Páginas

23/5/11

A panificadora Civico Militar

Na entrada de onte, mencionei o amigo Javier Torres, por fotografías que me ten deixado de Reverter, e hoxe doulle as grazas por esta que me enviou xunto cun grupo de fotografías, do mais interesante.
Teredes que mirala un par de veces, pra comprender que e o que estades ollando na imaxen, xa que hoxe esta un pouquiño cambiado ese espacio urbano de Auria.
No remate do seculo XIX, pusose de moda, a creacción de Economatos; era un xeito de abaratar os prezos dos articulos chamados de primeira necesidade; en principio por medio de compra directa de grandes cantidades, ás empresas productoras, e logo eses productos vendianse case que o mesmo precio os beneficiarios do economato. En moitos casos, eran as grandes empresas, quenes os impulsaban a modo de ofrecerlle beneficios adicionais os seus empregados.
Pero non e a miña intención explicarvos o que eran os economatos, senon falarvos un pouco deste que se ve na fotografía.
No remate do século XIX (+- 1890), Don Tomas Fabrega Tomas xunto con outros notables da nosa cidade, deciden impulsar a creación, da "Cooperativa Civico Militar", que xa noutras cidades estaba a funcionar con moito exito. Primeiramente abriron unha tenda, na rúa do Instituto, (Lamas Carvajal), onde se distribuian todo tipo de alimentos, os daquelas chamados "ultramarinos". Estaba ubicada a tenda, onde hoxe estan as Galerias Dorzan. O pouco tempo, decidiuse montar un forno de pan, co mesmo obxetivo, (abaratar os prezos), e ise forno e o que hoxe vos mostro na fotografía.
Ahora que sabedes o que era ese edificio, algún xa sabera tamén onde estaba; pra os "novos" coma mín, faralles falta que termine por decirlle que nese solar logo de que "caera" esa chimenea, fixose o edificio mais alto da nosa cidade A Torre. Con ese dato, seguro que recoñecedes o edificio que esta detras, o que hoxe un pouco mais alto, (pegou o estirón cos anos), segue na esquina de Habana, con Curros Enriquez.
A fotografía e de aproximadamente o ano 1950, e ten outro detalle, se vos fixades poderedes ver os vellos uniformes da policia nacional. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias