Páginas

16/7/21

Ourensan@s Inmortals XXVII. Filomena Dato

 

Arquivo da R.A.G.

Filomena Dato Muruais

“(Ourense, 1856- A Coruña, 1929

   Filomena Dato Muruais naceu no 1856 na cidade de Ourense na centrica rúa de Cervantes; a pesares da senda aberta por Cecilia Bölh de Faber (Fernán Caballero) e Rosalia de Castro, en canto a participación da muller na vida cultural, inda foi necesario moito traballo para conseguir que fora algo normal ver unha muller dando unha conferencia, ou colaborando cun xornal. Coincidiu no tempo con escritoras coma Sofia Casanova, Fanny Garrido e Emilia Pardo Bazan, co cal a lo menos non se sentiu soa nas súas inquedanzas.
Do seu traballo, temos moitas colaboracions cos xornais ourensáns, e galegos, (de algunha carta de agradecemento recibida por Don Luciano Cid Hermida direutor do Albúm Literario Ourensán, deducimos que non era sinxelo ter unha reunión privada con ela, de feito era unha muller de cuxa vida privada case nada se sabe, a sua casa na rúa de Santo Domingo, era un bastión inexpugnable para os que non fosen amigos ou recomendados), a mais de co Albúm Literario, tamen difundiron a sua Poesia,"El Heraldo Gallego" y "Galicia Recreativa. No ano 1891 publicou o seu unico libro integramente en Galego "Follatos", libro de poemas dedicados á Infanta Isabel Francisca de Borbón.
No ano 1906 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega. Morreu na cidade da Coruña o 27 de Febreiro de 1926.

Tedes que perdoarme que esta entrada sexa tan concisa, pero o meu amigo Fernando Roman Alonso,  regalounos cun libro biográfico da nosa poetisa, polo cal prefiro, que sexa el quen nos achegue mais datos sobre Dona Filomena. "FILOMENA DATO – A POETA GALEGA DE ENTRE SÉCULOS" Jesús-Fernando Román Alonso  2009 Ed.DUEN DE BUX

1913 homenaxe a Curros, procede da Revista "Vida Gallega"

De esquerda a dereita Hermida, Lustres Rivas, García Martí, Sofía Casanova, Rey Soto, Filomena Dato, Fernández Mato, López Aydillo, Docampo, Domínguez Yrantes e López, o canteiro autor do monumento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias