Eiqui tedes a segunda parte, no libro podedes ollar moitisimas mais imaxes, e dende logo con mais calidade, pero pra o meu obxetivo penso que valen ben.
Como datos pra ver si podedes axudar, vouvos comentar o pouco que eu deduzo das fotografías.
Se vos fixades, na deiqui arriba, seredes quen de recoñecer, o edificio onde se obtivo a imaxe, penso non errar, o decir que e o actual C.e.i.p. Calvo Sotelo, ubicado na rua do mesmo nome, no numero 27; os que sodes da vila, xa o coñeceredes de sobra. Eso non permite afirmar con rotundidade, que os Irmáns Maristas, ocuparan ese edificio, xa que no mesmo libro, penso que se poden ver imaxes, de outros grupos de escolares, (colexios publicos e privados), que aparentemente posan nese mesmo lugar.
Por outra banda, nos pes de foto o autor danos un abano de datas, que vai dende o 1908, ata o 1917. Non me atrevo a por en dubida a veracidade das datas, pero resulta moi extrano que a sua estancia na vila, fora tan extensa; o cal faime pensar, que algunha das fotografias publicadas ainda que ben datadas, e obtidas entre as xentes do Carballiño, correspondan o colexio da cidade.
A que vos deixo eiqui debaixo, ten moitisima similitude con unha das do Arquivo Maristas Ourense, datada tamen no 1917, pero situada na traseira da actual Delegación de Defensa, onde xa sabedes que estiveron os irmans na sua primeira etapa na cidade
Eu deixarei o tema eiqui, pero agardo pola vosas achegas; por certo fai tempo que ninguen me envia fotografías dos Maristas, e a pesares do extenso arquivo que manexamos, sabemos que ten que haber moitas mais. Revisade os vosos albumes e se atopades algunha, estareivos moi agradecido de que me a enviedes.
O meu mail tedelo no lateral dereito do blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias