Nestes días aproveite para terminar un traballo sobre a fotografía en Ourense, e revisando documentación, deime conta, de que aínda non falara no blog, de Don Ricardo Blanco Cicerón Nuñez.
Os amantes da fotografía antiga, coñecen sobradamente a este ilustre personaxe, e incluso saben da súa familia, que son os responsables, de que non se perdera ningunha das xoias que don Ricardo foi rescatando o longo da sua vida. Desde logo non me atrevo a facervos unha biografía deste Tudense, a quen posiblemente coñecesen os meus antepasados (da rama Pontevedresa); con algún deles coinciden moitos datos, avogado de profesión, alcalde de Tuy etc. Limitareime a comentar a sua relación coa nosa cidade.
Grazas a persoas como Don Ricardo, podemos a día de hoxe, gozar de obxectos, imaxes e textos, que posiblemente estaban condenados á súa desaparición. É o caso dunhas pezas de bronce, que no seu día formaran parte dun retablo da nosa catedral, e que segundo nos contan Belén Sáenz-Chas Díaz e Fernando Acuña Castroviejo, (Catalogo da exposición "Olladas dunha época", Fotografías do Fondo Blanco Cicerón), foron recuperadas dunha quincallería.
Non é difícil supor unha relación polo menos profesional, se non, de amizade con Don Marcelo Macías, co que compartía a paixón pola numismática; os dous foron grandes coleccionistas, e expertos na materia. Podemos supor que esa relación, vísese favorecida en parte pola presenza do seu fillo Tomas Blanco Cicerón García na nosa cidade, onde segundo consta no padrón de 1924, residía coa súa muller, a súa cuñada e a súa filla Herminia.
A garantía de seriedade, que achegaba Don Marcelo, posiblemente fose tamén un dos alicientes, para que o selo empregado durante o século XV no Concello de Allariz, fóra entregado á custodia do noso Museo arqueolóxico.
O marxe destes valiosos obxectos doados por Don Ricardo á nosa cidade, forman parte da súa colección fotográfica, algunhas xoias, que posiblemente sexan das primeiras imaxes obtidas da nosa cidade; é o caso dunha imaxe datada en 1890, da nosa Ponte Vella.
Para ampliar información, podedes facer unha visita ao Museo do Pobo Galego, onde conservan a colección doada pola familia Castroviejo Blanco-Cicerón. Tamén vos recomendo a lectura do catalogo da exposición "Olladas dunha Época, publicado en 2009 pola Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego, con textos dos citados anteriormente Belén Sáenz-Chas e Fernando Acuña; e os de María Reis Camiña Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias