tag:blogger.com,1999:blog-171439534291195350.post1531494531930626882..comments2023-12-18T10:30:09.710+01:00Comments on Ourense no tempo: Teatro Valle Inclán- Virxilio por Sara Pérez CarballoRasshttp://www.blogger.com/profile/13610484271438180470noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-171439534291195350.post-73994154687433497622022-10-30T13:03:34.391+01:002022-10-30T13:03:34.391+01:00Pois efectivamente, este foi o 'cartel' qu...Pois efectivamente, este foi o 'cartel' que Virxilio fixera naquel histórico ano para o histórico grupo de teatro Valle Inclán, que dirixíu o xa desaparecido Alvarado, e que tiña un plantel de actrices e actores de primeira categoría. Quixera salientar e reivindicar o recoñecemento da grandísima actriz que protagonizaba o elenco desta obra, "La Marquesa Rosalinda", MILUCHA RODRÍGUEZ, quen posteriormente, cando puxemos en escea a xoia do teatro do Absurdo "Esperando a Godot" (Samuel Becket), non só admitounos a inmensa interpretación que fixo de "Pozzo", senón que ademais foi a primeira muller no Estado español en representar un papel masculino. Máis recente no tempo, moito máis, fíxoo tamén Nuria Espert, de quen erradamente (intencionadamente ou por falla de memoria?) se dixo que era a primeira actriz representando este papel. Reivindico o recoñecemento para Milucha Rodríguez, quen continúa o sendeiro que o seu amor ó teatro a invade, dirixindo actualmente o grupo teatral da Universidade Laboral de Ourense, e outras actuacións a prol do teatro e a cultura en diversas áreas, entre elas, a dos medios de comunicación audiovisuaiss.Carmen Pérez Carballohttps://www.blogger.com/profile/18165267302025185755noreply@blogger.com