Páginas

3/6/09

Filomena Dato Muruais (Libro de Fernando Roman)

Onte foi a presentación deste fantástico libro, sobre Dona Filomena Ana Dato Muruais, muller de amplas e variadas virtudes, entre as que cabe destacar a súa calidade poética, pero hoxe, non quero destacar a súa figura, se non a do escritor do libro presentado onte, Don Jesús Fernando Román Alonso.
Fernando para os que o coñecemos, empeza a descubrirse como un malabarista dos imposibles, cando conseguir información dalgún Ourensán fáixenos tedioso e complicado, (nalgún caso excesivamente complicado), el co seu tesón e capacidade de traballo demóstranos que se pode facer se aínda non foi posible, ou melloralo en caso dalgún intento.
Xa no 2002 sorprendeunos co seu traballo recompilatorio e biográfico do médico poeta de Celanova, Don Castor Elices Rodríguez , volveu facelo no 2003 co encargo de recuperar a biografía de Don Arturo Noguerol, (breve pero con demostración evidente dun gran traballo de investigación), entre medias non é que se dedicase ao "dolce far niente", se non que estivo realizando pequenos pero interesantísimos traballos, - "Marcelo Macías e o Panegírico de San Rosendo", - "A ética do gentleman: Arturo Noguerol Buján", - "A Amizade de Curros e Castor Elices", (que eu saiba o seu primeiro traballo).
E agora no 2009 volve sorprendernos con este traballo de recuperación da obra de dona Filomena Dato.
Para non estenderme, xa que tanto don Fernando como Dona Filomena non tardarán en aparecer por aquí, limitareime a darlle as "Grazas a Fernando" por un traballo ben feito, e que mal que lle pese utilizarei para localizar información, útil ao meu blog, (entre outras moitas cousas a debuxado o Ourense de Dona Filomena, (iso si apoiado no meu admirado don José Adrio), con gran exactitude.
Grazas Fernando

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias