Retrato de Manuel Vales. Fotografía propiedade Juan Zaragoza Alberich.
De hoxe ata o fin de mes, e posible que as entradas resultenvos un pouco repetitivas; pero e que a miña continua falta de tempo; unense duas ocupacions, placenteras pero o mismo tempo absorbentes.
Xa vos dixen que os amigos do Arquivo visual Ourensán, estamos a preparar una exposición ao redor da fotografía antiga na cidade. "Ourense un século de fotografía".
O mismo tempo, dironme a oportunidade de publicar un traballo, que versa sobre o mismo tema,
"Achegamento á historia da fotografía en Ourense",
e si nada o impide, presentareino iste mercores día 23 as 20,15 no Centro Cultural da Deputación, (Edificio Simeón).Estades todos invitados os dous actos, realmente mais que invitaros, rogariaos que asistirades; mais que nada por que nunca me vín noutra, e supoño que contar co apoio dos amigos, fara mais facil o trago de falar en publico.
O primeiro no tempo, vai ser a presentación do libro o día 23, por eso estes días adiantareivos un pouco de que vai o libro.
Dende logo que levara vellas fotografías da cidade, pero menos das que se poderian presentar. Como a intención e conseguir que o Arquivo visual Ourensán, chegue a recoller todas as fotografiás posibles da nosa cidade e a nosa xente. Considero preciso, antes de nada, que coñezamos quenes foron os profesionais que as fixeron. Non podemos saber que buscamos sen ter datos.
Poñovos un exemplo: moitos de vos, gardades albums de fotografías na casa, nos que se atopan vellas Cartes-de-Visite, (Cdv. habitualmente fotografías de estudio pegadas nun pass-partout), as traseiras destas adoitan levar a firma do fotografo; pero non sempre pon de onde era o profesional, se a esto sumamoslle, que moitos tiveron parentes na emigración, (Cuba, Costa Rica, Arxentina etc, eran os destinos habituais nos comezos do século XX), que enviaban de cando en vez algun deses cartonciños, pra tentar non ser esquecidos pola familia. Atopamosnos con moitos nomes de profesionais da fotografia, que non temos claro cal era o seu lugar de traballo.
Pois precisamente ese e un dos obxetivos deste traballo, (evidentemente mellorable), que poidades identificar os fotografos que o longo do tempo, desenrolaron a sua actividade mais ou menos fixa na nosa cidade.
Pra comenzar presentovos o primeiro que poidemos poñerlle cara, Don Manuel Vales, un Ourensán mais recoñecido pola sua labor como pintor, pero do que existen probas de que se dedicaba tamén a fotografía en torno o ano 1860.
Por desgraza non atopamos polo de agora ninguha fotografía ca sua marca, o que nos fai "supoñer", que non lla puña, (temos no arquivo duas fotografías, que poideran atribuirse a sua autoria, pero falta a confirmación, que non sera posible mentras non apareza mais material deses anos. Na exposición mostraremovolas por si tedes algunha semellante).
Por desgraza non atopamos polo de agora ninguha fotografía ca sua marca, o que nos fai "supoñer", que non lla puña, (temos no arquivo duas fotografías, que poideran atribuirse a sua autoria, pero falta a confirmación, que non sera posible mentras non apareza mais material deses anos. Na exposición mostraremovolas por si tedes algunha semellante).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias