Páginas

9/9/25

Veran proveitoso

 Este reloxo colgou dunha parede da administración da Empresa Mangana, rúa de santo Domingo ata que o Anpian a merca. Non sabemos se é anterior a esta ubicación, non quedan fillos de Jose Ramón Puga Mangana a quen preguntar.

   Non me podo queixar (nunca o fago), pero iste ano aínda menos. Rematei a tempada recibindo unhas imaxes que me prestou Ana Malingre; onte vos mostrei unha. E uns días despois, chega este. A miña amiga Chicha Puga ten un reloxo con moita historia neste estado perfectamente conservado.

    Como xa mencionei noutro artigo, Ligazón ao artigo, Victoriano Marcos Naval foi reloxeiro na cidade a finais do século XIX; unha das súas obras foi o reloxo da catedral. Estaba situado na Praza do Ferro, e o seu fillo continuou o negocio na rúa Progreso.

    O caso é que Chicha pregúntame se podería estar situado noutro lugar antes, e eu creo que si. A empresa Mangana é unha das empresas de transporte históricas da cidade, e foi responsable de varias liñas importantes, como Verín, Celanova, Xinzo, etc., ademais dunha fabrica de carrozaría. Segundo a miña información, todo isto sería no século XX, polo que o reloxo que estaba no edificio administrativo da rúa Santo Domingo probablemente xa estaba en posesión da familia antes daquela época.

    Sen dúbida, a pesar da súa sinxeleza, unha xoia que paga a pena conservar. Se funciona como creo que funciona, as súas agullas levarán facendo tic-tac uns 150 anos. Grazas, Chicha...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias