Ao fío da entrada de onte, estaba intentando facer unha entrada, que mostrase máis escenas marítimas no noso Miño; e atopei esta recreación, que apareceu publicada nun xornal mensual de nova aparición, baixo a cabeceira da Perdiz. Cando chego ás miñas mans o exemplar do xornal, pareceume orixinal a idea, pero non lle dei moitas voltas, ao tema; con todo volver velo, trouxo á miña cabeza uns traballos que lera fai tempo, e aos que non dera a importancia que agora considero que tiñan.
A Navegabilidade do Miño.
Existiron que eu saiba, dous traballos que incluían nas súas recomendacións finais, a necesidade de facer o noso Miño navegable, polo menos desde a súa desembocadura, ata Ribadavia, pero en ambos os casos insistíase na conveniencia de continuar ata Ourense, e incluso seguir ata a confluencia co Sil.
Pedro Ant. Sánchez |
Os caldos de Ovrens, gozaron desde sempre de merecida fama, xa no século XIII o rei Alfonso X o Sabio citábaos nas súas Cantigas de Santa María.
É a partir do século XIV cando o viño do Ribero de parecida calidade e superior produción comeza a ser exportado por toda Europa. Para iso foi fundamental o transporte en balsas polo Miño ata o seu embarque nos portos.
Cando as limitacións dese tipo de transporte, fan decaer as exportacións, e ante a puxante competencia dos viños do Porto. No século XVIII, é cando don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde presenta o seu traballo: Representación al inmortal Rey D. Carlos III sobre la navegación del Miño. No que razoa a evidente necesidade de facer esa magna obra, e os innegables beneficios que esta produciría en todo o territorio Ourensán; (aínda que a tempo pasado habería que ver como modificase a economía doutras zonas, xa que propuña aumentar a produción no Ribeiro, e eliminala na costa), pena de Albariño.
Anos despois en 1835, o enxeñeiro Don Francisco Coello, no seu: Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española; cifra en 15 millóns de reais o custo da obra, e indica que debería chegar ata a unión do Miño co Sil, insistindo novamente no enormemente beneficioso que seria para o desenvolvemento desta zona da Galicia interior. A titulo anecdótico, pero non sen certa lóxica, comentar que don Francisco suxire a posible modificación de denominación do noso Miño, aludindo ao maior caudal do seu principal afluente o Sil, co que trocarían os papeis pasando o Sil a ser o principal, e o Miño o afluente.
Hoxe imos deixalo nesta exposición de datos, e gárdome os comentarios para outra ocasión. Déixovos o titulo da entrada a modo de exercicio de reflexión.
"Que houbese pasado"
Bibliografía.
COELLO, Francisco. Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española
MEIJIDE PARDO, Antonio. Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático fundador de la biblioteca del Real ConsuladoCOELLO, Francisco. Proyecto de las líneas generales de navegación y de Ferrocarriles en la Península Española
GARCIA CORTES, Carlos. Pedro Antonio Sánchez Vaamonde ( 1749-1806) Un promotor de la ilustración en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias