Estamos a piques de entrar de cheo no entroido, na provincia levan xa uns días, nalgún caso semanas cos prolegómenos, pero na cidade, como é habitual teremos un entroido mais enxebre, mais individual, menos organizado, pero desde sempre moi divertido.A imaxe de hoxe, que forma parte do grupo que nos cedeu Don Pablo González, (do mesmo xeito que a de onte), é unha boa mostra desa personalidade do Entroido Ourensán.
"O Ceferino, baixou coa súa dona á feira; tíñalle prometido que polo seu aniversario, invitaríaa a un prato de polbo, de paso que vendían os grelos, e el, home de palabra, quixo cumprir; sabemos que ao final o conseguiu, pero non foi na feira onde se produciu o "condumio", un fallo do "schofer", fixo que terminasen saciando o seu apetito na rúa da gloria, (Arcediagos), na imaxe podedes ver a don Ceferino conducindo o seu vehículo pola rúa de Santo Domingo, rematado o convite".
Ide rematando os disfraces, que xa non queda nadiña; e si algun vai sair de Ceferino, que avise que eu vou de fotografo, e sacolle a instantanea.
Ocultei os rostros de todolos persoaxes, menos un, supoño que non me vai protestar, a sua fermosura e digna de ser mostrada sen retoques.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias