Desmantelando el edificio conocido como casa Suances diseño de Conde Fidalgo. |
Parece que vos gusto a petición do venres, e estades dispostos a colaborar coa catalogación da fotografía.
Para que sirva de modelo, pero advertindo que tedes liberdade total para estendervos todo o que queirades, eu propóñovos estes dous exemplos.
Manuel Conde Fidalgo
Un dos maiores expoñentes da arquitectura en Ourense, e por fortuna un dos que máis obras se respectaron na cidade.
Son da súa autoría a Praza de Abastos. A súa casa (O edificio esquina Alba-Paseo onde estivo o cine Pinacho), La Iglesia de Fátima, a de San Pio X e o hospital Cabaleiro Goas, entre outros que continúan en pé. (Non tiveron tanta sorte algún como o que adornaba a esquina de Ervedelo con Progreso, e albergaba nos seus baixos ao Bar Deportivo,que tedes na imaxe), na fotografia do venres, non estaba identificado iste persoeiro, nin o que esta por riba del, do que non sabemos o nome.
Jesús Soria Gonzaléz
Aviles 1881- Ourense 1959 Catedrático de debuxo do instituto de Ourense e membro correspondente da Real Academia de Belas Artes.
Forma parte dunha saga de artistas, comezada xa polo seu avó e continuada polo seu pai Policarpo Soria Álvarez; Da que Jesús e os seus irmáns foron brillantes continuadores.
Dende que en 1906 se lle nomeo catedrático de debuxo na nosa cidade, foi un incansable traballador das artes, proba diso, son a gran cantidade de obras da que é autor, entre os que destacan dúas obras que se poden contemplar no Santo Cristo da Catedral, A Verónica e A Samaritana. De sobra coñecidos, son os retratos da galería do instituto: Marcelo Macías e Salvador Padilla directores, e Paz Novoa; os da colección do Bispado: Cardeal Quevedo, Bispo illundain, Cesáreo, Cerviño, Blanco Nájera, e Temiño. E os de personaxes ourensanos como o matrimonio Temes, Dona Angelita e o seu esposo Don Isidoro (que hoxe vos mostramos). Por último dicir que tamén se encargaba do órgano da igrexa de Santa Eufemia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias