Fotografia da coleccion de postais do diario La Región (fotografo Pacheco)
O amigo e socio do A.v.O. Fernando Valcarcel, estrenase como colaborador do blog; xa levaba un tempo facendo colaboracions do AvO, co periodico Ourense por Barrios, e por fin decidiuse a facelo co blog, doulle as grazas, e supoño que vos tamén llo agradeceredes, o fin e o cabo el e un especialista da historia, non un afecionado coma mín.
As columnas anunciadoras
No ano 1911, o industrial domiciliado en Vigo, Luis Hylass Quintana, solicítalle ao Alcalde de Ourense a instalación de tres columnas anunciadoras. As columnas, consistían nunhas pezas artísticas de fundición onde se publicitaban aqueles acontecementos relevante que ían acontecer na nosa cidade. Deste xeito, a chegada do circo, as corridas de touros ou, o estreo dun filme eras citas obrigadas dignas de publicitarse nestes elegantes soportes.
Atopabánse en tres puntos da cidade, lugares estratexicamente elexidos por ser zona de paso de un gran número de personas, así, había unha na rúa Luis Espada (actual tramo da rúa do Paseo entre o parque de S. Lázaro e a rúa Concordia), outra na de San Miguel, e outra na rúa Pereira (hoxe Avda. de Pontevedra).
En 1931 sae a concurso a fabricación de un lote de “carteleras”, algunhas de un pé (semellantes ás columnas), e, outras de dous. Realizan ofertas os industriais locais D. Manuel Malingre Lamas e D. Rogelio Fernández. Descoñecendo que resultou adxudicatario, as “carteleras”, colócanse nas seguintes prazas da cidade: Maior, Saco e Arce, do Ferro, San Marcial, das Mercedes, Santa Eufemia e tamén fronte á casa Romero, segundo testemuña a documentación gráfica da época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias