Páginas

1/12/23

Na fonte Nova. Nicolas Muller

«Archivo Regional de la Comunidad de Madrid. Fondo Nicolás Muller» ES28079ARCM_176_000118112 (7)
Cesión gratuita de la Comunidad de Madrid para usos culturales

 

Volvo hoxe sobre este arquivo que a Comunidade de Madrid me autorizou a difundir. (e me descubriu a amiga Marisa Rey)

    É obra do fotógrafo húngaro (español naturalizado) Nicolás Müller e como xa sabedes, visitou en varias ocasións Galicia e Ourense en particular. Son unhas vinte imaxes que nos deixou, e aínda que non son excesivamente antigas, xa que creo que as primeiras foron feitas nos últimos momentos dos 40 ou principios dos 50. Teñen un  particular encanto

Hoxe mostrovos unha das que máis me gustan. Supoño que polo carácter representativo dese Ourense.

A Fonte Nova presenta o seu aspecto "Case" orixinal, sen pía nin escaleiras. O pavimento empedrado, como vedes, era unha tortura, todo cheo de irregularidades e buratos onde seguramente máis dunha vez os nosos avós torcían os nocellos e algún debeu romper a Crisma...

Porén, o que máis me gusta é a leiteira con ese garbo. Sempre me pareceu que eran malabaristas, como se non podían levar a cantara na cachola con soltura. Aínda cando descubro que levaban a rolla na cabeza para darlle estabilidade ao xerro, segue sendo moi difícil. Pois asegúrovos que en ocasións vin a alguén coa cabeza “ocupada” ca leite, e as mans levando un cesto. Pura arte das nosas avoas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias