Páginas

1/6/12

Quen era?



  Cando escribía a entrada de onte, íaseme ocorrendo unha idea, que vos comento, para ver se vos apetece aproveitar unha parte do voso tempo libre de verán, axudando a catalogar polo menos unha fotografía (se queredes tedes as portas abertas a facelo con todas as que queirades).

  Entre as numerosas imaxes que custodian no Museo Etnolóxico de Ribadavia, encóntrase unha copia desta que hoxe vos mostro, coa diferenza de que a súa copia por detrás ten referenciados a todos os personaxes da fotografía. (Outra copia da que dispoño grazas ao amigo e "vello Mestre" Augusto Guedes só ten a lenda "Comida de irmandade".)
   O caso é que en ocasións ter o nome, non quere dicir máis que iso, que sabemos o nome; pero realmente descoñecemos quen era o personaxe; esta fotografía mostra personaxes sobradamente coñecidos, por todos os ourensanos, Estanislao Reverter, Manuel Malingre, Alfredo Romero, Jesús Soria; outros dos que o seu nome nos resulta moi familiar, pero realmente poucos son os datos que podemos achegar sobre a persoa, Alejandro Veiras, Emilio Amor, Perille, Constantino Añel, e finalmente os que polo menos para min son practicamente descoñecidos, Nicolás Muñoz, Adolfo Otero, etc.
   Supoño que xa deducistes cual é a miña intención. Durante o verán a ver se somos capaces de facer unha pequena biografía de todos estes ourensanos que aparecen na fotografía.

   Intentando seguir o modelo de catalogación do amigo Cesar Llanas do M.E.R. Empezaremos por describir e identificar a imaxe.
     .- Fotografía dun grupo de homes, en exterior ao lado dunha edificación.
   Ampliaremos datos aproveitando coñecementos previos.
  .-Correspóndese cunha comida de irmandade dos membros da corporación municipal gobernante no período 1923-1930, que se fotografan ao lado do depósito de auga de San Francisco, habitual lugar de celebracións durante aqueles anos.
   Continuaremos achegando os datos que xenerosamente se nos achegaron na traseira da propia fotografía
   I ª FILA: D. ESTANISLAO REVERTER - D. XUSTO MENDEZ AGUIRRE - D. JOSE PERILLE POUTA - D. JESUS SORIA - D. ALFREDO PEREZ SERANTES - D. MANUEL MALINGRE LUDEÑA - D. ADOLFO OTERO - D. MANUEL CONDE FIDALGO - D. ADOLFO PEREZ RESVIE - D. NICOLAS MUÑOZ - D. LUIS PEREZ COLEMAN - D. AVELINO RODICIO - D. ALEJANDRO RODRIGUEZ VEIRAS - D. ARTURO ESTEVEZ - D. JOSE FERRER - D. AUGUSTO QUELLE - D. RAFAEL SAS MURIAS - D. JOSE MOSQUERA - D VIRGILIO LOPEZ.
 2ª FILA: D. CANDIDO CID - D. JULIO GARCIA DEL VILLAR - D. JORGE HEREDIA - D. CONSTANTINO AÑEL - D. MARCIAL GINZO SOTO (EXCELENTÍSIMO Sr. ALCALDE) - D. ALFREDO ROMERO - D. EMILIO AMOR ROLAN - SR. CAMBA - D. MANUEL ROMAN - D. CONSTANTINO BOUZO. SENTADO NO CHAN: D. CARLOS VALENCIA.
   Para finalizar faltaría realizar o que vos propoño hoxe: achegar datos das biografías persoais. Bo realmente tamén faltaria a datación exacta, e a confirmacion da autoria, pero non sei se sera factible, polo momento deixemoslo en que o fotografo foi Augusto Pacheco, (o mais intelixente seria decir que a fotografia era do estudio Pacheco, pero arriscome a asinala o fillo Augusto en vez de o pai José, xa que a maioria das imaxes de exterior son cousa sua desde que entrou no estudio; non se pode descartar tampouco que Luis Xesta tivera algo que ver), e a data entre o 1924 e o 31.
Eu irei engadindo semanalmente polo menos unha, pero espero a vosa colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias