Páginas

24/12/09

F.C. Royal (1920)

Grazas ao amigo Norberto Tabares, tiven acceso a esta fotografía, (algúns xa a coñeceredes, porque segundo infórmame o propio Norberto, tena cedido xa para varias publicacións), e aos datos sobre os personaxes da imaxe.
Como vos dixen fai varias entradas, o Clube de Futbol "Triunfo", (ver entradas da semana pasada), fusionouse cara ao ano 1921, co Futbol Clube "Royal", (desa época tamén era o Galicia, pero iso é outra historia), a fotografía que Norberto nos ensina, ten un valor engadido, e é a presenza dun gran afeccionado ao fútbol, Alexandre Bóveda, (outra entrada que teño pendente, pero todo andarase).
Fai uns anos, coa axuda doutro personaxe de Ourense, foise dando nome á maioría dos retratados no campo Loña en 1920. Este personaxe foi Don Armando Fernández Mazas (Chocolito), e o resultado foi este:
De esquerda a dereita, vestido con chaqueta, e unha banderola na man, o mozo Alexandre Bóveda (17 anos) - Camilo - Elpidio Tabares Merino, (Norberto coñecíao ben) - José Sánchez Moure - Armando Fernández Mazas (Chocolito) - Eduardo Sánchez - Genaro (Gorrión) - Jesús Goyanes - Paco Reverter - Eduardo Álvarez.
Sentados Enrique Gutiérrez e Antonio Gómez.
Por se xa a fotografía tivese pouco valor con este cadro de persoal, detrás dos xogadores, e como sempre facendo gala da súa elegancia, aparece con chapeu o entrañable "Chaviñas".
Non me esquezo que prometín pór orde nos meus arquivos futbolísticos, e procurar dar unha orde cronolóxica dos equipos, pero non resulta sinxelo, cando creo que case o teño, aparece algunha nova fotografía que me trastorna todo, estes días ando perseguindo o permiso para publicar unha, que posiblemente sexa do primeiro equipo da cidade. Verase.
Feliz Noite para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias