Cando me regalaron esta fotografía, comentáronme que o sacerdote podería ser Don Basilio Álvarez, "O Abade de Beiro", a min non me parece que sexa, e polo aspecto do sacerdote, non me corresponden as datas, pero como non teño forma de confirmalo, déixoo ao voso criterio.
* Penso que pode ser Don Jose Perez Mouriño, parroco de Beiro, co cal si que houbo coincidencia no tempo Corrección feita 0 15-10-08.
* Penso que pode ser Don Jose Perez Mouriño, parroco de Beiro, co cal si que houbo coincidencia no tempo Corrección feita 0 15-10-08.
A actualidade manda, e aínda que esta entrada era para mais adiante, como nestes días podemos admirar unha exposición de Xosé Vazquéz "O Rizo", no Centro Cultural da Deputación e conseguir un belo libro coa súa obra, elaborado polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, magoa que non se acordasen de incluír algunha foto das que facía no seu habitual posto de traballo, (Cruzamento de San Miguel, con Paseo, Xardínillos do Padre Feijoo).
Aquí déixovos algunhas fotografías súas que non están na exposición.
Naceu "O Rizo" o ano 1917 en San Xoan de Camba (Castro Caldelas), e faleceu en Casasoá no 1975, dedicou toda a súa vida á fotografía popular, o seu traballo desenvolvíase na rúa maioritariamente, os traballos de estudo deixábaos para outros compañeiros.
No diario "La Región" de hoxe, 3-10-08 podedes atopar un articulo asinado por Sonia Torre, con detalles sobre a súa vida e a súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias