Nos mais de tres anos de vida deste blog, botei en falta moitas veces a xente coñecida, (moitos ainda sigo a botalos en falta); Don Estanislao era un deles. A casualidade, e o amigo Santi Reverter, quiso que de repente teña unhas cantas fotografías interesantes deste gran home do deporte, e a empresa ourensán.
Pero resulta que o mesmo tempo, o tamén amigo Javier Torres, atopou no album familiar, algunha imaxen como a que vos mostrei fai uns días de Don Estanislao con Ventura, presentando o "corcel" co que ian competir en Montecarlo; habera que racionalas e poñelas os poucos, pero poderedelas ver todos.
A de hoxe que publicou "La Región" durante a exposicion do A.v.O., forma parte do grupo que me deixou Santi, e mostra o seu pai xunto a Ventura, presentando na rúa do Paseo, o Mini Cooper co que ian correr de novo en Montecarlo, o ano 1973; o que seria, penso, que a última vez que acudiu o Principado como participante. (coido que logo no 77 volveu axudando a Beni, pero teño que confirmalo).
Se vos fixades na fotografía, veredes que tiñan o patrocinio do diario La Región, pra levar a cabo a sua aventura que ese ano comezaron en Almeria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias