Páginas

31/10/08

Praza de Isabel la Catolica (Transformación)

Explícome, a praza tivo ese nome, ata que se decidiu honrar a un dos escritores (ensayista), que mais sona deron a Ourense, o Pai Benito Xerónimo Feixoo Montenegro (Casdemiro, Ourense 1676-1764), autor do soado Teatro Crítico Universal.
Foi o día oito de setembro do 1887; dende o día sete ata o dez, organizáronse feiras, conferencias, concursos, e multitude de actos; ata se engalanou cun "Arco Mudejar" (deseño do catedrático de Historia do Instituto don Antonio Torres e Tirado), (non queda ningún rastro do Arco) a rúa do alba, a fin de que servise de marco ao oficio relixioso.
Rematarón os actos de homenaxe cun discurso pronunciado por Dona Emilia Pardo Bazán, no Teatro da Paz (Principal) o día dez. (Coordinou os actos o Sr. Don Manuel Pereiro Rey) Polo debuxo, insinúase que estaba situado na propia praza, pero a información do momento di que se situou na rúa do Alba (Cardeal Quiroga)).
Dende esas datas, a estatua e o seu entorno, como xa vos comentei noutra entrada, convertéronse no "Paraíso dos fotógrafos", de momento teño mais de 50 fotografías feitas nesa zoa, que vos mostrarei nalgunha entrada.

29/10/08

Ceñidor Avispa (1957)

Instrumentos de tortura, pero como dicía a miña avoa "pra campar hai que rabear".
Estas de o anuncio eran das cómodas (eran elásticas), porque as había con baleas e cordóncillos, que se asemellaban ás que actualmente se utilizan para problemas de costas.

27/10/08

A Ermida do Posio

Posio.
Este plano é o que nos queda desta ermida, que estaba situada (segundo D. Enrique Bande) no Xardín Botánico do Posío, eu recordo unha na rúa Coruña, (podería ser que remodelacións da zona fixesen factibles as dúas opcións por ser unha soa), bo este plano e polo que conta D. Enrique a imaxe da fachada que se levou á Igrexa da Trinidade, outra fonte informa que a Virxe do Carme que esta nunha das paredes do colexio das H.H. Josefinas, nos xardíns das Burgas, proviña tamén desa ermida.

Chalet Gil Torre

Gil
Foi a residencia da familia Torres (Gil Torre segundo Don Anselmo Lopéz Morais), pero termino os seus días sendo a sede da Xefatura Provincial do Movemento, (a sección masculina, a feminina estaba na rúa Santo Domingo), situábase en Curros Enríquez esquina Habana (aproximadamente).

24/10/08

O novo centro

Centro 1O centro da cidade, habitualmente sitúase onde esta o Edificio do concello, ata á hora de numerar os edificios, comézase pola zona da rúa mais próxima a este (onde teñen mar, usase a sua situación coma referencia), pero aos poucos isto pode verse modificado por moitos factores, dando lugar á aparición doutro centro ou centros, mal chamados así.
Dito isto, a fotografía móstranos a época, en que se afianzo este novo centro, "Goberno civil", "Instituto Nacional de Previsión", "Sindicatos", numerosas entidades bancarias, e dende logo "La Torre", empezaron a desembarcar no entorno do parque de San Lazaro creando o que se chama hoxe o centro, se vos fixades veredes que "La Torre" ía nacer, a rúa Xoán XXIII empezaba a marcarse, pódese ver un anaco, (detrás do Goberno á dereita) das canchas do Club de Tenis, á beira a leira dos Feijoo, e estábase estreando o edificio de Previsión (Hoxe I.N.S.S), falamos do ano 1958-59.

23/10/08

Sampayo y Novoa (Avisador Orensano 1878)

* Salvo erro hoxe nese baixo temos o novo "Orellas", co cal xoias seguen a traballarse no local.
Os erros que ten o texto, seguro que son de imprenta, os métodos da época eran totalmente artesanais, e bastante facían aqueles artistas.

22/10/08

Aldraba na Catedral (Portico)

Durante moitos anos estas portas (que en teoría son as principais), tiveron un acceso excesivamente limitado, dende a construción das escaleiras, é mais fácil acceder a elas, pero entrar na catedral por esta zona segue sendo unha cuestión de casualidade e sorte.

21/10/08

Selección Ourensá

Historica.
Fotografía histórica do fútbol Ourensán, obtívose no campo de Allariz o ano 1958 con motivo das festas de San Benito, a aliñación segundo os entendidos era de luxo.
Pita - Sanmartin - Gonzalo - Pastor - Alberto - Pio - Madriles
Malet - Pisco - Miluco - Silvio - Paulino - Carriega

20/10/08

Escola Normal de Mestres Ourense

Aproveitamos esta fotografía do Arquivo dos Irmáns Maristas, para que podades observar, a primeira "Fabrica de Mestres" de Ourense.
A principios de século, e aínda hoxe en día, o comezo da rúa Progreso, e os seus arredores foron un punto neurálxico da cultura ourensá, por aí están ou estiveron, O Instituto, a Escola Graduada Anexa, as Escolas do Ave María, Colexio "Irmáns Villar", "Divino Mestre" as Josefinas, o Colexio Universitario, e este edificio que vedes na fotografía antes do cárcere, era a Primeira "Escola Normal de Mestres".
Na fotografía, alumnos dos Maristas nunha competición feita no Xardin do Posio a finais dos 60.

Praza Sorolla (Couto)

S
A partires do ano 39 empezaron a aparecer na cidade, as vivendas sociais.
Estas foron promovidas pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense, e empezaban a configurar o estado actual do barrio do Couto, son na Praza Sorolla, a entrada do Estadio do Couto.
Pido desculpas pola mala calidade da foto, pero creo que o seu interese xustifícao.

18/10/08

Fijador "Patrico"

Nos anos 50 este era o mellor aliado dos conquistadores, non usalo era un gran hándicap, as mozas estaban afeitas ver aos actores de cine con eses peiteados, e todas querían lucir no paseo ao mellor acompañante.

17/10/08

Cancro de Mama

A verdade, é que non teño clara a utilidade dos días mundiais, penso que certos temas son de todos os días.
Pero xa que estamos, claro que si, as mulleres deben previr esta enfermidade, que se se detecta a tempo, é na maior parte dos casos solucionable.
Aquí a fotografía que procedería era a dalgún dos grandes xinecólogos, que tivemos na cidade como exemplo, Michelena, Relova, etc as suas mans foron as primeiras que sentimos moitos ourensans, e toda a sua vida dedicaronse a velar por la salud das nosas mulleres; pero serán obxecto doutra entrada.
Aínda que o tema non sexa para chancear, un comentario, os que deciden a data do Día de..., poderían escoller outra, onte foi o día da alimentación, buscouse a relación dos dous temas?.
Espero que non se tache de pornográfica a foto.

16/10/08

Colexio de Santo Domingo

Fotografía da páxina http://www.galeon.com/sloren/compas63/index.html feita por Secundino Lorenzo


Outro grupo grande de grandes rapaces, estes no comenzo dos 50 andaban por o colexio da Purisima en Santo Domingo.

Día Mundial da alimentación

Aproveitando que hoxe é o Día Mundial da alimentación, aquí tráiovos un supermercado dos de antes, estaba na rúa Ervedelo, esquina con Jose Alvarez Gonzalez, no edificio que no seu día albergo o primeiro sanatorio Psiquiatrico privado de Ourense "Perpetuo Socorro", nestes as vendas a crédito non necesitaban tarxeta, era suficiente con anotalas nunha libretiña,ou en calquera anaco de papel, a todos os clientes coñecíaselles polo seu nome, e en moitos casos xa se lle indicaba o menú a pór ese día, en función de que era o mellor do día, "léva estas sardiñiñas, que acaban de chegar de Vigo", "as cereixas acaba de collelas a Modesta en Reza".
Grazas a Pilocha e a Lela por deixarme estes recordos.

15/10/08

A Fonte Nova

Nova.
Fotografía do album persoal de Silvio Perez
No ano 63 dinme que aínda estaba aí, na Praza do Trigo, o que non sei é onde se foi cando a cambiaron por a que esta agora, se alguén o sabe que informe.

14/10/08

Pepín Tenis Mendez

Esta por papa, esta por mama, esta por Santana, quen?, se muller ese que sae en calzóns por televisión,..... esta era un chiste de moda fai uns 30- 40 anos.
Daquelas os tenistas saían en calzóns por televisión, e os da fotografía eran dos mais famosos, o gran Manuel Orantes, e o tamen grande para nós Pepín Mendez.
Ourense non deixa de ser unha pequena cidade, en canto a número de habitantes, iso xa de seu é un hándicap, sobre todo no mundo do deporte, o feito de que alguén sobresaia, sempre vai unido a un gran esforzo individual que supla as carencias, (de instalacións , axudas etc).

Jose Vicente Mendez Novoa (Pepín)
É un exemplo deste problema, dende os 15 anos a competido a gran nivel, Campión Galego varios anos, tanto en individual como en dobres (masculino e mixto), chego a ser seleccionado pola Escola Blume de Barcelona, onde se relaciono coas grandes figuras da época. Actualmente continua ligado ao Tenis como adestrador (Titulo de monitor nacional dende o 73), adestrou a figuras como Marta Alastrué, e traballa cunha canteira de posibles figuras da cidade.

Os Relampagos do Couto

Relampagos.
Fotografía propiedade de Andres Iglesias
Aquí temos a outros dos que xogaban cun ladrillo se facía falta, coñeceron o campo Loña, tamén o "Burgas" (solar vivendas caixa de aforros no Couto), e por fin o "Jose Antonio" (actual, chamouse asi moitos anos), posiblemente fosen a base do "Sporting Couto", que deu lugar ao "Atlético Orense".

13/10/08

Fonte da Praza do Ferro

Ferro.
Esta é a segunda vez que aparece esta fonte, e posiblemente non sexa a última, dado que é un dos recunchos mais representativos da cidade, nesta ocasión é para recordar a primeira ferraxería "Llamas", e de paso observar a falta de chanzos na fonte, nese momento o nivel da rúa debía ser outro, pero habería que ver como era a unión coa rúa da Paz.

Campo de Fútbol dos Maristas

Futbol
Arquivo dos Irmans Maristas
Ata non fai moito tempo, o colexio Maristas, tiña un campo de fútbol, a esquina que se ve ao fondo estaría aproximadamente nos soportais da praza de San Antonio, de paso podedes ollar como se facia "Ximnasia" nos 60-70.

12/10/08

"Vacinate"

O primeiro baixo a esquerda foi a see do Instituto de Vacinacion
Aproveitando que comeza a campaña de vacinación da gripe, imos lembrar os comezos da mediciña preventiva nesta cidade.
A falta de hixiene, provocada sobre todo polos escasos medios existentes, sempre foi causa de graves problemas de saúde (Peste negra 1348, Cólera 1833, 53, 63 e 1885, Gripe 1917 etc.), os seus efectos sempre foron devastadores para a poboación, e seguisen séndoo, de non ser pola intervención dos médicos e farmacéuticos, que loitaron con escasos medios contra virus e bacterias.
En Ourense, e aproveitando os avances científicos da época ( como exemplo, a vacinación anticolérica, ideada por o Doutor Jaime Ferrán e aplicada en 1885 en Valencia, o mellor coñecemento das formas de contaxio etc.), tomáronse medidas como a creación de lavadoiros públicos, establecéronse puntos de control sanitario para a poboación itinerante (o da cidade instalouse nun edificio anexo á recentemente estreada estación do ferrocarril de Vicente Risco 1883 ver no blogue entrada da estacion de Canedo), pero o máis importante foi a creación do instituto de vacinación de Ourense(1885-1889), impulsado polo Colexio Médico-Farmacéutico de Ourense, constituído nese mesmo ano, situouse na Rúa do Alba 11 Baixo (Cardeal Quiroga) baixo a dirección do doutor Ramón Quesada Borrajo, no ano 88 viuse obrigado a pechar como instituto de financiamento público e reabriuse aos poucos meses polo esforzo e financiamento do propio Doutor Quesada e os doutores Don José María Rivera e Don Saturnino Gómez Sutyck.

Fotografía do Doutor Ferran y selos do Colexio Medico Farmaceutico, e do Instituto de Vacinacion
Gracias de novo o Doutor David Simón Lorda pola sua axuda.

11/10/08

Asociacións Secretas da "Cibdade" 1935

No ano do noso señor de 1935, o día 11 do mes de Santos, (posiblemente con nocturnidade), tivo lugar a creación dunha Asociación, que aínda que en principio era secreta, hoxe en día a experimentado un crecemento espectacular.
Logo dunha ardua tarefa de investigación tivemos acceso a este documento que aquí vos mostramos.
Nel decatamonos das estritas normas da sociedade, así como do mimo con que trataban aos seus mais fieis seguidores, que non dubidaban en mostrar signos externos da súa pertenza á sociedade, a estes creo que se lles chamaba "Illuminati", e segundo cóntanme aínda que a súa condición de socios era coñecida, non existía risco de delación, eles sacrificábanse e sempre tiñan algo na gorxa que lles impedía falar con estraños.
Por unha cuestión de confidencialidade, vinme obrigado a eliminar o nome do socio que me facilitou este documento secreto. (por temor ás represalias).
E como podedes comprender na fotografía non aparece ningún ourensán.

10/10/08

Hospital Das Mercedes

Fotografía do Hospital no 1940 Arquivo Deputación (Pacheco)

Aínda que me estou saltando varios pasos previos, no referente a edificios sanitarios da cidade, o traballo do Doutor David Simón Lorda, facilitoume en gran medida, a realización desta entrada.
O Bispo Pedro Benito Antonio Quevedo e Quintano 1776-1818 (Cardeal Quevedo), ademais de ser o impulsor do Seminario Ourensán, mando construír un edificio no Campo das Mercedes, nas postrimerías do século XVIII, a fin de poder acoller a todas as nenas expósitas (abandonadas),que naquela época eran moitas.
No 1856 decídese trasladar a este edificio, o Hospital Provincial que desde o 1841 deixara de ser de Caridade, e pasado a ter financiamento das institucións locais "Beneficencia".
A descrición do edificio na época facilítanola o escritor e pintor ourensán Cándido Fernández Mazas (1902-1942).

“ Las ventanas enrejadas a ras de tierra eran destinadas a los locos (recuerdo al loco Marcelo que pintaba en las paredes con excremento figuras de soldados y de mujeres).
En el primer piso se asomaban a las rejas las prostitutas que estaban recluidas en tratamiento de enfermedades venéreas. Vestidas con trajes llamativos y bocas pintarrajeadas platicaban con sus chulos o queridos, cambiándose flores y cartas. En el segundo piso veíamos asomados a los enfermos."
Datos duns dos enfermos dementes ingresados no 1897
E.D.G. Sexo V Edad 26 Soltero Meses ing. 7 Diagn. Epiléptico Caracter. Furioso/peligroso
J.C.B. Sexo V Edad 25 Soltero Meses ing. 5 Diagn. Imbécil Caracter. Pacífico.

Entre os anos 1931 e 39 compartiu instalacións coa escola de artes e oficios, que desde a súa creación non conseguiu aínda atopar localización definitiva, (na primeira fotografía podese ver o desgastado cartel que tiña na entrada).

Este edificio posteriormente, foi "Colexio Menor da Mocidade Calvo Sotelo", e continuou mantendo dalgunha forma o espírito de axuda ao cidadán, dando acollida aos nenos procedentes da Escola Fogar, a parte doutros estudantes, que podían matricularse no centro de existir prazas libres. Actualmente é unha residencia de estudantes e albergue.

O meu mais sincero agradecemento ao doutor David Simón Lorda por facilitarme o material fotografíco, e practicamente facerme a entrada, a maioría dos datos pódense leer no seu libro "Locura Medicina y Sociedad Ourense 1875-1975", tedes un enlace a el, á dereita do blogue.

O Outeiro da Forca (Parque do San Lazaro)

Forca.
O parque de San Lázaro, como se pode ver nalgún dos planos, era o final da cidade, na súa contorna abriuse o Lazareto, e posiblemente por iso levantouse a capela do San Lázaro que se ve na fotografía, (trasladouse posteriormente a Peliquín, onde segundo creo atópase actualmente en non moi bo estado), a fonte é outra das traídas do Mosteiro de Osera, é podemos observar tamén que non habia estatua na entrada principal, esta que foi obra do escultor Asorey, colocouse cara a metade de seculo pasado.
Fotografía obtida do libro de Dona Mª Victoria Carballo-Calero Ramos "La Transformación de una ciudad Orense 1880-1936", polo cal a calidade non é a desexable, o orixinal é posible que este en os arquivos da Deputación Provincial, dado que se supón que a realizo no 1908 Pacheco.

9/10/08

Salesianos 2

Cando fixen a outra entrada de Salesianos, xa vos referenciei a varias páxinas que tratan o tema con moita claridade e amplitude, (Chicho encárgase diso), pero neste caso apeteceume colgar a foto no meu blogue, oxalá aparezan mais fotos de grupo tan numerosos como esta, nelas atópase media cidade representada.
A foto é de datas próximas á que se publico anteriormente (52-54), porque varios dos personaxes aparecen nas dúas.
Gozádea
(nesta fotografía se queredes ver algo, se que teredes que premer por riba de ela co rato para facela mais grandiña)

8/10/08

Xogos Reunidos Geyper (1958)

Eu tíveno de 50, habíaos mais pequenos, pero tamén mais grandes, nunha caixiña reunida toda a diversión, non vou criticar ás consolas e demais xoguetes modernos, que teñen a súa utilidade, pero intentar recuperar as partidas de parchís, xadrez, palillos chineses, damas, a oca, a ruleta, os ratos (que nunca puiden xogar, porque se perderon o primeiro día dous deles), etc, podería ser interesante, aínda que só sexa porque facilitan o que os nenos reúnanse con outros, e ata que xoguen cos seus pais (se o pensades, darédesvos conta de que case todos os xogos que traía a caixa eran para compartir, loxicamente, ao traer unha baralla de cartas, sempre queda o recurso do triste solitario).

A Ponte Vella

Vella
Leo estes días na prensa, que o estado da Ponte Romana, por mor das conducións de auga, é deficiente, creo que non é necesario dicir, que a súa reparación debería de ser inmediata, e se é posible, o mesmo que con toda lóxica eliminouse o tráfico,(coas inconvenientes que produciu), se é necesario deberán cambiarse de lugar as conducións de auga, e calquera outra posible causa de perigo para este un dos nosos mais ilustres monumentos.

Fotografía da web www.canedo.eu do amigo Manuel Dominguez Quiroga

7/10/08

O Ribeiriño

Aínda que a calidade da imaxe é bastante pobre, a fotografía merece a pena, vemos a Ponte do Ribeiriño nos seus primeiros anos, hoxe todas esas leiras están edificadas, cun fondo xa coñecido a central eléctrica á beira da Ponte Romana.

6/10/08

Os Piratas da Ponte (1940)

Piratas.
Fotografía do Albúm persoal do meu amigo Andres Iglesias Iglesias
Chiripa - Luis - Cantina - Manolo Roales - Elias (O Bicho) - Orencio Canabal - Arturiño dos Carneireiros -Pepiño da Borracha - Andres (O Berzas) - Tata e Manuel do Ogando.
Aliñación histórica, dun dos equipos (daquelas case que eran peñas de amigos), que pateaban o Campo Loña, polo menos dous aínda seguen "xogando" por aquí. Se vos fixades ben na fotografía, podedes ver a caveira que levaban no peito, era para amedrentar aos adversarios.
Aínda que intentarei darlle as que consiga de fútbol, ao webmaster de http://fotofutbolourense.blogspot.com, nalgúns casos tamén as porei neste blogue, polo seu valor histórico, e porque nalgúns casos a persoa que mas facilita é alguén que considero amigo, (e este blogue estase a convertir nunha forma de álbum familiar).

4/10/08

Vespa Ourense

Esta entrada vai dedicada aos integrantes do CLUB VESPA-LAMBRETTA CLÁSICA DE OURENSE, desde fai tempo Miguel Villar, non se cansa de invitarme a participar nas súas reunións e actividades, e a verdade é que non se debe a falta de ganas, é que non me deixa a familia, (é broma), non, axiña que poida achegareime, polo menos a facerme socio, para que vexan interese.
De momento e para que teñan unha alegría á miña conta tráiolles aquí unhas fotografías das avoas das súas mozas, para que as gocen, as tres son de modelos dos anos 50, as dúas ultimas podédelas ver en directo na exposición que se celebra estes días do fotógrafo Rizo na Deputación.

Para os que non os coñecedes, aquí déixovos o link á súa páxina, para que tamén vos animedes a coñecelos.

3/10/08

"O Rizo" foto Rizo

Cando me regalaron esta fotografía, comentáronme que o sacerdote podería ser Don Basilio Álvarez, "O Abade de Beiro", a min non me parece que sexa, e polo aspecto do sacerdote, non me corresponden as datas, pero como non teño forma de confirmalo, déixoo ao voso criterio.
* Penso que pode ser Don Jose Perez Mouriño, parroco de Beiro, co cal si que houbo coincidencia no tempo Corrección feita 0 15-10-08.
A actualidade manda, e aínda que esta entrada era para mais adiante, como nestes días podemos admirar unha exposición de Xosé Vazquéz "O Rizo", no Centro Cultural da Deputación e conseguir un belo libro coa súa obra, elaborado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, magoa que non se acordasen de incluír algunha foto das que facía no seu habitual posto de traballo, (Cruzamento de San Miguel, con Paseo, Xardínillos do Padre Feijoo).
Aquí déixovos algunhas fotografías súas que non están na exposición.

Naceu "O Rizo" o ano 1917 en San Xoan de Camba (Castro Caldelas), e faleceu en Casasoá no 1975, dedicou toda a súa vida á fotografía popular, o seu traballo desenvolvíase na rúa maioritariamente, os traballos de estudo deixábaos para outros compañeiros.

No diario "La Región" de hoxe, 3-10-08 podedes atopar un articulo asinado por Sonia Torre, con detalles sobre a súa vida e a súa obra.

Plano do 1868

1868
Un dos mais antigos e fiables, dos que se dispón