Páginas

15/8/11

O Polvorín (Fernando Valcarcel)

 O POLVORÍN

No ano 1933, sendo alcalde de Ourense D. Antonio Álvarez Dopazo, o Concello, insta ao Sr. Ministro de Guerra á cesión do antigo almacén de pólvora, instalado no lugar coñecido como “Campo do Polvorín”. Esta solicitude tiña como fin último a futura construcción no lugar dun grupo de vivendas, as entón chamadas “Casas Baratas” (hoxe vivendas de promoción pública), xa que esta era unha zona de expansión natural da cidade.

Para afondar na orixe do topónimo “Polvorín”, remontarémonos ao ano 1800, data na que se levanta no lugar unha pequeña edificación en pedra para albergar a pólvora do ramo de guerra que anteriormente se custodiaba nas proximidades da Ponte Maior.

A entrega do terreo ao Concello de Ourense, realízase finalmente en xaneiro de 1934, pero non será ata 1954 cando se proxecten as 150 vivendas ”protexidas” do “Grupo Santa Bárbara”.

Ao amparo da “Obra Sindical del Hogar y Arquitéctura” construénse en Ourense na década dos 50 as 63 vivendas de “General Mola” e as 170 do “Virgen de Covadonga”, entre outras. Xa nos anos 60 construiránse os grupos do “Couto”, “Guizamonde”, “ Estación” ou “Mariñamansa”.

Fotografias da coleccion de Don Miguel Doval

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias