Ourense
no tempo
Noso Ourense de Onte, Ourense no Tempo
aquel Ourense de antaño!
Noso agarimoso berce, nosa entrañable Auria!
Aquel Ourense, que da túa man, recreamos!
Aquelas urbanas paisaxes que renacen
rúas que pasearon nosos ancestros
que deambulou nosa candorosa nenez
e una fuxida xuventude, en ás da añoranza
Aquelas magnas construcións que perduran
aqueles excelsos edificios, tristemente derrubados.
Este Ourense que recobra o seu latexar
a vitalidade que o reloxo esmoreceu
no que súas inquedas agullas, retroceden
xiran cara días pretéritos, nas túas imaxes.
Esas imaxes nas que se detivo a vida!.
Aquelas fotos, que son anacos de historia
que inmortalizou o escintileo dunha cámara
e que ti cal valiosas xoias, atesouras
para deleite dos que nosa cidade amamos.
Aquel Ourense que contigo percorremos!
Nosa urbe da chispa, nosa terra de calma!
Que, un paternal Miño alenta!
Cunha vetusta ponte, de milenarios arcos!
Cun Santo Cristo de gótica talla!
Cunhas efervescentes Burgas de chorros fumeantes!
Este Ourense de hoxe, aquel Ourense lonxano
que á nosa mirada, achegas!
Solo fértil, onde a cultura xermina e prolifera!
Enxendradora de talento, forxadora de arte!
Que túa paixon do esquecemento rescata!
Mª Victoria Berjano Cid A
Rafael Salgado
Novembro 2023 Meu
veciño, Rafa
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias