Consejos y avisos

15/8/11

O Polvorín (Fernando Valcarcel)

 O POLVORÍN

No ano 1933, sendo alcalde de Ourense D. Antonio Álvarez Dopazo, o Concello, insta ao Sr. Ministro de Guerra á cesión do antigo almacén de pólvora, instalado no lugar coñecido como “Campo do Polvorín”. Esta solicitude tiña como fin último a futura construcción no lugar dun grupo de vivendas, as entón chamadas “Casas Baratas” (hoxe vivendas de promoción pública), xa que esta era unha zona de expansión natural da cidade.

Para afondar na orixe do topónimo “Polvorín”, remontarémonos ao ano 1800, data na que se levanta no lugar unha pequeña edificación en pedra para albergar a pólvora do ramo de guerra que anteriormente se custodiaba nas proximidades da Ponte Maior.

A entrega do terreo ao Concello de Ourense, realízase finalmente en xaneiro de 1934, pero non será ata 1954 cando se proxecten as 150 vivendas ”protexidas” do “Grupo Santa Bárbara”.

Ao amparo da “Obra Sindical del Hogar y Arquitéctura” construénse en Ourense na década dos 50 as 63 vivendas de “General Mola” e as 170 do “Virgen de Covadonga”, entre outras. Xa nos anos 60 construiránse os grupos do “Couto”, “Guizamonde”, “ Estación” ou “Mariñamansa”.

Fotografias da coleccion de Don Miguel Doval

11/8/11

"Ó Foplas", Don José Rodriguez Bouzo


As fotografías que ilustran esta entrada, son cedidas pola comunidade do Divino Maestro, e feitas por don José nos anos setenta.
 
Sirva de recordo para o fotógrafo Foplás o texto que publicou La Región o pasado 09.08.11, escrito polo amigo Xosé Lois Carrión, membro tamén do Arquivo Visual Ourensán. Todos/as os/as que formamos parte do aVo mandamos unha agarimosa aperta á viúva e demais familiares e amigos/as:
"Sen ruído, sen querer molestar decidiches iniciar a túa derradeira viaxe, unha viaxe que todos/as imos ter que facer.
Comentáchesme máis dunha vez que aprenderas o oficio xunto con don Leopoldo Iglesias López (iniciador da saga Villar Foto) e foi ese oficio que che axudou a ganar uns cartiños na túa estadía en terras venezolanas. Ao teu regreso, xunto aos teus irmáns, iniciaches negocios inmobiliarios.
Loxicamente, a arte de obter imaxes grazas á luz seguiu estando presente na túa vida, cun establecemento que ao mellor alguén non coñece. Ao mellor a alguén tampouco lle soa a túa cara, pero o que si é seguro que todo o mundo sabía o teu slogan, o que che fixo súper popular: “¿A dónde vas? A Foplás, frente a Correos”.
Coido que chegados a estas liñas xa o/a lector/a sabe que me estou a referir a Pepe Foplás, quen para o seu DNI foi José Rodríguez Bouzo.
O Foplás, hai que recoñecelo, tiña un pronto moi rápido pero tamén un bo corazón, un corazón que aguantou mil e unha na súa vida, ademais da morte dos pais, de dous irmáns, parentes, amigos…, un corazón que cando hai uns poucos meses tivo que padecer xunto coa súa dona Lula o pasamento da filla Yoli sufriu un serio revés. “E eu que fago agora!”,comentoume repetidas veces dende entón.
Aínda que seguiu coa súa vida habitual –partida na cafetaría “Alameda”, un par de viños polas tardes, paseos pola Alameda, curtas estadías coa  familia n’A Toxa…, Pepe non foi quen de asumir a marabillosa letra de Eric Clapton “Tears in heaven” (Bágoas no ceo), cantiga escrita logo da morte do seu fillo:
“…debo ser forte e seguir adiante /
porque sei que o meu lugar non está eiquí no ceo…”.
Pepe Foplás marchou, marchou tranquilo como crente a xuntarse cos seus, a facer a fotografía da súa vida.
Unha aperta para Lula, Aurora, Ovidio, Chicho e Anuncia, e para os/as demais.

8/8/11

Unha errata

O domingo pasado 31 xullo, no diario La Region, saiu publicada na fantastica sección que estan a facer dos 75 anos da guerra civil, esta fotografía, dun desfile naqueles anos.
O caso e que a pesar de contar ca colaboración do A.v.O. que lle cedeu algunha das imaxes, esta en concreto, non forma parte do catalogo do Arquivo visual Ourensán. Posiblemente tratese simplemente dun cambio nos pes de foto xa que fai uns días nesta misma sección si que figuraba unha fotografía do noso arquivo que coincide con ese pe de fotografía.
O erro non ten maior importancia, xa que por desgraza tanto eles como nos teremos moitos mais erros, pero neste caso xa que o detectei, millor correxilo.
Abaixo tedes a fotografía que corresponderia co pe de foto. E si que mostra un desfile diante da Chevrolet o ano 1938, a outra penso que non se fixo na cidade, e poidera corresponder a unha das nosas vilas.

4/8/11

Salón de beleza anos 50

 Tiven a fortuna estes días de contactar cunha nova amiga, Francisca Castro Bermudez; e a parte de ser un placer, conversar con ela e a sua encantadora filla; puiden disfrutar da sua gran colección fotografica.
Entre multitud de fotografías de Schreck, Rizo, Conde etc. Ten nos seus albums, outras moito mais naturais; eran as feitas polo seu pai, afecionado a fotografía, que retrataba momentos mais familiares e personais, as merendas no rio, as excursions as feiras, os viaxes; moitas lembranzas que Francisca permitiume compartir, e quero agradecerlle.

Non vou adiantar datos, pero xa vos digo que na proxima exposición do A.v.O. ides ver algunhas das xoias que garda nos seus albumes, xa que corresponden ca tematica escollida pola asociación. (teredes que agardar a setembro pra empezar a ter datos). Hoxe e pra empezar as colaboracions co blog, escollin esta fotografía. non foi pola antiguedade, nin siquera pola beleza da dama retratada. Nesta ocasión chamoume a atención, a maquina "terrorifica" que sae na imaxen.
Eu lembro estar ca miña nai (aguantando mecha, e o mais formaliño que podia), na peluqueria, e ver como lle poñian na testa aqueles cascos de astronauta, (nalgunha ocasión ata metin eu os cornos por alí, e algun azoute levei); por eso o ver este aparello anterior a aquela etapa da miña vida sorprendeume. Fixadevos na cantidade de cables, e pinzas metalicas que ten, calquera diria que ina arranxar un coche, en vez de poñer mais guapa unha fermosa muller. O que tamen se me ocorre, e que as traballadoras dos centros de beleza daquela epoca, a parte de ter boa man, e millor gusto, (pra dar consellos as clientas), terian que facer un cursiño de electronica, non si?. 

Desta fotografía, non lle quisen preguntar quen era a protagonista, nin moitos datos, pra sorprendela, pero que me corrixa ela se me equivoco; debeuna obter o seu pai no negocio familiar, mais ou menos a comezos dos anos 50. E a fermosa dama debe ser ou a sua nai, ou a sua tia.
De novo grazas Francisca.  

1/8/11

Joselín


Entre as miñas posesións máis prezadas, xa de antes de comezar a aventura de Ourense non Tempo, estaba o álbum incompleto de Ksado Estampas de Galicia.
E nel sempre me chamou a atención este cromo que hoxe vos mostro, como podedes ver o numero 7 da serie 40 provincia de Orense.
Froito das moitas lagoas que teño no coñecemento da historia da nosa cidade, e que nunha procura rápida pola rede, non atopei nada, que me axudase a identificar a este personaxe, deixara o tema para outro momento.
A casualidade fixo que nestes días e sen buscalo, caesen nas miñas mans datos sobre este singular personaxe, que me levan moi ao meu pesar, a corrixir ao mestre Ksado. Na súa descarga quero pensar que é posible que o seu erro puidese estar motivado, pola confusión de Joselín, co Ourensán Xullo Borrajo, (do que tedes no blog algunha entrada, e algunha máis abra en breve), dado que o seu estilo era moi similar, e ata a sua caracterización para as actuacións, gardaba certa similitude.
No excelente traballo do que aquí vos deixo a referencia, atopei a maior parte da información que teño deste personaxe.

Fernández da Cigoña Fraga, Salvador (2008). CRONICAS E ESTAMPAS DE BAIONA A REAL. Editorial Deputación de Pontevedra. Vigo. España

José Rodríguez de Vicente "Joselín" (Vigo 1895- Bos Aires 1958)

Logo de estudar en Vigo e Madrid, en 1916, viaxa o Uruguai, onde polo seu don de xentes, conseguiu traballo de xornalista no semanario Terra Galega, ao mesmo tempo, comezou a mostrar as súas habilidades teatrais, e creou o personaxe de Joselín, un galego de pobo, bonachón e de poucas letras, pero con moita sabedoría.
A súa forma de ser inqueda, lévolule a desempeñar ao longo da súa vida moitas ocupacións, entre as que cabe destacar a súa actividade política, por medio da cal ocupo a alcaldía de Bayona, entre 1927 e 1929, ao pouco do seu regreso de Sudamérica; posteriormente traballou en Salamanca como dono dunha oficina de turismo e en Madrid como xornalista do diario "La Nación".

Logo dalgunha incursión mais no mundo do teatro, (en 1932 estrea Terra Nai no García Barbón), trasladouse a Arxentina, onde continuou desempeñando labores de xornalista, pero nunca rompeu os lazos ca sua Galicia, á que volveu de visita en varias ocasións. E sempre se mantivo activo en canto a fomentar a unión e comodidade dos galegos emigrados, pra o que creou en Bos Aires o centro "Ayuntamiento de Bayona", posteriormente transformado en "Círculo Social Val Miñor".
Por todos os seus desvelos e traballos, en1955 foi premiado coa Cruz de Isabel A Católica

Como podedes ver a sua relación ca nosa provincia aparentemente non existiu, polo cal como indico arriba penso que don Luis Ksado poidera terse confundido de personaxe..