Consejos y avisos

28/11/08

Marcos Valcarcel "Historia de Ourense"

Non teño a fortuna de coñecer á persoa, pero si as súas obras, tanto escritas coma dixitais, (tedes un enlace ao seu blogue á dereita da páxina).
Aínda que noutro momento faga unha entrada mais ampla para a sección de "Veciños célebres", non quería perder a oportunidade de recordarvos que mañá ás sete da tarde no Liceo, é a presentación do seu novo libro "Historia de Ourense", e que despois recibirá unha merecida homenaxe dos seus amigos cunha cea no Restaurante San Miguel.
Dende este humilde blogue.
Grazas polo seu traballo e felicitacións por ter tan grande e bo grupo de amigos.

27/11/08

O doutor Alveiros

Esta semana, caeu nas miñas garras este pequeno libro, e recordei que coñezo a outro doutor Alveiros, ao cal dedícolle esta entrada, non pola súa condición de doutor, que o é, se non polo seu vicio insano (o non habitual adoita levar este adxectivo??) de achegarnos o cine dende outro punto de vista, para min inimaxinable ata que empecei a ler os seus Medycines, e quero recomendarvos que vos acheguedes a este blogue http://medicinaycine.blogspot.com/, non esperedes un blogue amable, senón algo cru, pero real, por sorte a vida non é só iso, pero iso esta na vida.
Oxalá todas as entradas fosen para saber se os ovos que comeu Newman cabíanlle no estómago, pero por desgraza iso é un detalle simpático, pero illado.
Visitádeo e opinade.
Un saúdo a Aloysius.

A viúva e a Garrapiñada

Grazas á miña amiga Chicha, puiden ver esta fotografía na que saen dous dos negocios que mais visitaban os rapaces os fins de semana.
Que era unha tarde de sábado sen darlle unhas chupadas a unha mazá de caramelo recén feita?, (algúns días do Nadal, os nenos coa súa mazáciña facían xogo coas decoracións dos "Almacéns Santa Eufemia"), pero os produtos estrela eran a améndoa garrapiñada e as pedras de caramelo con améndoa ou cacahuete, (sabores que se gardan de neno e non se volven a atopar).
Non teño que dicirvos que falo da Granadina. (O nome supoño que se deberá á procedencia da fundadora do negocio).
O outro negocio procurarei conseguir outra fotografía para falar del, pero xa imaxinades que é "A Viúva", "A Lisarda", ou a "Viúva de Lisardo", como lle queirades chamar, (será outro día).

26/11/08

Trives no Tempo 1

A partida 1915 nesta carreta, comezamos esta nova sección.

Teño que recoñecer, que a miña intención era que neste blogue soamente se faláse da cidade de Ourense, pero a verdade é que me resultaría desagradable desprezar o material que me fixeron chegar uns amigos.
Por todo iso, inauguro hoxe un nova sección, de vilas pobos aldeas e lugares da provincia de Ourense.
A sección chámase Trives como agradecemento ás persoas que me han “obrigado” a creala, o actual alcalde de Trives Luís Álvarez, e o meu amigo Luís Antonio Pereiro (aparellador municipal).
Trives 1899 Vista parcial

A terra dos “Tiburos”, pobo castrexo foi posiblemente a primeira denominación de “A Pobra de Trives”, a capital chamábase “Nemetóbriga” (Trives Vello ou Ponte Navea), e os poboados, eran Civida, Castelo, As Cigadoñas, e “O Castro”.
En tempos dos romanos, era cruzada pola Vía Nova (de Bracara Augusta a Asturica Augusta).

Xa na idade media, formaba parte do condado de Lemos.

Na leira dos Marqueses Agosto de 1891
O Trives contemporáneo, non se pode definir, sen mencionar aos Señores Marqueses de Trives, o primeiro, Don Nicanor Alvarado e Casanova, foi a parte dun gran benefactor da Vila, un dos focos de atracción da nobreza Galega, que acudía a veranear, á vila, escapando das calores das cidades.
Na actualidade é unha vila con moito encanto, pola amabilidade das súas xentes, as súas casas señoriales, a súa gastronomía tradicional, (menos mal que en Ourense se poden atopar as súas bicas con facilidade), e cando a neve acompaña, pola súa magnifica estación de montaña “Manzaneda”.

A Praza

Os comezos dunha gran empresa

Dou as grazas a Isabel Calviño por prestarme unhas cantas xoias fotográficas
Despois dun ardúo traballo de investigación, conseguimos este importantísimo documento gráfico.
Aquí temos a imaxe que demostra que o nacemento da empresa Coren non foi froito da casualidade, nesta cidade sempre tivemos unha estreita relación con estes animalíños.
Tempos aqueles en que algúns veciños gozaban de ovos de curral sen desprazarse da cidade; acórdome da miña infancia, en casa tiñamos un espertador sen pilas, que non fallaba nunca, era un galo propiedade duns veciños que vivían no patio de mazá das traseiras do "Garáxe Mexicano" (Doutor Fleming, Progreso, Reza e Parada Justel).