Basilio Álvarez foi unha das figuras máis descatadas do movemento agrario galego.
Naceu en 1877 na cidade de Ourense, onde vivíu ata o momento do inicio da súa carreira eclesíastica, a cal foi cursada no Seminario Conciliar de San Fernando.
Nesa epoca 1900 fai a sua primeira publicación "La Galerna", revista eclesiastica.
Tras unha breve estancia de dous anos en Madrid, volta a Galiza en 1910 para facerse cargo da parroquia de Beiro (Ourense), o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro".
En 1909 asume a dirección da revista Galicia.
Formou parte (como Manuel Portela Valladares ou Alfredo Vicenti) do grupo de intelectuais e políticos residentes na capital do Estado que se reunían para debater sobre os problemas de Galiza, grupo que constitúe as orixes de Acción Gallega (1910). Precisamente, el será un dos fundadores desta asociación agraria. Mais a súa actividade política e o seu claro posicionamento a favor dos labregos non foi visto con bos ollos por parte do bispado, o cal lle custou a perda da súa parroquia. Desde ese momento, abandona a Igrexa e comeza a vivir da avogacía, sen abandonar a causa agrarista. De feito, foi determinante para que Ramón Cabanillas (autor do himno de Acción Gallega) iniciase a colaborar co movemento agrario.

No 1921 empeza a publicación de "La Zarpa", de xeito ocasional tivo problemas coa censura no 26 ca ditadura de Primo de Rivera e temporalmente trocou o nome polo de "El Agro". (xa ampliarei)
En 1931, coa instauración da Segunda República, consegue ser deputado nas Cortes Constituíntes. Mais o golpe de Estado de Francisco Franco e o estalido da Guerra Civil (1936 - 1939) obrígano a se exiliar a América (Cuba nun primeiro momento, os Estados Unidos despois).
Basilio Álvarez morreu nos Estados Unidos no ano 1943. (Wikipedia)

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias