Páginas
26/7/08
Unha amiga nas Burgas
O meu amigo analfabeto (Penedo "La Codorniz" 1963)
21/7/08
Diario "La Región"

18/7/08
Plano Ourense 1923?
Este plano publicouse nun folleto do "Patronato Nacional de Turismo", non especifica data, pero varios datos axúdannos a situalo de forma aproximada.
- Estación en Vicente Risco.
- Os nomes de Hospicio e Alba nesas dúas rúas
- A existencia da Ponte Nova.
- A falta da rúa Xoán XXIII.
Fannos supor que é dos anos 1923, ao 1927*. De todos os xeitos non é moi fiable, non ten a rúa San Miguel entre outros detalles.
*Corrección feita por Don Manuel Domínguez Quiroga
Fosfo Glico Kola (1903)

Estatua de Don Ramón
17/7/08
A Catedral

14/7/08
Acea do Cachon

11/7/08
"As Burgas"

Grupo Escolar nº 1

8/7/08
"Cuevillas"
Nos anos seguintes compaxina este labor coa investigación e a política. As súas primeiras mostras literarias foron colaboracións -en castelán- de carácter sociopolítico en publicacións locais, como La Centuria ou El Miño.O seu ingreso nas Irmandades da Fala, arredor de 1918, levaríao a vencellarse ao galeguismo. Así, Cuevillas participa dous anos despois no nacemento da revista Nós, xunto a Risco e Castelao, entre outros.Nela editou o seu primeiro e máis salientable artigo, Dos nosos tempos, onde explica o significado do Grupo Nós e a súa trascencencia para a cultura galega.
Xa en 1921 publicou A mansión de Aquis Querquernis, un estudo sobre a Galicia prerromana.Esta predilección pola arqueoloxía levouno a dirixir a sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou en 1924.No seo da institución desenvolveu numerosos estudos, promoveu a creación do Catálogo dos castros galegos e contribuíu ao uso da nosa lingua.Estas actividades quedarían truncadas en 1936, co comezo da guerra civil.Tras a contenda seguiu publicando os resultados das súas investigacións. É o caso de La civilización céltica en Galicia, de 1953.Cuevillas faleceu en Ourense en 1958 dous anos despois de se retirar.
De xeito póstumo saíu do prelo en 1962 Prosas galegas, 1920-1958, unha obra que compila os seus artigos de carácter literario e ensaístico.A súa produción no eido da investigación foi difundida a través de publicacións como Nós, os Arquivos do SEG, o Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense ou os Cuadernos de Estudios Gallegos.

7/7/08
Aldraba na Praza do Ferro (O pé da Ferraxería LLamas)
Autos na Rúa Vigo-Villacastín
Como se pode ver nesta fotografía, a xente da época non vivía tan mal, simplemente había pequenas diferenzas, no canto de dous cabalos, tiñan coches dous bois, a dúbida que me asalta, é se era o vehículo do transporte de equipaxes do "Roma", o transportista de COFANO, que traía os medicamentos á Farmacia Fabrega, un provedor da Ferraxería Arean, ou o coche oficial do Presidente da Deputación do momento.4/7/08
O "Chalet" dos Irmáns Maristas

As Animas (conto de Xulio Borrajo)

2/7/08
"Vicente Risco"
Vicente María Agustín Gerónimo Martínez Risco y Agüero (1884 -1963)
A verdade, é que me falta tempo, queixáronseme de que faltan moitos "Ourensáns", ha falta de biografía , colgo a de bigrafiasyvidas.com e unhas fotos de Don Vicente Risco. (En calquera momento procurarei mellorar a entrada (perdón))..jpg)



Escritor español en linguas galega e castelá.
É un dos creadores da prosa galega moderna.
Fundou a revista Nos (1920), que orientou a vida cultural galega ata 1936.
Dos seus ensaios sobre historia, política e cultura galegas, cabe mencionar
Teoría do nacionalismo galego (1920),
O problema político de Galicia (1930) e a súa
Historia de Galicia (1952).
Da súa obra narrativa en lingua galega sobresaen as novelas
O coto (1925),
O porco de pé (1928) e, en castelán,
A porta de palla (1953).












