Esta e unha das poucas fotografías que poderedes atopar no blog, sin ter relación ningunha que eu saiba, ca nosa cidade.
Pero o certo e que non poiden evitalo; estes días que por motivos laborais estou mais encerrado, pero teño mais tempo (seica e unha contradicción, pero eche o que hai), estou revisando na rede, a prensa historica que a Biblioteca Nacional, o CSBGa, e moitas entidades publicas ou privadas permiten revisar por este metodo, aproveito pra darlle as grazas, por facer ese traballo pra todos os que gustamos deses temas.
Nesa revisión, atopei na Revista do Ateneo de Madrid, esta fermosisima fotografía dun estudio de comezos do seculo XX, e supoño que coincidiredes conmigo, en que e unha xoia.
Os diferentes escenarios xa montados na espera do cliente, tanto o que ten aires de grandeza e quere ser retratado no trono, como o grupo de amigas que desea inmortalizar as suas tertulias de cafe e pastas; todos tiñan satisfación os seus desexos no estudio do fotografo, ata o impenitente cazador que non sabia como se collia a escopeta, podia retratarse ca pel do oso que cazara nos seus viaxes a terras inhospitas.
Era a maxia da fotografía, hoxe o photo shop, certo que facilita e multiplica por .... as posibilidades, pero no me diredes que un pouco do encanto que tiñan esas fantasias, non se perdeu co cambio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias