Páginas

25/1/22

Celso Ferro e a Plaza do Carbón.

 

    
    Aínda teño a lembranza dos canteiros, traballando ao pé da catedral, pra levantar de novo aquel edificio. O que non entendín entón é por que se se podía derrubar un edificio destas características, non sería mellor propoñer a praza que se construíu despois?, ou, como mal menor, como non tentar facer un  aparcadoiro a lo menos pra a veciñanza?
    Teño a impresión de que unha escavación nesa zona podería traer algunha sorpresa: varias das rúas máis antigas da cidade, unha sinagoga próxima, residencias dos cregos, en definitiva, hai certas posibilidades de atopar restos doutros tempos. De feito, creo que escoitei nalgún momento que aparecera unha vella almazara, algo que non sería estrano dado o pasado de Ourense co aceite como protagonista.
    
      Nas miñas lecturas aparece con frecuencia esa zona, para lembrar un dos lugares que tivo os negocios máis famosos, Almacenes Rollan, Celsty, Bazar Puga, Café Latino (Catro negocios diferentes e só un baixo verdadeiro. A miña xeración lembra a Bazar Puga, pero aínda teño un amigo querido que se lembra de Celsty (os inicios de Celestino, a zapatería que despois estivo no Paseo). Tamén evoca a historia da xoiería ourensá, e non só pola Xoiería Cid, senón polo seu antecedente historico no baixo de enfrente (Juan de Austria), e sen esquecer que alí viviu durante a súa estancia en Ourense a familia Barbagelata, polifacética xente do mundo do cine e outras artes escénicas. (foron dos pioneiros na proxeccion cinematografica e tamen tiñan espectaculos maiormnte con animais).
    
     Como podedes ver era un recuncho con moita tela.....Pero hoxe está a visitarnos porque creo que resolvín outra dúbida miña e a de moitos amigos; a Praza de Carbón (Carbom), era realmente un pequeno anaco da rúa Juan de Austria xusto diante do patin pechado da Catedral, os edificios que estaban xusto en fronte foron retraídos e iso deu lugar ao que se chamaba a "Praza de carbom", non fai falta lembrar o motivo do nome????... Xa sabedes que os nosos tataravós centralizaron o compras de cada produto nunha zona, nesa praza vendían: CARBÓN....... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias