Páginas

28/4/08

O Santo Anxo

No barrio do Couto érguese, con aires doutros tempos, un "Castelo", obra do arquitecto D. Daniel Vázquez Gulias, mandado construír por "Dona Angelita Varela".
No seu interior o escultor Asorey fixo un dos sepulcros destinados a gardar os restos dos familiares da propietaria Dona Ángela Santamarina, Marquesa de Atalaya y Bermeja (en concreto o da sua tia Dolores Santamarina).
Hoxe en día comparten o seu uso a "Fundación Santamarina", e as Irmás Calasancias, que manteñen en parte das instalacions, o Colexio do Santo Anxo.
Ese muro de pedra desapareceu, e nese lugar esta a Rúa Vila Real.

PIAVE 1905


Piave se compra pero no se vende. Agente ejecutivo y cesante de consumos aspirante a diputado y paseante en cortes.
Revista semanal, Cultural, literaria con toques satiricos.
Apareceron artigos de Marcelo Macías, Luciano Cid Hermida etc.
Según do Marcos Valcarcel saiu no 1904.
Desapareceu posiblemente no 1906.
Dir.: Arturo Fernández de Magdalena.
Edítase en la imprenta "La Popular"

Rueiro da Vila

. RÚA DA BURGA. (orixen).

. RÚA DO VILAR (Villare, 1057).


· RÚA DE HERNAN CORTES (1178 froito do union das Rúas "do Macelo" vicum Macelli (dos Brancos, carnificum), "da Pena Vixia" (Penam uigiliam), Tras Palacio, e "da Rúa Fonte Forcada").


· RÚA DA PAZ de Vergara en 1839 (Vicus Cerdonum, Zapatariorum 1212, Rúa dos Zapateiros).

. PRAZA MAIOR ( uico do campo 1222 Portal do Campo, Praza do Campo, Constitución, Plaza de la República, Plaza Nacional)

· RÚA LIBERDADE (Vicum Clausarum 1222, Rúa das Chouzas o das Chousas, 1236 Rúa da Cárcere1861).

. RÚA DA LUA (Sumitalle villa 1222 Rúa de Cimadevila, Rúa do Tendal da Figueira)

· RÚA DE COLÓN (Pomerii, Rúa do Pumar, 1227 Pelouriño 1850,o último tramo da rúa entre Pelaio e a Trinidade, era a Rúa do Vergal. (1388 do vargaal, do vergairo) ).

. RÚA LAMAS CARVAJAL (uico novo 1230 Rúa Nova, do Instituto)

· PRAZA DE SAN MARCIAL ( canum 1230 Praza da Fonte dos Coiros).

. RÚA CERVANTES (1233 Rúa da Fontaiña) comezo da rúa do Vilar, entre baixada as Burgas e Praza do Vilar (Ferreiria)1850 ).

· RÚA DA BARREIRA (Corritoria, 1238 Rúa Correaría).

. RÚA DE LEPANTO (operis 1246 Rúa da Obra 1850).

. RÚA DOS FORNOS (uico furnorum 1250).

. RÚA BAILEN.(1253 Congustam qua descendunt ab ipsis Bancis ad uiculum clausarum)

. XARDINS BISPO CESAREO (1254 Campo das Oliveiras (das Ouliveiras), Horta do Concello, Curral do Bispo)

. PRAZA DA FERRERÍA (1257 Crux dos Ferreiros, Ferreiria, Cruz do Vilar, Praza do Vilar).

. FONTE DO REY (fons episcopi 1258, Fonte do Bispo, Eugenio Montes)·

. RÚA DO BAÑO (Vicus de Balneis, 1260 Rúa do Penso, xunto ca Rúa Pelaio.)

. RÚA PELAÍO. (1260 Xunto ca do Baño, formaba a do Penso)

· RÚA DO TRIUNFO (1269 Rúa da Canicova).

· PRAZA DO FERRO (Crux ferraiorum 1270 Cruz dos Ferreiros, Tomás María Mosquera)

. RÚA CISNEROS (1277).(sur da Praza Maior)

. PARQUE DO SAN LAZARO (1277 Outeiro da Forca, Campo da Feira).

· RÚA DAS TENDAS (tendis 1295 (Tendas e Degraos)

· PRAZA DO TRIGO (Tras a absida da catedral 1315 Praza das Olas , Platerías, do grau, Da Fonte Nova).

· RÚA SAN MIGUEL (1325 Rúa da Pixotaría, da Pescadería, Rapagatos, García Hernández^)

· PRAZA SAN COSMEDE (1326 Fonte Arcada, Praza San Cosme e Damían).

. RÚA PIZARRO. (1390, Escura, Obscura 1850).

. RÚA JUAN DE AUSTRIA. (Via Sacra 1404 Patin Vello)
· RÚA SANTA EUFEMIA 1937(1395 Calella que baixa a Rúa Nova dende Zapateiros, Rúa Coronel Ceano).Esta Rua xunto ca de Juan de Austria tivo varias denominacions de dificil explicación, na parte alta estivo a
Praza do Carbón (Carvom), (sen confirmar SAN MARTIÑO), según duns mudou a
Praza do Recreo,1861 (o nome según da quen lle fagamos caso, ven de que eí tivo a sua segunda ubicación o "Liceo Recreo", e según de outros que eí xogaban nos recreos os rapaces do "Instituto"),

outros din que a do recreo era mais abaixo, e incluso a relacionan ca do
Pan Trigo (1325 unión de San Miguel, e Irmans Villar?), tamen hay quen di que era a de

. PRAZA DE SANTA EUFEMIA que si que era a
Cruz do Centeo (1315 entre tendas e zapateiros) tamen se di que a parte de abaixo era
Rúa Travesa. (dende Arcediagos a Rúa Nova)

· RÚA XULLO PRIETO NESPEREIRA. (Rúa da Aira do Bispo,1410 Rúa da Porta da Aira, Reina Victoría).

. PRAZA DAS MERCEDES (1441 Pía da Casca).

· RÚA DOS ARCEDIANOS (1441 Arcediagos, Groria).

· PRAZA EIROCIÑO DOS CABALEIROS (1446 Eiro dos Cabaleiros, Corral de los Caballeros, Praza do Cid, da Hortiña).
. RÚA DOS IRMANS VILLAR (1446 San Fernando)

. PRAZA DO CORREXIDOR. (1484 Praza de Cimadevila)

. RÚA VIRIATO.(Laxiña, Laxiñas 1850).

. RÚA DOUS DE MAIO (1861 Rua da Sal).

. RÚA DO PAXARO (Calella que vai a Pia da Casca)

. PLAZUELA DA TRINIDADE (Praza dos Zapateiros ou dos Zapatos, Trinidade)*.

. PRAZA DAS FLORES (Topete, Principe).

. RÚA MORATIN. (Palacio)*.

· PRAZA DA MAGDALENA. (Cementerio da Magdalena, Madanela)*.

. RÚA PADILLA.*

. RÚA SANTANDOS*

. RÚA DA ESTRELA (Postigo de San Francisco, Creba Cús)*

. RÚA SAN FRANCISCO*

. RÚA UNIÓN (Tras do Cristo)*


. PRAZA DA SAL (Eiro da Sal)*.

. RÚA DO PERIGRO.*

. PRAZA DA HERBA*

· RÚA SAN PEDRO (Da Cima, Cardenal)*

. PRAZA DE PENA VIXIA (Rúa do Turco, Calexón da Pena Vixia)*

. RÚA BISPO CARRASCOSA (COROA)*

. RÚA GRAVINA*

. RÚA DO ESQUECEMENTO (Rúa do Olvido, Escadas o caron Sta. Maria Nai)*

. PRAZA DAS DAMAS* (Praza do Pescado, Modesto Fernandez, Tetuán^, Horta dos Laranxos^)

. CANELLA DO SAN MARTIÑO.*

. RÚA SAN QUINTIN*

. RÚA MONTERREY (Tras Palacio)*


. XARDINS DO PADRE FEIJÓO (Isabel La Catolica)*


*sen datar mais existentes no comezo.

· RÚA STO. DOMINGO (Rúa da Corredoira - Barrio Novo - de Acevedo)

. RÚA CARDEAL QUIROGA (Rúa do Alba, Luis Espada, 1º de Abril, General Aranda, Bispo Quiroga, Arcebispo Quiroga ).

. AVDA. PONTEVEDRA ( Rúa da Aíra do Obispo ,Concejo, Rúa Pereira )

. RÚA DO PADRE FEIXÓO (1861)

. RÚA PROGRESO (Camiño do Ponte Maior, Camiño Novo, Estrada Vigo - Villacastín, Xeral Franco)

. RÚA DO PASEO ( A Travesía - Jose Antonio- nace da unión, das ruas ^Paz Novoa - Calvo Sotelo^, e ^Vicente Perez-Fermin Galan (1931) (deseño do Enxeñeiro Sr. Don Enrique Trompeta y Vinci)

. RÚA DA CONCORDIA (Estrada de Trives, Hospicio, Capitán Eloy, Basilio Alvarez).

. RÚA RAMÓN PARADA XUSTEL.

. RÚA DE REZA.

. RÚA JOSE GARCIA MOSQUERA.

. RÚA DE ERVEDELO. (Avda. de Francia)

. RÚA BEDOYA. (Dean Juan Manuel Bedoya, a parte alta chamase Carreira de Difuntos)

. AVDA. DA HABANA.

. RÚA DOUTOR FLEMING.(Alexander Fleming)

. RÚA DESENGANO


. PRAZA DE SACO Y ARCE. (Praza do olmo)

Sen nome na actualidade, sen localizar, ou absorbidas por outras.


. PRAZA DO TENDAL DA FIGUEIRA (1486, Cruz dos Fornos (Cruce Fornos, Lua, Viriato) onde esta "O Samuel", que eu saiba sen nome na actualidade)
. Praza do Peso.







21/4/08

O Primeiro "Liceo"

A foto corresponde a Rúa de Lepanto, (Da Obra) no 1969, o interes que ten e que no edificio da dereita (vindo da Catedral), o numero 14 foi a primeira ubicación do "Liceo" Ourensan.

Diario "El Miño" 1898


"El Miño" foi un diario, fundado polo deputado liberal Vicente Pérez en 1898. Neste diario escribiu Vicente Risco, baixo os pseudónimos de Rujú Sahib e Polichinela, artigos de filosofía e actualidade entre 1910 e 1913, ademais de traducir ao castelán poetas franceses e fragmentos do Mahabharata. (Wikipedia)

20/4/08

Panoramica de Ourense no 1914

A barronca.
A dereita do Progreso indo cara o Posío non había maís que a Alameda.

El Ataud 1903

" El Ataúd", diario publicado o ano 1903 do que non dispoño datos, pola súa lectura, interpreto que se trata dunha publicación ocasional, satírica; algún informador, comentoume que podería ser obra dun redactor do diario "O Miño".

Album Literario 1888



Revista cultural, que nace o mes de febreiro de 1888, tiña unha periodicidade semanal, e mantívose na rúa ata Abril de 1893.

O seu fundador foi D. Luciano Cid Hermida, escritor e historiador "Lendas, Tradicións e episodios Históricos de Galicia".

Colaboraron ca Revísta escritores como Curros.

Os seus artigos publicados, tanto en Galego como en Castelán, trataban temas literarios e/ou políticos, nestes manifestábase unha tendencia de apoio ao Rexionalismo Galego.

Logo da súa desaparición, o seu propietario e fundador,no ano 1903, tentou outra aventura literaria, sacando á rúa "La Crónica Literaria", coa mesma orientación, pero non aguanto nin sequera un ano.

O Colexio Marista 1908

Desde 1908 acompáñannos na cidade, formando e educando a moitos dos ourensáns que hoxe viven a cidade.
No ano 1932 ausentáronse da cidade, e ao seu regreso no ano 1954 anunciábanse no diario "La Región".

El Eco del Liceo 1870


Empezou a súa publicación o ano 1870, o primeiro número viu a luz o 1 de Abril.
O seu fin era meramente cultural (Literaria e Científica).
Tense constancia da existencia de 26 números.
Segundo D. José Adrio Menéndez
"Tirábase na imprenta de Moldes mediante o pago de 620 reais ao mes, pero xulgándose excesivo o desembolso, cesou a publicación en 2 de Outubro seguinte".
A existencia dun número con portada do 8 de Outubro, e o que na última páxina figure a anotación:
Imprenta de D. Francisco Paz
C/San Miguel 16 A
Contradice minimamente a afirmación do Sr. Menéndez en canto á data de peche, aínda que é posible que a Imprenta fose coñecida por "Moldes", co cal sería verídica a súa afirmación nese sentido.
(13-11-08) * Según da última información fixeronse os primeiros numeros na Imprenta "Moldes", e despois foron obra de Don Francisco Paz, co cal querolle devolver o creto, o Sr. Adrio Menéndez, e pedir desculpas polo erro.

La Zarpa 1921

Publicado por D. Basilio Álvarez. (O Abade de Beiro)
Basilio Álvarez foi unha das figuras máis descatadas do movemento agrario galego.
Naceu en 1877 na cidade de Ourense, onde vivíu ata o momento do inicio da súa carreira eclesíastica, a cal foi cursada no Seminario Conciliar de San Fernando.
Nesa epoca 1900 fai a sua primeira publicación "La Galerna", revista eclesiastica.
Tras unha breve estancia de dous anos en Madrid, volta a Galiza en 1910 para facerse cargo da parroquia de Beiro (Ourense), o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro".
En 1909 asume a dirección da revista Galicia.
Formou parte (como Manuel Portela Valladares
ou Alfredo Vicenti) do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de Galiza, grupo que constitúe as orixes de Acción Gallega (1910). Precisamente, el será un dos fundadores desta asociación agraria. Mais a súa actividade política e o seu claro posicionamento a favor dos labregos non foi visto con bos ollos por parte do bispado, o cal lle custou a perda da súa parroquia. Desde ese momento, abandona a Igrexa e comeza a vivir da avogacía, sen abandonar a causa agrarista. De feito, foi determinante para que Ramón Cabanillas (autor do himno de Acción Gallega) iniciase a colaborar co movemento agrario.
No 1921 empeza a publicación de "La Zarpa", de xeito ocasional tivo problemas coa censura no 26 ca ditadura de Primo de Rivera e temporalmente trocou o nome polo de "El Agro". (xa ampliarei)
En 1931
, coa instauración da Segunda República, consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes. Mais o golpe de Estado de Francisco Franco e o estalido da Guerra Civil (1936 - 1939) obrígano a se exiliar a América (Cuba nun primeiro momento, os Estados Unidos despois).
Basilio Álvarez morreu nos Estados Unidos
no ano 1943. (Wikipedia)

Severino


Axente Inmobiliario, Xestor Administrativo, un dos mais coñecidos da cidade, durante moitos anos, colaborou co Sr. Cachafeiro (Empresario e Construtor de renome na cidade).

Dende os anos corenta, traballo na cidade.
As súas oficinas estaban na Rúa Calvo Sotelo 3(Rúa do Paseo) Rúa de Paz Novoa, encima das Galerías Tobaris.
Hoxe en día a súa familia continúa mantendo oficinas e negocios na cidade.

17/4/08

Rúa Bailén

A Banca Romero hoxe en restauración

7/4/08

O Instituto

Instituto
O instituto nos seus primeiros anos de andaina, no seu momento foi unha obra de gran necesidade, xa que as instalacións que ocupaba na Rúa Lamas Carvajal (Rúa Nova), eran demasiado pequenas para as necesidades da época.

(En primeiro plano vemos a dous señores, cun dispositivo, son os "barquilleros", o dispositivo dispuña dunha ruleta, comprábaslle o barquillo( tubo de galleta), viraba a ruleta, e segundo onde se parase, dábache un, dous e case nunca tres barquillos.)