Pra rematar as entradas da celebración do comezo do curso escolar, vouvos anunciar a miña intencion, de facer iste ano, (con calma), unha pequena lembranza dos alumnos que pasaron polos colexios ourensans (non falaremos soamente dos Maristas), e dalgun xeito destacaron nas suas actividades.
Xa vos advirto que sera una pequena mostra, dos tantisimos ourensans, que poderian aparecer, co cal que ninguen se sinta ofendido se nota a falta dalgun nome; se acaso o que podedes facer e axudarme a facer esas entradas; a unica limitación, e que a persona da que se fale, xa non estea entre nos.
Se me enviades o texto e a fotografía, pouco a pouco iremos completado esa extensisima lista de persoeiros.
A modo de exemplo, eu de alumnos de Maristas, teño preparadas as que falaran de xente como: Don Fernando Iglesias Sanchez (Tacholas), un gran actor de cine ourensan; o Cardeal Don Fernando Quiroga Palacios; o aviador e galeguista Don Elixio Rodriguez, etc.
Animadevos e botade unha man; por se non a coñecedes visitade o blog Historia das nosas mulleres , nel, fai tempo que van aparecendo moitas das ourensans, que axudaron a facer o Ourense que ahora temos. He penso que se complementa perfectamente con esta idea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias