No tempo das nosas avóas, a roupa lavábase de xeonllos ás beiras dos ríos Miño, Barbaña e Loña. O río, e, despois os lavadeiros (xeneralizados a comezos do século XX), eran puntos de encontro das mulleres que, departían sobre asuntos que noutros foros nen se quera se mencionaban.
En 1956 constrúese o lavadoiro da fotografía, anteriormente, existiu outro pegado ao desaparecido matadoiro municipal, próximo ao pontillón da Burga, fronte á "Casa de Baños".
En 1964, recádanse en concepto de "Lavadoiro Municipal" 56.125 pesetas, cantidade que reflexa a demanda deste servizo. Neste ano cobrábase unha peseta por praza, sen reparar na cantidade de roupa que traían as mulleres. Estaban exentas de abonar esta cantidade quen tivera o carné de beneficenza.
Na década dos 60, e, en maior medida nos anos 70, introdúcese masivamente a lavadora nos nosos fogares. As lavandeiras continuaron desenrrolando a súa actividade, pero, pouco a pouco, foron desaparecendo do panorama urbano, e, os lavadeiros deixan de ser lugar de encontro e sociabilidade feminina.
Arquivo visual Ourensán fondo A.M.Ou.
Fotografía propiedade A.M.Ou.
Fotografo, Augusto Pacheco circa 1960
Texto Fernando Valcarcel
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias