Os lectores do blog, xa estades feitos a escoitar falar destas cabeceras e algunha mais, Heraldo, Eco, Tio Marcos, Album literario etc.
Estes días de lecer da man da miña irma Beatriz, puiden ollar por fin as paxinas de El Derecho, (que eu saiba os unicos exemplares que se conservan en mans das administracions, son os que se gardan no Mosteiro de Poio). E digo da mán, na mais extensa forma do seu significado, xa que foi ela a que tivo que ir pasando as follas e identificando as novas que posteriormente me enviaba; eu andaba ganduleando por outros lares.
Os poucos van xa 760 arquivos que me ten enviado, e que recollen novas historicas e moitas anecdotas do Ourense de finais do século XIX.
A partires de setembro, e gracias a ela, poderei incluir nas entradas do blog, moitos destes datos, entre eles cousas tan dispares como a chegada do Bispo Carrascosa, as visicitudes da inauguración do centro de ensino mais representativo da cidade, O Instituto; datos de novos comerciantes, algun deles ainda na memoria de algun dos meus amigos, e que no caso dos que andaban pola rúa da Paz, nos proximos días o amigo Arturo R.Vispo vaise ocupar de lembrar, no traballo que si non falla nada presentara o día 15 de setembro no Teatro Principal ; a morte do doutor Arturo de La Torre durante os feitos do chamado motin das Verduleras no ano 1892. E moitos mais, entre os que quero destacar un, pra mín moi importante, que e a aparición dun profesional da fotografia, totalmente descoñecido por mín, e do que nin nos censos nin noutros diarios consultados conseguin nada, tratase do fotografo profesional Emilio Chicarro.
O veran a parte de esta mina que e o Mosteiro de Poio, pra atopar información, tamen me proporcionou outras alegrias, (tan necesarias nestes tempos), e amigos como Fernando Valcarcel, Francisco Mendez, Pilar Perez Coleman, Florentino Moreton, Francisca Castro e Remedios Fitera entre outros, facilitaronme fermosas fotografias e datos que compartirei con todos vos nos proximos meses.
Por último quero comezar a avisar de que o A.v.O, (Arquivo visual Ourensán), segue a traballar, e anda enfrascado na preparación da proxima exposición, que posiblemente sexa do voso agrado, como pista vos direi que trata de xente de letras e numeros.??????.
O luns ou se cadra o martes intentarei retomar a dinamica habitual do blog e facer unha entrada diaria, pero xa vos pido un pouco de paciencia, se algun día falla, xa que como sempre o tempo libre non e moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias