Consejos y avisos

7/1/09

O Aporsa?

Aporsa
Típica (que non mítica) fotografía; no antigo banco de España, o axente da autoridade, dando cumprida resposta aos requirimentos dun cidadán.
Pero a importancia da imaxe, para a min é ver a pequena "chabola" que había onde hoxe esta a entrada do Aparcadoiro do Paseo (Ap.Or.s.a.), e o edificio de á beira, onde hoxe esta a oficina principal de Banesto.

Salesianos no Couto

A verdade é que se algún colexio ourensán, preocupouse de ter fotografías de grupo pola cidade, ese é o Colexio dos Salesianos, aquí tedes outra mostra, e aparecerán mais.
Esta se non me equivoco foi sacada no Estadio do Couto a comezos dos anos 50.

O Barco no Tempo 1

Praza de Calvo Sotelo no Barco de Valdeorras

Construíndo o Viaduto

As fotografías son outra contribución do meu amigo Alberto, ao cal agradézolle novamente a súa colaboración.
A comezos dos 50 este era o aspecto que presentaban as obras do viaduto do tren.
Esta xa é a segunda entrada especifica desta ponte, (a anterior corresponde aproximadamente ao ano 1957), na outra podedes ver mais datos da súa construción.
Tamén podemos observar, que eses anos eran un momento de cambio en canto aos modelos de roupa de baño, mentres aínda subsistían os modelos de corpo enteiro, xa se utilizaban os tipo slip, e empezaban a verse os tipo boxer, o mais significativo, era a redución de pano utilizado.

6/1/09

Os Reis Magos

Hoxe pasaron os Reis Magos pola cidade, e nótase, (sobre todo nos colectores de papel e cartón, e nas maltreitas carteiras dos "Reis"); pero o que tamén se "nota", é o cambio de gustos e opcións dos reis, o que antes se anhelaba era, polo menos esteticamente mais belo, moitos non recordan as "Pepónas", as "Mariquita Pérez" (estas moi poucos, saíu ao mercado no 39 e o seu prezo era de 85 pesetas, cando o soldo medio mensual era de 50 ptas, a Pepona era mais popular, o seu custo era de 5 ptas. ) , os cabaliños de cartón, os aros etc, porque hoxe todo ten que ter pilas, movemento, son, intentemos deixar algo á imaxinación.
Fai moito tempo que non escoito a un neno que xogando cun coche faga o brummm, brummmm do motor nin o ñiammm, dos derrapes das curvas.