Consejos y avisos
4/10/09
3/10/09
A Lambretta na Avda de Bos Aires
Os amantes destas xoias, agradezeranme esta fotografia, unha Lambretta dos 50, que se paseaba pola Avenida de Bos Aires.De paso comparade como estaba daquelas a construcción na rúa, ca de hoxe; a imaxe esta obtida preto do estanco de Luis Roales.
Etiquetas:
Detalles
2/10/09
A parroquial de San Domingos
O convento de Santo Domingo, non tivo moita fortuna na súa estancia na nosa cidade, logo dos penosos avatares, que tivo que sufrir ata que foi rematado e empezou a desempeñar as súas funcións, chega o ano 1808 e "a francesada" (sic. Don Xesus Ferro Couselo), fai que sexa convertido en cuartel, de todo tipo de tropas que circularon naqueles anos pola cidade, quedo practicamente destruído, ata que no 1824, conséguese froito da axuda dos ourensáns, reconstruílo.
Desgraciadamente non foi moi longo o seu período como convento, aínda que se frutífero,(noutra ocasión falaremos da sua pegada cultural na cidade).
Logo da desamortización de 1835, comeza un período civil, en canto á súa utilización, que realmente aínda que con outro edificio, segue desempeñando na actualidade.
Durante moitos anos foi propiedade da Deputación provincial que lle foi dando uso según as necesidades, albergou a Audiencia Provincial (1882), a Escola normal de Mestras , na planta alta (1883), e a escola de prácticas de nenas, polo seu claustro pasaron desde grupos circenses, a compañías teatrais, en fin, a súa localización permitiu que sempre houbese alguén interesado en darlle uso.
O documento que hoxe vos mostro, é o que deu lugar á existencia da pequena casa parroquial, que aínda hoxe acompaña, á igrexa existente hoxe en día, (desde que se converteu en Parroquia "Santa Eufemia A Real do Centro", disgregouse do convento).
En abril de 1879, o párroco de Santa Eufemia (Santo Domingo) Don Sebastian Roberto Novoa, tiña solicitado o Bispo Cesareo, concedéselle o uso desa pequena propiedade, e o Sr Bispo nesta misiva traslada a demanda , o Sr Ministro de Gracia y Justicia, non foi sinxelo conseguilo, e como veredes noutras entradas, foron varias as veces que se lle tivo que pedir a Gracia o ministerio, como e evidente acabou por conseguilo, pero costou.
Así cando en 1915 decídese derrubar o convento para levantar o edificio de Facenda, este espazo mantivose o marxe do resto do solar.

Etiquetas:
A Hestorea,
Mapas e Planos
O Cuartelillo
Hoxe e o día do Anxo da guarda, festa da policia, e como non atopei unha fotografía mais apropiada, poñovos esta; non e nin o edificio, nin son os persoaxes, pero a fotografía coido que paga a pena.
A casa Cuartel da Garda Civil, estaba daquelas ubicada na avda. de Bos Aires, hoxe con mais comodidade, esta na carretera de Santa Mariña, e os persoaxes, son militares, non Policia nin Garda Civil, algo estarian a celebrar nas instalacions da Garda Civil, a inauguracion penso que non, ollando o estado da parede.
Se alguen sabe do que se trataba a celebración, pode decirnolo.
Etiquetas:
Os Edificios
Os guateques (O Botellón)
Hoxe durante o día, teredes tres entradas, que as disfrutedes.
A imaxe, mostra un guateque dos sesenta, fixarvos na mesa e veredes que estes mozos eran uns privilexiados, tiñan unha botella de cognac (coñac), agora fixarvos noutro detalle, cantos bebedores contades pra botella, daquelas o fin que se buscaba non era beber, era divertirse, bailar e si se terciaba ligar.
Estoutra traenos a primeira verbena do ano, "As Candeas", e podedes ver o botellón da época, esa xarriña que agariman os cabaleiros era viño tinto con azucre, a bebida máis socorrida naqueles anos, de feito unha festa só requiría un pick-up (toca discos portatil), e unha xarra desas, pra organizarse.
O problema do botellón, non é, que se faga en si botellón, ou reunións de amigos para beber, o problema está nas formas e a educación.
Botellón eran as tardes tomando copas na praza dos suaves, diante do "Papes".
Botellón eran os guateques, dos sesenta que podedes ver nas imaxes, ata podo mostrarvos imaxes de épocas anteriores.
A diferenza reside en que para divertirse, non é necesario romper papeleiras, nin queimar colectores, nin esnaquizar os carteis de información turística, (como lin esoutro día), nin deixar os parques convertidos en autenticas piaras, iso non é divertirse.
Etiquetas:
Eles Fixeron e fan Ourense
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













