Páginas

8/7/08

"Cuevillas"

Florentino López Alonso-Cuevillas (Ourense 1886-1958)

Biografía da Web "dias das Letras Galegas"
Estudou Farmacia en Compostela e Filosofía e Letras -que non rematou- en Madrid.
Sen chegar a exercer como farmacéutico, e de volta en Ourense, comezou a traballar como funcionario da delegación da Facenda Pública.Nos anos seguintes compaxina este labor coa investigación e a política. As súas primeiras mostras literarias foron colaboracións -en castelán- de carácter sociopolítico en publicacións locais, como La Centuria ou El Miño.O seu ingreso nas Irmandades da Fala, arredor de 1918, levaríao a vencellarse ao galeguismo. Así, Cuevillas participa dous anos despois no nacemento da revista Nós, xunto a Risco e Castelao, entre outros.Nela editou o seu primeiro e máis salientable artigo, Dos nosos tempos, onde explica o significado do Grupo Nós e a súa trascencencia para a cultura galega.Xa en 1921 publicou A mansión de Aquis Querquernis, un estudo sobre a Galicia prerromana.Esta predilección pola arqueoloxía levouno a dirixir a sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou en 1924.No seo da institución desenvolveu numerosos estudos, promoveu a creación do Catálogo dos castros galegos e contribuíu ao uso da nosa lingua.Estas actividades quedarían truncadas en 1936, co comezo da guerra civil.Tras a contenda seguiu publicando os resultados das súas investigacións. É o caso de La civilización céltica en Galicia, de 1953.Cuevillas faleceu en Ourense en 1958 dous anos despois de se retirar.
De xeito póstumo saíu do prelo en 1962 Prosas galegas, 1920-1958, unha obra que compila os seus artigos de carácter literario e ensaístico.A súa produción no eido da investigación foi difundida a través de publicacións como Nós, os Arquivos do SEG, o Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense ou os Cuadernos de Estudios Gallegos.
Na segunda fotografía, con V. Risco nunha visita a San Cibrán de Las (da web Ourensanía)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias