Fai non moito tempo, por mor dunha fotografía que publiquei de Santiago Mosquera, na que aparecían uns cabaleiros pousando en grupo, na Rúa do Instituto (Lamas Carvajal), varios amigos, informáronme da existencia dun grupo de notables, da cidade, que se coñecían como "Liga dos amigos de Ourense".
Aos poucos fun buscando información sobre este grupo, e hoxe acompañando esta preciosa imaxe que me presta dona Ana Malingre, fágovos un avance, dos poucos datos que teño.
No 1916, un grupo de amigos, (na súa maioría industriais da cidade, aínda que estaba aberto a calquera Ourensán con ganas de colaborar), decidiron crear esta digamos asociación.
Inicialmente limitábanse a faladoiros nos que trataban temas relativos a melloras que eles puidesen auspiciar para a cidade,
-comunicar a necesidade da mellora do empedrado dunha rúa, e colaborar economicamente a iso,
- financiar a mellora do alumado dalgún punto da cidade,
- en fin pequenas melloras que as autoridades da época, que todo hai que dicilo andaban escasos de medios, (e en ocasións pouca vontade), non terminaban de levar a cabo.
O seu momento de groria foi ao ano seguinte, cando tiveron que coller as rendas da organización das festas do Corpus do 17, ante a desidia das autoridades locais, máis ben a falta de diñeiro. E a súa continuación o ano seguinte, que se recordades foi o da epidemia de gripe, que tan catastróficas consecuencias tivo na cidade.
No recorte que vos mostro do "Tío Marcos", podedes ver que o seu lugar de reunións era o Liceo, e que estaban abertos a suxestións de todos os seus paisanos.
Aparte dos que saen na fotografía, (que están todos identificados), formaban parte desta asociación, cidadáns como don Amador Villar, O Sr. Otto Bodmer, e algúns máis que estou pendente de confirmar.
Aquí déixovos os nomes dos que están numerados na imaxe.
- 1.- Don José F. Gallego.
- 2.- Don Antonio Malingre.
- 3.- Don Fernando M. Monje.
- 4.- Don Celso Ferro.
- 5.- Don Alejandro R. Covelas.
- 6.- Don Enrique Enriquez.
- 7.- Don Fermín García.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias