Páginas

4/2/10

A feira nos Salesianos

O amigo Lisardo Mazaira, é desde logo un dos mellores colaboradores deste blog, xa non pola inxente cantidade de material propio que me facilitou, senón polas molestias que se toma, buscando as fotografías que teñen o seu círculo de amizades. Nos últimos días, o seu amigo Pablo González, prestoulle un bo número de imaxes, realmente interesantes.
A de hoxe por exemplo, coincidiredes comigo, en que aparte do valor testemuñal, ten gran interese como representación dunha escena costumista, non tan afastada no tempo, pero xa pouco recordada.
Os costumes dos cidadáns con respecto á feira, variaron debido a varios factores, o principal é que Ourense xa non é aquela capital de provincia dunha zona agrícola gandeira, que exercía de polo de atracción para todos os traballadores do campo.
Dende as primeiras feiras que se instalaban nos entorno da Praza Maior, pasando poucos anos despois á Magdalena, ata a localización actual; os postos da feira utilizaron outros dous espazos públicos o parque de San Lázaro, e este que vos mostro, á beira do Pavillón Deportivo, que é á marxe do actual, o máis recordado.
Aínda non fai moito lía un artigo no que un Ourensán facia memoria das súas adquisicions de chucherías e demais artigos necesarios na súa infancia, cando se atopaba de fronte á saída de Salesianos, con todo aquel bosque de postos.
Por poñer unha datación, a imaxe poderia ser do fin dos anos sesenta, ou comezos dos setenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias