1797, bombín 1850), para..........., xa me acelerei.
Deixaremos o tema dos xigantes e cabezudos pra outra ocasión, de repente o feito de non ver os "ananos" cabezudos, e sinxelamente por que andaban trouleando tras os rapaces (escaparían do fotografo cos seus "terrorificos" artilugios).
Pra que non vos vaiades moi lexos nas vosas pesquisas, a rúa do Alba, abriuse cara o ano 1867.