Arturo Noguerol Bujan Novoa
(Ourense 1892-SErantes, Ferrol 1936)
Naceu en Ourense o 6 de Maio do 1892, (Cardeal Quiroga 1, a esquina da que foi Armería Marcial), e fixeronno morrer de xeito brutal en Serantes (Ferrol), o 12 de Setembro 1936.
A vida deste Ourensán Galego, foi a dun loitador comprometido coa súa terra, as súas xentes e a súa cultura.
Non se pode entender a actividade editorial da Atenas de Galicia, sen nomear a Don Arturo Noguerol, avogado de profesión, preferiu dedicar os seus esforzos mais á cultura galega, que ao seu interese persoal, amigo de Risco, Otero, Pena, Losada, etc., homes todos eles envorcados na produción literaria, alguén tiña que organizar e administrar, ese desagradecido (no mundo cultural) rol, foi o que lle toco desenvolver, de bo grado por servir aos seus amigos, pero non esquecendo nunca as súas propias inquietudes, xa non só as publicacións en que era parte activa, La Centuria e La Revista NóS, se non tamén en todas as demais da época La Billarda, O Tío Marcos etc., gozaron coas súas colaboracións.
De todos eses artigos e colaboracións merece a pena destacar, a súa articulo "LA PATRIA" aparecido no número 2 da Centuria, no que fai o primeiro manifesto Galegista Ourensa, considerado o xerme da Irmandá Rexionalista d´Ourense.
Escribiu Don Ramón da súa morte no "O libro dos amigos".
"Foi seu pasamento como un espertar punxante e frío".
O falecemento de Arturo Noguerol, é outra penosa mostra da intransigencia humana, e o antinatural da violencia, foi executado, a noite do 11 ao 12 de setembro do 36, e a causa houbo que esperar ata o ano 41, para que alguén de xeito vergoñoso, a cualificase,
"Desafecto ao glorioso movemento nacional".
Mis mas expresivas gracias a Jesus Fernando Roman Alonso polo seo agasallo, e colaboura.
Sin sus comentarios, e o apoyo da sua obra "Arturo Noguerol Buján -Xornalista, arbitrista e financieiro do galeguismo" (Ed. IR INDO 2003), esta entrada non seria posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias