Páginas

19/6/19

Unha rúa en Viano do Bolo 1909

Fotógrafo Desconocido 
Circa 1909
RSDE1909000483
Calle de los Mazaira Viana do Bolo
Postal, Editorial E.J.G. para postales Ortiz.

 Detalles:    Nin sequera podo considerar a posibilidade, por volume e complexidade, de extender a miña colección ás imaxes da provincia; xa coa cidade chegame abondo.
Aínda así, cando me envían algúnha, busco documentalo, non sei se o fago ben, pero intentoo. Os erros sei que mos perdoades e me correxides educadamente.
    Hoxe é esta postal orixinal e antiga que E.J.G. París, Irún, un dos meus favoritos (ten unha serie das primeiras que se colorearon  cunha estética que me parece fascinante). Foron un encargo da empresa monfortina Ortiz; Ortiz, á súa vez, fora encargado pola Relogeria de José Iglesias (o de Relogeria está escrito así no orixinal) e forma parte dunha serie de polo menos tres tarxetas postais da vila de Viana do Bolo.
   Estas ordes facíanse como reclamo publicitario; con cada venda facíase o regalo ao cliente e agradecíanse porque era algo orixinal ...

 A postal mostra a rúa de los Mazairas a principios do século XX, supoño que será un erro tipográfico ou unha confusión do editor, porque segundo a miña amiga Naty Arias, a rúa que remata ou comeza (depende de cómo se  quera velo) na praza Maior vianesa é a Rúa das Mazairas. Similar si, pero non e o mesmo. Non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Le agradeceria que en vez de dejar aqui su comentario, me envie un mail al correo del blog ourensenotempo@hotmail.com.
De ese modo podria contestarle.
Gracias