Consejos y avisos

2/5/10

Día da Nai


Grazas Mama.
Vantaxes de ter un blog

1/5/10

Auria Bella 1903


Nas miñas mans, caeu fai tempo unha fotocopia da portada, desta que foi unha publicación non periodica da cidade; segundo o Profesor Marcos Valcarcel, no seu libro "A prensa en Ourense ...", unha das publicacions importantes da epoca.
Grazas a amabilidade da biblioteca da Deputación, puden botarle un ollo a toda a revista, e certamente o profesor Valcarcel, coma sempre, tiña razón.
Na portada figuran os nomes de: Gerardo Alvarez Limeses, Juan Xesta, e Alejandro Cerecedo Millán, quenes se non me trabuco, foron os coordinadores, xunto con Pedro Ferrer da edicción.
A revista en si, xa é unha xoia; o marxe dos citados, que a maiores do traballo de coordinación, aportaron varios dos textos, (o señor Xesta (Taxes), tamén aportou, unhos dos seus esplendidos debuxos), conta ca colaboura, de nomes coma Marcelo Macias, Eduardo Moreno Lopez, Luis Madriñan, Ángel Ferrín Moreiras, Basilio Alvarez, Nuñez de Couto, etc, (por non extenderme mais deixo sen nomear a mais de quince colaboradores, que en nada desmerecen os citados), co cal de por si, xa paga a pena de leela; por si fora pouco, tedes unhas cantas fotografías realizadas por José Pacheco, e Pedro Ferrer (Coruña), que son unha autentica maravilla, nalgun caso son retratos, que permiten recoñecer os persoeiros da epoca, e noutros son fotografías publicitarias, que nos achegan empresas locais doutro tempo.
Para non extender mais a entrada deixareino eiqui, pero a sabado que ven, mostrareivos outra xoia, que poderia facer parella con esta, a pesares dos once anos que as separan, a revista "Vigo- Ourense".

30/4/10

Ampliación da rúa Santa Eufemia

Esta é a clarificadora imaxe, á cal referíame o martes.
Nela vemos perfectamente, que a pesar de non ser igual, o aspecto da fachada de Santa Eufemia, ao actual, non existen dúbidas sobre se é ou non é; aparte de que algúns informadores, comunícanme que cando se constrúiu a torre da dereita, tamén se modificou a parte superior da fachada.
Esta fotografía, achega outro dato de interese, na súa traseira, o autor, (fotógrafo de afección e home de recoñecido prestixio na cidade), escribiu a data en que foi obtida, "San Xoan de 1938", e por datos recollidos noutras das imaxes que me facilitaron, dedúcese que estaba próximo a ser derrubado. Recompilando toda a información, poderemos dicir, que a obra que a finais do século anterior (s. XIX), proxectou o Sr. Gulías, pra ampliar a "Canella que baixa a Rúa Nova dende Zapateiros" (Santa Eufemia), en xuño do 1938, aínda tiña pendente de executar a última fase, a derriba do edificio que se ve na fotografía.
Por imaxes que vos mostrarei proximamente, veredes que os máis próximos a Santa Eufemia, xa estaban case que rematados, coa súa nova liña.
Se vos fixades nos cristais, de todos os edificios, veredes un detalle significativo, da época en que foi obtida, tanto esta fotografía, como a do martes; os cidadáns, colocaban, ben unhas tiras adhesivas, ou ben pegaban unhas gomas en forma de xe, en todos os cristais, non pra evitar a súa rotura en caso de bombardeo, ou disparo de armas, (algo que facilmente podía ocorrer, dado que o país estaba inmerso en plena Guerra Civil), senón, pra evitar que ao romper eses cristais, os anacos actuasen como proxectís, tanto pra viandantes, como pra os habitantes das casas.

28/4/10

Maristas do 58-59

*últimas correccions feitas por Victor Mouttet, (tedelas en bermello na relación), grazas Victor (3-Maio-2010)
Estan a levar tempo as identificacions dos persoaxes que aparecen nas fotografías de grupo, tanto dos Maristas, de outros colexios, ou calquera outro grupo de xente; sexa como fora, siguen abertas as paxinas do blogue, pra ir completando os datos.

Hoxe, e despois de varios mails, (o último de Jose Mª Eguileta, quen tivo a amabilidade de numerar a todolos seus compañeiros), traiovos de novo este grupo de alumnos do colexio Maristas, nados no 58-59, que pousaban no patio o curso 69-70?.

1. Melchor Barja Conde 2. Saco 3. Suárez 4. Blanco 5. Quevedo 6. José Mª Perez 7. ¿Márquez? 8. Jorge *Arturo Iglesias Suarez-Noguerol "Gugú" 9. Victor Jaime Mouttet Álvarez 10. Reverter 11. *Fernando Lamas 12. Javier Fdez. Seara

13. Justo Salvador Salgado Sanchez 14. Luis Fábrega 15. ¿ 16. José Mª Eguileta Franco 17. Deza 18. ¿Rebolledo? 19. Fraguas 20. ¿ 21. * José Antonio Rodriguez "Coté" 22. ¿ 23. ¿ 24. Randulfe

25. Pedro Araujo 26. ¿ 27. García 28. Arturo Alonso 29. José Mª Arrojo 30. *Moncho Corcobado 31. ¿ 32. ¿ 33. Antonio Menor Penedo 34. *Ferro 35. ¿ 36. Alfonso Fírvida

37. Jorge Osuna 38. ¿Tomas? 39. Jorge Hentschel Guerra 40. José Manuel González Sánchez 41. Enrique Castro Fernández 42. Julio 43. José Luis Vila Vázquez 44. Domínguez 45. José Luis Rodríguez 46. Doval 47. Sas 48. *Guntín
Como podedes ver, ainda quedan *8 incognitas, e algunha dubida, a ver si mais adiante rematamola.

27/4/10

O patín da catedral

Esta vai ser unha entrada, que teredes que esperar ao venres, pra entendela.
A primeira vez que vin esta fotografía, debe facer, pouco menos de dous anos, lembro que me atopaba con Don Jose Cesar Llana, do museo Etnolóxico de Ribadavia, e que nada máis vela, dixen que era o patín da catedral, e aí quedo a cousa; realmente éo, co cal non parece nada estraño.
O caso é que posteriormente, revisando o meu arquivo, mírea con máis atención, e había varios detalles que non me encaixaban; antes de continuar, teño que advertirvos, que as miñas capacidades para distinguir perspectivas, e calcular distancias, deixan moito que desexar.
Ben, volvendo ao tema, relatareivos as miñas elucubracions:
.- Se a esquina do patín, é a parte superior da Xoiería Cid, onde está a rúa da Paz?
Vale, un fallo de perspectiva, o pequeno chaflán que se ve no bordo da imaxe, é o do edificio do café latino, cara á rúa da Paz, asunto resolto.
.- Pero entón que fai aí ese edificio da galería, e a gran cheminea?.
.- E aquilo que se ve pegado a ese edificio, é Santa Eufemia?, porque a falta de torres, podo entendela; foi na década dos oitenta, cando Don Luís Rodríguez Portugal (párroco daqueles anos en Santa Eufemia; o meu párroco por certo), conseguiu, coa axuda de todos os seus fregueses, levantar unha das torres, (a outra aínda esta "pendente" ). Pero do que non sabía, era da modificación da fachada, na fotografía vese un tellado a dúas augas?.
.- A ver se vai ser que, se trátase do patín do Pórtico do Paraíso?.
Non, iso é imposible, aínda que o edificio de en fronte fose o que ocupou Radio Orense, na rúa das Tendas, o da galería non caberia, máis que nada, polo "ancho da rúa".
Ahhhh, o "ancho da rúa", e aí foi onde se me empezaron a despexar todalas miñas dúbidas.
Botarlle unha ollada á entrada do 30 de novembro do 2009, "A nova aliñación da rúa Santa Eufemia", (http://ourensenotempo.blogspot.com/2009/11/nova-alinacion-da-rua-santa-eufemia.html) e no plano que aí atoparedes, veredes a solución.
Pero pra rematar de comprendelo, recoméndovos que vexades a fotografía que espero pór o venres.
Deixouma unha encantadora señora, xunto con outra serie de imaxes moi orixinais, que agardo podades ollar en próximas entradas, polo momento non direi o seu nome, recoñezo, que me esquezín preguntarlle se, me autorizaba a citala ou non?, polo cal de momento queda no anonimato.
Por certo a marca de auga da fotografía, e a do "Arquivo visual Ourensán", pero poderia ser a do Museo Etnoloxico de Ribadavia, a do Arquivo Municipal de Ourense, ou teria que darlle as grazas o amigo Lisardo Mazaira, os tres en diferentes momentos, facilitaronme unha copia desta fotografía, e realmente, vendo o que reflicte, comprendo a existencia de tantas copias.
De todolos xeitos grazas os tres pola colaboura.